Barizo, Malpica de Bergantiños

parroquia civil do concello de Malpica de Bergantiños

San Pedro de Barizo[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Malpica de Bergantiños, na costa da Morte. Segundo o IGE en 2018 tiña 292 habitantes (147 homes e 145 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 327 habitantes. Fernando Cabeza Quiles opina que Barizo debería escribirse con v, de acordo coa orixe deste topónimo, que, segundo o devandito lingüista, alude á antiga existencia no lugar dun piñeiro varizo ou variço, isto é, dun piñeiro novo alto e delgado.

Barizo
Punta Nariga.
ConcelloMalpica de Bergantiños[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°18′25″N 8°51′47″O / 43.307, -8.863
Poboación292 hab. (2018)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Destacan varios núcleos de poboación ou lugares: O Campelo, O Quinteiro, O Pividal, Seiruga e Bareango, este último máis afastado do resto. Ten ademais o porto pesqueiro dos Loureiros, que contaba cunha singular poboación de casetas mariñeiras onde a xente do mar gardaba aparellos de pesca e outras cousas, ampliado nos anos noventa. A antiga rampla foi substituída por un pequeno dique de atraque, hoxe en día segue sendo usado polos mariñeiros e polos percebeiros que traballan nas illas Sisargas.

Ten catro praias. Está atravesada polo río Vaa e os regatos de San Pedro e das Moas. Conta tamén con furnas mariñas, pichos de auga, e restos castrexos.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Barizo

editar
Lugares da parroquia de Barizo no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

A Area Pequena | Bareango | O Campelo | A Casa Grande | O Castro | A Costa | Esteiro | As Garzas | Os Macicos | A Pedreira | O Pibidal | O Picho | O Porto de Barizo | O Quinteiro | O Relanzo | Seiruga | Socampelo | Sorealto | Os Vilares

Parroquias de Malpica de Bergantiños

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar