Felipe Lazcano Morales de Setién
Felipe Lazcano Morales de Setién, nado en La Almunia de Doña Godina (Zaragoza) en 1868 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1951[1], foi un avogado, empresario, financeiro e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Felipe Lazcano y Morales de Setién 1868 La Almunia de Doña Godina, España |
Morte | 1951 (82/83 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Agrario Español 1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | empresario, político, avogado |
Traxectoria
editarFoi membro do Partido Conservador englobado na facción dirixida por Juan de la Cierva Peñafiel (ciervistas), coa que foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado Director Xeral de Montes, Caza e Pesca por Dámaso Berenguer.
Despois da desfeita do seu partido ao proclamarse a Segunda República Española, achegase aos agraristas, sendo elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes de 1933 pola CEDA con Luis Rodríguez de Viguri; ambos, xunto ao republicano independente Manuel Saco Rivera, formaron parte da Minoría Agraria. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse polo Partido Agrario Español, pero non foi elixido. Foi executivo do Banco Central (1938-1939)[2].
Vida persoal
editarCasou con Josefina Rengifo Tercero e foi pai de Felipe, Pablo, Bernardo, José Antonio, Manuel, Adela e Carlos Lazcano Rengifo.