Arquitectura romana en Galicia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Arquitectura de Galicia |
---|
Prehistoria |
Imperio Romano |
Prerrománico |
Románico |
Gótico |
Renacemento |
Barroco |
Neoclasicismo |
Século XIX |
Século XX |
Século XXI |
A arquitectura romana en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións erixidas polos romanos durante a súa estadía en Galicia, aproximadamente dende as primeiras incursións e posterior asentamento dos romanos na Gallaecia durante o século I a.C., ata o establecemento do Reino Suevo no século V, unha vez desaparecido o Imperio Romano.
Historia
editarO territorio galego actual foi conquerido polos romanos definitivamente entre o 26 e o 19 a.C. no contexto das guerras cántabras e da man do emperador Augusto. Xa antes, os romanos amosaran o seu interese polo territorio noroccidental da península. Levando a cabo campañas que non tiveron unha grande importancia e limitáronse a unha zona xeográfica moi concreta: o sur da Gallaecia, con especial incidencia na zona costeira.
O mesmo xuízo histórico merecen unha serie de expedicións posteriores coma as do procónsul da Ulterior, Publio Craso, do 96 — 94 a.C., que realizou unha expedición na pescuda das illas Casitérides e as súas minas de estaño, abrindo as rutas de comercio deste mineral. No 62 a.C. é o propio Xulio César quen visita Gallaecia movido polo seu desexo de obter riquezas, chegando ata o golfo Ártabro e abandonando esta terra por Brigantium.
Trala conquista, Augusto inclúe o territorio da actual Galicia na Lusitania, pero xa no 13 a.C. pasa á Hispania Citerior. O mesmo Augusto, reforma a división provincial de Hispania no 27 a.C, asignando a Gallaecia á provincia Tarraconense. Con Caracalla quizais formou parte, xa con Asturias e Cantabria, da Hispania Nova Citerior Antoniana, (214), pero non foi ata a reforma de Diocleciano -quen dividiu Hispania no 298 en sete provincias- que se constitúa a Provincia da Gallaecia.
Durante a época Flavia prodúcense unha serie de decisións que tiveron un profundo calado político. A concesión do Ius Latii trouxo consigo un profundo cambio tanto no ámbito urbano, co incremento da poboación nos núcleos urbanos xa existentes e a creación de novos, como no rural. Isto traería consigo un aumento xeneralizado da riqueza da poboación, que na práctica na Gallaecia non se ten constatado a través dos achados arqueolóxicos. O atraso económico sería maior no convento Lucense ca no Bracarense se comparamos estes territorios cos máis desenvolvidos da Península Ibérica e agravouse máis cos Antoninos[Cómpre referencia].
Deste xeito, hoxe en día, non se pode falar para Gallaecia da existencia dunha economía baseada no uso cotián da moeda. Gallaecia viviu fundamentalmente sobre a base dunha economía natural baseada no troco, ata mediados do século III e, máis claramente, ata o século IV.
Época romana
editarDesenvolvemento urbano
editarTrala conquista de Galicia, os pobos que a habitaban axiña asimilaron a cultura do imperio, producíndose deste xeito a romanización de Galicia que se prolongaría durante os seguintes catro séculos. Esta política de asimilación comezou oficialmente entre os anos 64 e 70 cando Vespasiano converte en pobo romano aos 451.000 gallaicoi[1]. Coa chegada dos romanos os castros transformaríanse nas villae, como por exemplo a Vila romana de Cambre. Por outra banda a poboación incorporaría as novas tecnoloxías, como a arquitectura, a agricultura baseada no arado, o Dereito romano ou a minería. Neste senso cabe destacar o sistema de extracción de metais denominado ruina montium, que consistía en escavar túneles nos outeiros, polos que se introducía de súpeto a auga de encoros preparados, estoupando o monte e rescatando augas abaixo os minerais valiosos (especificamente, o ouro).
Ademais dos castros, os antigos campamentos militares e asentamentos romanos acabaron converténdose en grandes cidades, como por exemplo Lucus Augusti, lugar onde se empraza a actual vila de Lugo. Estas vilas foron unidas por unha serie de vías construídas polos romanos para facilitares a súa comunicación[2] e fomentar o seu comercio con outras vilas do imperio. (Véxase Itinerario de Antonino).
Construcións
editarA enxeñería civil está representada en impoñentes construcións como a muralla de Lugo, a torre de Hércules na Coruña, e pontes como a de Ourense sobre o río Miño. As construcións civís víronse impulsadas sobre todo baixo o emperador Traxano (117 a.C.- 98 a.C.).
Outras obras importantes a destacar espalladas ao longo da xeografía galaica son as vilas romanas, as mansións, os castros romanizados, os campamentos romanos, as termas e os santuarios.
As vilas romanas eran empregadas con funcións produtivas e residenciais; destacan as vilas romanas atopadas na Illa de Toralla (Vigo) e en Cambre, exemplos de vilas costeiras e rurais respectivamente. As mansións empregábanse como paradas obrigatorias nunha calzada romana, estas estaba dotadas de baño, cociña, habitación e cortes. Como exemplo deste tipo de construción destaca a mansión de Aquis Originis en Lobios. Entre os castros romanizados destacan o de Viladonga en Castro de Rei, o de San Cibrao de Lás pertencente aos concellos de Punxín e San Amaro, o de San Tomé en Ourense e mailo de Elviña na Coruña. Os castros romanizados conservan trazos típicos da arquitectura romana, como son as casas con tellado e planta cadrada. Entre os campamentos romanos destacan o de Aquis Querquennis en Bande e A Ciadella en Sobrado.
Situadas á beira do río Miño, debaixo do actual balneario, entre as termas destacan as Termas de Lugo. Para rematar, destacan os santuarios adicados ao deus Berobreo[Cómpre referencia] en Cangas do Morrazo e o de Santalla de Bóveda na provincia de Lugo.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de arquitectura romana en Galicia.
-
Vía XVIII. Calzada romana
Notas
editar- ↑ Según Plinio
- ↑ Chueca Goitia, Fernando. De Grecia al Islam. Seminarios y Ediciones, 1974. ISBN 84-299-0054-3, páginas 172–174, 179. DOSSAT, 2000, ISBN 84-95312-32-8