Cumbraos, Mesía
parroquia civil do concello de Mesía
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cumbraos.
Santa María de Cumbraos[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 205 habitantes (100 mulleres e 105 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 262 habitantes.
Cumbraos | |
---|---|
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°05′17″N 8°11′01″O / 43.0881, -8.1835 |
Área | 7,38 km² |
Poboación | 205 hab. (2023) |
Densidade | 27,78 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Cumbraos ten orixe no asentamento de poboación nos séculos IX e X de grupos de xente chegados desde Coímbra.[2]
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Santa María de Cumbraos data do século XIII. No seu interior atópase un retablo barroco sen ornamentación.
Festas
editar- Virxe do Rosario os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.
- Santa María o 15 de agosto.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Cumbraos.
-
Retablo na igrexa.
-
Cruceiro da igrexa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cumbraos
editarLugares da parroquia de Cumbraos no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
A Brea | A Cabra | Os Carballás | Castiñeiras | O Castrallón | Fachas | Fonte Fría | A Granxa | A Igrexa | O Maruzo | O Mesón de Varela | Montouto | O Piñeiro | A Porta das Matas |
Parroquias de Mesía
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Villares, Ramón (2004). Edicións Xerais de Galicia, eds. Historia de Galicia. Vigo. p. 86. ISBN 9788482886558.