Castro, Mesía

parroquia civil do concello de Mesía

San Sebastián de Castro[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2021 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.

Castro
Igrexa parroquial de San Sebastián.
ConcelloMesía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°03′48″N 8°10′38″O / 43.0634, -8.1773
Área4,86 km²
Poboación100 hab. (2021)
Densidade20,58 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

No lugar do Lago, hai un pazo do século XVII, de estilo barroco, que posúe unha pequena capela cun retablo do ano 1842.

Pazo da Casa da Vila, do século XIX, mandado construír por Saturnino Aller Rodríguez, que foi presidente da Deputación da Coruña. Posúe unha boa biblioteca e un observatorio na parte máis alta, pois alí viviu Ramón María Aller Ulloa, coñecido astrónomo, sobriño do antigo dono.

Festas

editar
  • San Sebastián, o 20 de xaneiro.
  • Corpus Christi, o 8 e 9 de xullo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Castro

editar
Lugares da parroquia de Castro no concello de Mesía (A Coruña)

A Carballeira | Gosende | A Igrexa | O Lago | O Pazo | A Ponte | Receá | O Telleiro | A Vila | As Xunqueiras

Parroquias de Mesía

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar