El Grito del Pueblo (Pontevedra)

El Grito del Pueblo foi un periódico editado en Pontevedra entre 1901 e 1905.

El Grito del Pueblo (Pontevedra)
Fundación1901
Remata28 de maio de 1905
Lingualingua castelá
LocalidadePontevedra
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Apareceu o 17 de xaneiro de 1901 co subtítulo Bisemanario Republicano, ata o número 103, do 12 de xaneiro de 1902, que comezou a subtitularse Semanario Republicano de Pontevedra, volvendo ao encabezamento orixinario no número 241. Inicialmente saía dúas veces por semana e dende o número 103 apareceu unicamente os domingos. Cando volveu ser bisemanal saíu os xoves e domingos. De ideoloxía republicana, foi fundado e dirixido por José Juncal Verdulla e tamén tivo como director a Joaquín Poza Cobas. Incluíu artigos políticos, novas do concello e na sección literaria colaboraron Aureliano Pereira, Manuel Curros Enríquez e Enrique Labarta Pose. Cesou a súa edición o 28 de maio de 1905 co número 259. Foi substituído por La Acción.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar