Álvaro das Casas

escritor galego

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas.

Modelo:BiografíaÁlvaro das Casas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1901 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1950 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSabucedo de Montes Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, poeta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAugusto Casas Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 6148 BNE: XX1094805 BUSC: casas-alvaro-de-las-1901-1950

Traxectoria

editar
 
Grupo dos Ultreyas na Misión Biolóxica de Galicia en 1932.

En Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato e a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Valladolid. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. En 1928, mentres residía en Madrid, nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega. Creou a Biblioteca de Estudios Gallegos dentro da editorial Compañía Ibero-Americana de Publicaciones.

Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho. No ano 1933, despois dunha longa polémica co Partido Galeguista, funda a Vangarda Nazonalista Galega. Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, en que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego. Na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza, trazos que se achan na obra A morte de Lord Staüler (1929). Dirixiu a revista Alento (1934-1935).

Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Buenos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores.[1] Despois residiu no Brasil.

A finais de febreiro de 1950 regresou a España gravemente enfermo, desembarcando en Barcelona;[2] alí morreu o 8 de marzo dese mesmo ano.[3] Foi soterrado en Sabucedo de Montes (Cartelle).[4]

 
Manuel Lesteiro López, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato en Vida Gallega, 1932.

Álvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:

Teatro

editar
 
Álvaro María de las Casas e os Ultreyas visitando o dolmen de Axeitos, Vida Gallega, 1933.

Poesía

editar
  • Sulco e Vento (1931).
  • Escolma de cantigas (1934).
  • Ladaíña (1927). Colección Lar.[6]
  • Xornadas de Sebastián Albor (1931).

Ensaio

editar
  • A Illa de Ons (1932, Nós).
  • Verbas aos Mozos Galegos (1933).

Recoñecemento

editar

A Asociación Álvaro das Casas leva o seu nome.[7]

Vida persoal

editar

Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas. Casou con María Ulloa Sotelo en 1928.[8]

Galería de imaxes

editar
  1. Fuster García, F. (2016). "La edición iberoamericana (México y Argentina, siglo XX)". Cuadernos Hispanoamericanos (en castelán) (798): 91. 
  2. El Pueblo Gallego, 1-3-1950, p. 1.
  3. Necrolóxica en La Región, 11-3-1950, p. 3.
  4. Xabier Limia de Gardón (16 de marzo de 2020). "Álvaro de las Casas, escritor e poeta". La Región. 
  5. 5,0 5,1 Con ilustracións de Cándido Fernández Mazas.
  6. Casares Mouriño, Carlos, ed. (1990). Antoloxía da novela curta. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-746-5. 
  7. "Asociación Álvaro das Casas | Galeguizar Galicia". Consultado o 2021-12-07. 
  8. Galicia Nueva, 13-1-1928, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar