Mostrando postagens com marcador HEMC. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador HEMC. Mostrar todas as postagens

21/03/2010

HEMC , POSTRES CON TÉ

hemc 42 - postres con té
Este mes a anfitriona do Hemc é LaMambalina e propónnos que fagamos postres con té , nos estamos encantados , xa que é algo que nos gosta moito , xa sexa en infusión ou na sua vertiente reposteira , e parecenos xenial todo o que imos aprender con tantas receitas diferentes que se publicaran .

Nos como sempre apostamos por unha receita sinxela moi doadiña de facer e cun resultado do máis " diferente " , aproveitando que xa temos na casa o tan ansiado té Matcha . E pensar que o tiñamos ao lado da casa e que non o sabiamos ,isto é algo que nos fai rir con ganas todavía , as veces é así , cousas que cremos tan inalcanzables están máis preto de nos do que pensabamos .




Como vedes ten unha cor impactante e non vos dicimos nada do seu aroma : Espectacular .









A receita é ben sinxela , sacámola do libro " Todos los tés del mundo " de Oceano Ámbar , é unha leitura moi útil non só para coñecer as distintas variedades desta pranta , senón tamén preparacións , tradicións e distintos aspectos que nos amosan toda a sua complexidade .

A nosa sobremesa é un Flan " vegano " de té verde , no noso caso usamos a variedade xaponesa Matcha , que ten como peculiaridade que se consume feito pó .

Precisaremos para preparálo un litro de leite de arroz , 1/2 vaina de vainilla , 18 follas de xelatina ( sería 3 culleradas sopeiras de agar-agar , como non tiñamos poñemos entre aspas o de vegano ) , 1 cullerada de té verde e mel ao gosto .




Primeiramente poñemos en remollo as follas de xelatina , abrimos a vainilla lonxitudinalmente e lle quitamos o caviar ( as sementes ) raspando cun coitelo , engadímolas xunto coa casca ao leite e levámolo ao lume , deixamos que coza 10 minutos , engadimos o té e a xelatina , misturamos ben e vertemos no molde que teñamos preparado .




Deixamos arrefriar antes de introducir na neveira , onde deixaremos que calle .

Nos adornámolo cuns fíos de caramelo , pero iríalle moi ben unha cremiña de laranxas ou de limóns.

A quen non lle goste o leite de arroz pode usar outro tipo de leite vexetal ou animal , segundo o gosto de cada casa .

Bó proveito !!!

25/02/2010

VITAMINA DE AGUACATE

Para o Hemc deste mes Carolina , a anfitriona , do blogue La Cocina De Carolina propónnos como reto que preparemos algún prato Latinoamericano , así que nos pensamos en Lúcia que é unha amiga brasileira que nos ensinou a preparar este rico doce , vai para ela esta entrada .

hemc #41 - platos latinoaméricanos

A vitamina é un prato típico brasileiro , é un alimento moi nutritivo xa que conta con moitas proteinas e vitaminas vexetais , nos imolo facer con aguacate , pero pode facerse con papaia , piña ou calquera outra foita .



Precisaremos un aguacate , leite , no noso caso de soia e zucre , estes dous ingredentes ao gosto , a máis leite máis lixeiro a máis zucre máis doce .

Só hai que bater o aguacate co leite eo zucre para facer un batido , temos que dicer que durante os embarazos Poéticos foi o almorzo máis solicitado .Xa vedes como gosta !!!

25/01/2010

PASTEL DE PAN




Este mes non pensabamos participar no evento de Hemc máis ao comezar a escribir as entradas vimos que estabamos en tempo e de que tiñamos unha receita que se adecuaba ao que pedían , así que , por que non ? . Esta vez a anfitriona é Wivith do blogue Cuchuflitos , e decidíu que debiamos facer unha receita con sobras , cando o limos pareceunos unha idea boísima , xa que nas datas nas que nos atopabamos daban pé a reutilizar as cantidades inxentes de comida que non se comeron .

Na nosa casa sobrou pan , moito pan e cando iso sucede non se tira senón que se fai este postre que nos sabe a gloria .

Decirvos que as medidas son un pouco a ollimetro , xa que dependen do seco que esteña o pan e da cantidade que usemos .

Nun principio precisaremos unha barra de pan , un litro de leite , 8 ovos , 500grs de zucre , un puñado de figos , pasas , orellóns ... ( o que teñamos a man ) , fariña a que admita , para decorar un pouco máis de zucre , améndoas fileteadas , sementes de mapoula e coco rillado .

Ablandaremos o pan co leite tépedo , e coa axuda da batidora misturaremos todos os ingredentes excepto, as froitas e a fariña , está irémola engadindo aos poucos até que consigamos a textura dunha crema espesa , como se fora un biscoito . Cando a teñamos preparada engadimos as froitas enfariñadas para que non se nos vaian ao fondo .

Verteremos a mistura nun molde e decotaremos coas améndoas , o coco e a mapoula e por riba poremos unha boa capa de zucre . Ao forno 45 minutos a 180º .

11/12/2009

TORRIXAS




Para o evento deste mes do Hemc , Paula de Con las zarpas en la masa , propuxo un reto moi bo , que pensaramos nas persoas que non poden tomar zucre , e con esas idea argallar sobremesas que eles puideran consumir.

Parecenos unha idea magnífica , aquí na Poética comemos sen sal , por imposición doutoril , así que hai que botar man as herbas , e especias varias para que os platos saian máis gustosos .

Os que nos coñecedes sabedes que pensamos en cousiñas sinxelas á hora de poñernos a cociñar , xa iremos subindo o listón aos poucos , non hai presa , por iso decidimos tunear unha receita moi coñecida por estes lares : As Torrixas . para aqueles que non o saibades as Torrixas é unha sobremesa que ten como base o pan duro , e dese comida de subsistencia , na que hai que aproveitar todo para chegar a finde mes un pouco máis solto .

Pois ben precisaremos unha barra de pan do día anterior , sirope de ágave ( na receita orixinal sería anís ) , case un litro de leite , 4 ovos e aceite de oliva virxe extra .

Cortaremos o pan en lonchas dun dedo de grosor e empaparémolas co leite e o sirope de ágave , iremos engadindo o leite aos poucos , a medida que o vai absorvendo, a nos gostanos deixalas repousando un par de horas así molladiñas .

Cando esteñan ben borrachiñas poñemos a quentar nunha tixola o aceite , non ten porque cubrilas , dous dedos é suficiente para que floten un pouco , bañámolas por ovo antes de introducílas na tixola e deixamos que tomen cor por ambolos dous lados .

Quentes están de vicio e frías impresionantes . Vos decidides .