Charlotte Brontë

Charlotte Brontë, nada en Thornton (West Yorkshire), o 21 de abril de 1816 e finada en Haworth o 31 de marzo de 1855, foi unha novelista e poetisa inglesa, a maior das tres irmás Brontë que sobreviviron ata a idade adulta e cuxas novelas se converteron en clásicos da literatura inglesa. É máis coñecida pola súa novela Jane Eyre, que publicou baixo o pseudónimo masculino Currer Bell. Jane Eyre chegou a ser un éxito en publicacións e ten unha gran consideración no xénero da literatura gótica.

Modelo:BiografíaCharlotte Brontë
Biografía
Nacemento21 de abril de 1816 Editar o valor en Wikidata
Thornton, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 1855 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Haworth, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehiperémese gravídica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Michael and All Angels' Church, Haworth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBruxelas (1842–1844)
Haworth (pt) Traducir (1820–1855) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPensionnat de Demoiselles (mul) Traducir (1842–1842) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, ficción e novela gótica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Yorkshire Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmestra (1842–1844), institutriz, escritora, novelista, poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1846 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorPensionnat de Demoiselles (mul) Traducir (1843–1844) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNovela gótica e Literatura vitoriana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCurrer Bell
Lord Charles Wellesley
Captain Tree Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaFamilia Brontë Editar o valor en Wikidata
CónxuxeArthur Bell Nicholls (1854–1855) Editar o valor en Wikidata
PaisPatrick Brontë Editar o valor en Wikidata  e Maria Branwell Editar o valor en Wikidata
IrmánsEmily Brontë
Anne Brontë
Elizabeth Brontë
Maria Brontë
Patrick Branwell Brontë Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0111576 Allocine: 38218 Allmovie: p316202 TCM: 767837 Metacritic: person/charlotte-bronte TV.com: people/charlotte-bront IBDB: 4817
BNE: XX955797 Musicbrainz: 36a14aa2-0dec-4d7e-a843-9ed51ab33d48 Discogs: 597355 IMSLP: Category:Brontë,_Charlotte WikiTree: Brontë-4 Find a Grave: 1708 Genius: Charlotte-bronte Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Brontë filla de Patrick Brontë, crego de orixe irlandesa, e Maria Branwell. Tiña cinco irmáns: Emily, Anne, Maria, Elizabeth e Branwell. En 1820, seu pai foi nomeado reitor do hoxe famoso Haworth, unha localidade de Yorkshire, a onde a familia trasladouse a vivir e onde os irmáns comezaron a crear o seu fantástico mundo, escribindo as historias dos reinos imaxinarios de Anglia, de Charlotte e Branwell, e Gondal, propiedade de Emily e Anne. Das crónicas de Anglia consérvanse moitos cadernos, pero de Gondal ningún.

A nai de Charlotte morreu o 21 de setembro de 1821 e, en agosto de 1824, Charlotte e Emily foron enviadas coas súas irmás máis vellas, Maria e Elizabeth, ao colexio de Clergy Daughters, en Cowan Bridge (Lancashire), onde caeron enfermas de tuberculose. Neste colexio inspirouse Charlotte Brönte para describir o sinistro colexio Lowood que aparece na súa novela Jane Eyre. Maria e Elizabeth volveron enfermas a Haworth e morreron de tuberculose en 1825. Por este motivo e polas pésimas condicións do colexio a familia sacou a Charlotte e a Emily do internado.

En 1842 Charlotte e Emily quixeron abrir unha escola privada e, para mellorar o seu francés, ingresaron nun internado privado de Bruxelas, pero ao morrer a súa tía víronse na obriga de volver. Emily quedou como administradora da casa e Anne púxose a traballar como institutriz cunha familia preto de York, na que tamén entrou a traballar o seu irmán de mestre particular. As experiencias que Charlotte viviu en Bruxelas servíronlle ao seu regreso para plasmar a soidade, nostalxia e illamento de Lucy Snow na súa novela Villete (1853). Ao seu irmán Branwell despedírono acusado de namorarse da muller do seu patrón e empezou a recorrer cada vez máis ao opio e a bebida.

Despois, as tres irmás escribiron novelas. A primeira que se publicou foi Jane Eyre (1847), de Charlotte, que tivo un éxito inmediato. Agnes Grey[1], de Anne, e Cumes Torboentos, de Emily, apareceron máis adiante naquel mesmo ano. Ao regresar a Haworth despois de ir un tempo a ver aos seus editores, atoparon a Branwell a piques de morrer. A súa irmán Emily morreu de tuberculose en 1848. Anne tamén morreu da mesma enfermidade en 1849, un ano despois de publicar a súa segunda novela, The Tenant of Wildfell Hall.

Charlotte casou en 1854 co coadxutor do seu pai, Arthur Bell Nicholls, que foi o cuarto home en propoñerllo. O 31 de marzo de 1855, estando embarazada, enfermou e morreu de tuberculose, como as súas irmás.

  1. Traducida ao galego por Ana Rozados e publicada na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego en 2020, e tan só semanas máis tarde publicada en papel por Irmás Cartoné nunha segunda tradución a cargo de Celia Recarey.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar