Luis Rodríguez de Viguri
Luis Rodríguez de Viguri Seoane, nado en Santiago de Compostela o 16 de outubro de 1881 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1945,[1] foi un avogado, diplomático e político galego.
Nome orixinal | (es) Luis Rodríguez de Viguri Seoane |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de outubro de 1881 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de outubro de 1945 (63 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
2 de abril de 1936 – 28 de maio de 1936 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Ministro de Abastecementos | |
5 de maio de 1920 – 8 de maio de 1920 ← Francisco Terán Morales – Supresión do cargo → | |
Ministro de Abastecementos | |
12 de decembro de 1919 – 15 de decembro de 1919 ← Fernando Sartorius Chacón – Francisco Terán Morales → | |
Ministro de Fomento de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Liberal-Conservador |
Membro de | |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito, pertenceu ao Corpo Xurídico Militar e á carreira consular. Iniciou a súa carreira política no Partido Conservador como adherido a Augusto González Besada[2], obtendo un escano de deputado por Lugo nas sucesivas eleccións que se celebraron entre 1918 e 1923. Foi Subsecretario de Ministerio de Abastecementos (1919) e Subsecretario da Presidencia (1921).
Foi ministro de Fomento entre o 4 e o 7 de decembro de 1922 nun goberno que presidiu Sánchez Guerra, e ministro de Economía Nacional ao finalizar a ditadura de Primo de Rivera entre o 20 de agosto de 1930 e o 18 de febreiro de 1931 nun gabinete presidido por Dámaso Berenguer.
Durante a Segunda República achegouse aos agraristas, e obtivo un escano pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 1933 como independente de dereitas e nas eleccións xerais de 1936 polo Partido Agrario Español. Entre 1934 e 1936 foi tamén presidente da Real Sociedade Xeográfica de España.
Predecesor: Manuel Argüelles Argüelles |
Ministro de Fomento 4 ao 7 de decembro de 1922 |
Sucesor: Rafael Gasset Chinchilla |
Predecesor: Sebastián Calero Palero |
Ministro de Economía Nacional 20 de agosto de 1930 - 18 de febreiro de 1931 |
Sucesor: Julio Wais San Martín |
Notas
editar- ↑ "Ha muerto Rodríguez de Viguri". El Progreso. 13 de outubro de 1945. p. 1.
- ↑ Vallejo Pousada, Rafael (2005). Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 163. ISBN 84-8457-255-2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis Rodríguez de Viguri |