Buño, Malpica de Bergantiños
Santo Estevo de Buño[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.
Buño | |
---|---|
Mulleres carretando os traballos dos oleiros (c. 1915). | |
Concello | Malpica de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°16′03″N 8°46′58″O / 43.2674, -8.7828 |
Poboación | 503 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Economía
editarA parroquia é internacionalmente coñecida pola súa cerámica. No Centro Comarcal Bergantiños recóllense exposicións variadas sobre a comarca, ademais de ofrecer información turística os eventos, lugares emblemáticos e de interese da zona. Neste centro atópase localizado o Museo Alfar, con exposicións sobre a olaría e os oleiros de Buño.
Cultura
editarFestas
editarO sábado seguinte ó mércores de cinza celébrase a festa da Mikaela para conmemorar o final do Entroido. A Mikaela é unha boneca de gran tamaño e atributos femininos deliberadamente esaxerados, feita á man pola veciñanza. Despois de xantar é transportada por unha comitiva masculina na que participan tódolos homes do lugar, que vai desde o Campo de Cantalarrana até o Campo da Culpa, percorrendo así todo o lugar. A comitiva vai parando en tódalas casas pedindo filloas e viño mentres fan bromas e chistes. Chegados ó destino, a Mikaela é queimada, poñendo así fin ó entroido. A festa continúa até ben entrada a madrugada.
Na actualidade a Mikaela é transportada sobre un tractor e, na comitiva, participan mulleres sempre que vaian vestidas de xeito masculino. Asemade, no canto de parar nas casas, van parando nos bares.[2][3]
Buño na literatura popular
editarLugares e parroquias
editarLugares de Buño
editarLugares da parroquia de Buño no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) | |
---|---|
Buño | Buño da Costa | Os Mouróns | Rúa Nova | O Rueiro | Santa Catalina | Santa Filomena | A Xaviña |
Parroquias de Malpica de Bergantiños
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Círculo Internacional de Amigos de los Gigantes Arquivado 10 de xuño de 2013 en Wayback Machine.(en castelán)
- ↑ Vídeo en YouTube.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 215.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega: s.v. artesanía.