Amado Garra

avogado e político galego

Amado Garra Castellanzuelo, nado en Ponteareas o 8 de decembro de 1873 e finado na mesma vila o 24 de setembro de 1948,[1][2] foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaAmado Garra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
18 de decembro de 1931 – decembro de 1932 (dimisión)
← Enrique Blein BudiñoEmilio Martínez Garrido → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJuan Bautista Garra Olañeta Editar o valor en Wikidata
IrmánsEmilio Garra Castellanzuelo Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Juan Bautista Garra Olañeta. Dirixiu en 1895 o Boletín de la Liga para la Defensa de la Higiene. Foi unha das figuras máis destacadas do primeiro agrarismo galego, vinculado dende os seus primeiros anos públicos ao republicanismo histórico pontevedrés e aos líderes dos inicios do agrarismo. O seu nome comezou a soar como propagandista agrario a principios do século XX, en 1903 El Grito del Pueblo informou de que interviría como orador no mitin republicano da súa vila natal. En 1907 era xa un dos guías máis coñecidos do agrarismo pontevedrés. Partidario de Solidaridad Gallega, fundou e dirixiu o periódico El Tea de Ponteareas. Instalou o seu bufete en Vigo e interveu activamente nas asembleas agrarias, organizou gran número de sindicatos e sociedades agrarias de base parroquial e alcanzou gran notoriedade como orador e propagandista insubstituíble no redencionismo antiforal que coordinaba o Directorio de Teis.

Tamén xogou un papel importante no relanzamento republicano en Ponteareas, Vigo e Ourense, onde fundou e financiou Orense Nuevo (1910). En 1911 encabezou unha escisión do republicanismo vigués que se incorporou á Conxunción Republicano-Socialista. En 1914, Garra participou activamente nas eleccións defendendo, como avogado e propagandista, as candidaturas agrarias. Nestes anos animou á constitución da Federación Agraria Provincial de Pontevedra, foi obxecto de diversas molestias por parte de autoridades e caciques, chegando a ser encarcerado en 1917 no movemento represivo que desencadeou a folga xeral revolucionaria. En 1918 participou, como representante republicano, nos actos da Semana Vermella, conmemorativos do aniversario do triunfo bolxevique na Revolución Rusa. Castelao invitouno en 1919 para colaborar no número extraordinario de El Sol e a esquerda de Redondela presentouno como candidato ás Cortes. Pero en 1919, cando presidiu o V Congreso Agrario Provincial, empezou a ser superado pola súa esquerda, ao ancorarse na defensa do antiforismo que avogaba pola redención de foros fronte á súa abolición, e iniciou unha viraxe cara ao galeguismo e ao obreirismo moderado.

Foi concelleiro en Vigo en 1922. Amigo de Fernando de los Ríos, directivo do Ateneo de Vigo, seguiu sendo unha figura destacada da política e, despois da ditadura de Primo de Rivera, reapareceu como presidente do Partido Republicano de Vigo, sendo elixido concelleiro republicano de Vigo nas eleccións do 12 de abril de 1931[3]. Formou parte da Candidatura de Selección Republicana ás eleccións de 1931. Promoveu o periódico La Idea. O 18 de decembro de 1931 foi elixido alcalde de Vigo[4] e dimitiu en decembro de 1932. Foi apartado da corporación en 1934, pola súa adhesión aos sucesos revolucionarios de Asturias, e reposto no cargo en febreiro de 1936, logo do triunfo da Fronte Popular. Militou en Unión Republicana, pero deuse de baixa en marzo de 1936. Despois da Guerra Civil volveu exercer como avogado.

Vida persoal

editar

Era irmán de Emilio Garra Castellanzuelo e tío de Wenceslao González Garra.

  1. La Noche, 25-9-1948, p. 2.
  2. Necrolóxica en Faro de Vigo, 22-9-1949, p. 3.
  3. Fernández González, Manuel (2002). "Las elecciones municipales de abril de 1931 y la proclamación de la Segunda República en Vigo". Boletín del Instituto de Estudios Vigueses (8): 7–31. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 
  4. Lamas, Jorge (17/12/2008). "Las mujeres se cruzan de brazos" La Voz de Galicia (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Fernández Álvarez, Gonzalo (2006). "Amando Garra Castellanzuelo. Unha persoa coherente coas súas ideas". Pregón. Revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas (Concello de Ponteareas) (16). 
  • Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada (Santiago, Xixón; 1974)

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Enrique Blein Budiño
 
Alcalde de Vigo

1931-1932
Sucesor:
Emilio Martínez Garrido