29/10/2009

CHAMPIÑONS RECHEOS


Hoxe atopamos no mercado uns champiñóns grandísimos , deses que desexas atopar a miudo pero rara vez aparecen . Estes merecían moito a pena , pedían prestarlles un pouco máis de atención , unha receita un pouco máis elaborada .

Habitualmente salteamos os champiñóns cun allo , e como moito lles engadimos un pouco de guindilla , hoxe queremos que sexan as estrelas dos nosos pratos , que nos amosen todos os seus encantos e todas as suas maravillas .

Non precisamos de moitos ingredentes , os suficientes para facelos brilar : 1 bandexa de champiñóns , 2 cebolas pequenas , 2 dentes de allo , 200 grs de panceta afumada , 3 ou 4 culleradas de tomate triturado , queixo que funda , pan raiado , noz moscada e aceite de oliva virxen .

Primeiramente limpamos os champiñóns e os desrabamos , por outra banda poñemos a caramelizar as cebolas ben picadiñas a lume baixo , que se caramelicen cos seus própios xugos sen engadirlles zucre , cando esteñan brandiñas engadimos a panceta en tiriñas e deixamos que se faga un pouco , seguidamente os rabos troceados , deixamos que o conxunto se faga ben .

Cando vexamos listo o recheo engadimos as culleradas de tomate , para que quede ben xugoso .

Poñemos os sombreiros coa zona do rabo hacia arriba nunha bandexa de forno , poñemos o recheo no oco que nos queda , por enriba espolvoreamos o pan raiado e a noz moscada , introducimos no forno que xa o teremos a quecer a 200º , terémolos 45 min , 5 min antes de que se rematen de facer poñerémoslles o queixo de fundir por riba .
Disfrutade campeóns que nos xa o fixemos .

27/10/2009

Os mellores blogueiros da Cociña 09


Sí , Sí , Sí !!! Participamos no Concurso de Canal Cocina Los mejores blogueros de la cocina 09
Se pinchades enriba veredes o listado , aparecemos como Cociña Poética , currámonos o nick , cremos que xa vos van sair ordeados por orde alfabética , así non nos teredes que buscar por todo o listado.

Así que a todos os que nos seguides , vos facemos graza , vos gustamos .... pedímos o voso voto , quedan 47 días de votación , 1 voto por semán , só vos tedes que rexistrar para participar como votantes e vos tamén poderedes obtar a un prémio . Que , vendémonos ben , non ? Xa sabes iso dos políticos : " non o fagades por Nós , facédeo por Vós " hehehe saiunos a vea electoralista .

Que iso , que non insistimos máis , que se credes que somos os mellores , que sabemos que o credes , non o poñemos en dúbida , se non non estariades lendo isto , votádenos , e que sexa o que Canal Cociña quera .

26/10/2009

MÁIS TEMPO COS FILLOS

Nos xa asinamos , cantos máis mellor , máis daremos que falar



MANIFIESTO

DOS AÑOS DE MATERNIDAD/PATERNIDAD GARANTIZADOS POR LOS PODERES PÚBLICOS

Desde hace más de un siglo se conoce la gran importancia que supone para toda la vida del niño y del futuro adulto disponer a su lado, desde el nacimiento y durante los primeros años de la vida, de una o dos figuras de vinculación suficientemente próximas y suficientemente estables en el tiempo. Con los conocimientos científicos actuales resulta evidente que, antes de los tres-cuatro años, es mejor evitar la institucionalización de los bebés y de los niños, si no existen graves motivos para ello. Estas afirmaciones están basadas en:

a) Las investigaciones de los últimos 50 años sobre la vinculación del niño pequeño a sus cuidadores, como base de su salud mental y de su autonomía posteriores. La figura de apego provee, en los primeros años, la seguridad básica esencial para poder explorar el mundo y en esta seguridad básica se sustenta la capacidad de relacionarse con los demás de modo sano y de aprender.

b) Las investigaciones de las últimas décadas sobre la relación entre el vínculo con el cuidador y el desarrollo de las estructuras neurológicas del cerebro que nos muestran, por ejemplo, que el desarrollo del cerebro depende de la calidad de la crianza.

c) Los efectos negativos probados de la institucionalización parcial o total sobre la evolución infantil.

Hoy sabemos que el niño necesita ser cuidado por personas suficientemente constantes en el tiempo, que establezcan con él un vínculo emocional intenso. Esto es lo que le permite desarrollar una vinculación segura y estas condiciones las reúnen, especialmente, los padres. Sólo mediante la continuidad y la constancia en el tiempo, niño y adulto pueden llegar a conocerse, demandar y recibir respuestas adecuadas, realistas y coherentes y, por tanto, estructurantes.

Hoy en día, con la legítima integración de la mujer a la formación y al trabajo remunerado, cada vez más globalizada, existe la indudable necesidad de conciliar el cuidado de los hijos con el trabajo de los padres. Eso significa atender al derecho de los hijos a unos cuidados adecuados para alcanzar un desarrollo personal y mental saludable, así como atender a los derechos de los padres a su propio desarrollo personal y profesional -- lo cual, entre otras cosas, debe suponer unos ingresos familiares al menos suficientes para el crecimiento y la integración social de niños y familias .

Seguir lendo aquí

MERENGUES


Fai tempo que tentabamos facer esta receita , pero sempre tiñamos poucas claras , ou as usabamos para outras cousas , desta vez non houbo excusa , o peso era o perfecto non tñamos que sacar ni engadir , é que isto dos Osos ten a sua ventaxe , matamos dous antollos á vez .

Desta vez o choio é ben sinxelo , tanto de ingredentes como de traballo , con 115 grs de claras ( uns 5 ovos pequenos ) e 225 grs de zucre teremos un postre que fará as delicias de nenos e maiores , e para darlle o toque orixinal unhas pouquiñas améndoas fileteadas .

Poñemos nun cazo ao lume as claras co zucre , misturamos ben e deixamos que tome temperartura , que esteña quente ao tacto , retiramos do lume e batimos coas varillas , desde logo que boa inversión no batidora Biffinet do Lidl , tiñannos que agasallar algo pola publicidade que lles facemos ( esta semán creo que volta a estar de oferta , merece moito a pena ) . Uns quince minutos , é impresionante o firme que quedan .

teremos o forno aceso a uns 100º , na bandexa poremos montóns de merengue , coas améndoas por riba , da para uns 6 de bó tamaño , metemos a bandexa no forno e os deixamo unhas duas horas , menos temperatura máis tempo , non o poñades a máis de 100º porque collerían unha cor dourada e o que buscamos é que saian ben brancos .

Esperade a que arrefríen larpeiros , que vos ides queimar a língua .

24/10/2009

LACÓN CON GRELOS

hemc 37 - aperitivos


Por fin nos animamos a participar no Hemc deste mes , todos os meses mirabamos que tipo de receita tocaría facer , todos os meses buscabamos e preparabamos a nosa idea , e todos os meses non nos presentabamos , o porque é ben sinxelo , ten tan bó nivel que nos daba apuro presentar as nosas receita .

Desta vez decidimos deixar aparcados todos os nosos medos internos e presentarnos , para iso tiramos dunha recita ben coñecida por todo galego que se preze de selo o Lacón con Grelos , pensamos que cun puoco de axudiña e imaxinación podería ser un estupendísimo aperitivo , ah!! que non volo contamos , o Hemc deste mes son os Aperitivos , a afitriona deste mes é Maragda de La Quinta de Luculus , que foi quen propuxo o tema , dede aquí Moitas grazas Maragda , esperamos que goste .

As cantidades son opcionais xa que dependerá das tapas que queramos facer : precisaremos lacón (desalgado do día anterior ) , chourizos , patacas , grelos , un pouco de manteiga , pementa e xelatina .

Poremos a cocer o lacón casi tres horas se está enteiro , sobre unha hora se é un pedazo , na mesma auga onde cocimos o lacón cocemos as patacas enteiras , xunto cos chourizos e os grelos ( ben limpos e troceados) .






Picaremos moi miúdo o lacón e os chourizos , coa pel do lacón faremos unhas finas tiras que saltearemos nun pouco de aceite e resevaremos , coas patacas e a manteiga faremos un puré , no caldo de cocción abalandaremos a xelatina , e con ese mesmo caldo a quentaremos para que se desfaga .

Nus moldes pequenos poremos os grelos e engadirémoslle o caldo coa xelatina diluída . Introduciremos no frigorífico para que endureza . Só nos resta montar a tapa .

Desmoldaremos a xelatina de grelos , por enriba colocaremos o puré de pataca , logo unha capa de chourizo e lacón picados e por último as tiriñas de pel crocantes . Lista para servir .

É sinxelo e diferente , esperamos que vos pareza interesante .

23/10/2009

OSOS DE SANTO



Unha das cousas que máis nos gostan destas datas , xunto coas cabaciñas decoradas , son estes doces tan ricos , os Osos de Santo . Parécennos deliciosos , a pasta crocante de améndoa xunto coa crema de xema é unha mestura luxuriosa , de santos quedalles o nome simplesmente , só pensar neles leva á nosa imaxinación a límites insospeitados ; por iso , despois de ano tras ano a andar esperando estas datas para poder degustalos decidimos que xa era hora de poñermos mans a obra , e intentar facelos nos mesmos para así darnos o capricho en calquera momento .

A receita , en sí mesma , é bastante sinxeliña , poucos ingredentes e pouca elaboración , pero non nos deixemos enganar , xa que iso nos daría non poucos disgustos .

Precisaremos para o mazapán 200 grs de zucre , 100 grs de auga e 250 grs de améndoa moida , no muiño electrico queda un moído un pouco gordo pero cando arrefría a pasta non se nota .

Para o recheo de xema usaremos 100grs de zucre , 50 grs de auga e 5 xemas .

Para amasar e decorar zucre lustre .

Para preparar o mazapán faremos un almíbar forte co zucre e máis a auga ; para saber cando está no seu ponto temos duas opcións , unha delas e usar un termómetro de alimentos e cando marque 107'5º xa estará feito ( están moi ben de precio merece a pena mercar un ) , e a outra é coller cunha culler un pouco de almíbar deixalo atemperar un pouco , mollamos o dedo indicador nel e o pegamos oa polgariño , seguidamente separámolos pouco a pouco , se se forma un fío entre eles teremos o almíbar listo .

Cando o almíbar esteña preparado engadirémoslle a améndoa moída e remexeremos o conxunto até que se forme unha pasta , deixarémola que arrefríe un pouco para poder manipulala ..

Namentres prepararemos a xema, primeiramente poremos un cazo con auga no lume , usarémolo despois para o baño María , faremos outro almíbar forte e nun recipiente a parte ( que nos permita poñelo ao baño María , para aforrar cacharrada ) bateremos as xemas ; cando se faga o almíbar o engadiremos as xemas paseniñamente para que non se cozan ,a fío ; cando o conxunto esteña mesturado poremos o recipiente no cazo coa auga , así ao baño María faremos a crema de xema procurando que non ferva xa que se nos cortaría . Este proceso leva o seu tempo , unhas duas horas , xa que a crema debe de quedar o suficientemente densa para que non se nos escurra do interior dos canutiños de améndoa .De canado en vez remexeremos a crema para que o zucre non se nos agarre ao fondo .

Para estirar a pasta de améndoa utilizaremos papel de forno , por enriba esfarelaremos un pouco de zucre lustre , por riba do papel e da pasta , colocaremos outro papel entre o rolo e a améndoa , así quedaranos estirada no meio e evitaremos que se nos pegue ; podemos tomarnos un aperitivo antes de estirar xa que é preciso facer bastante forza para que quede ben finiña .

Cando xa a teñamos lista faremos uns cadradiños cos que facer os canutiños , o tamaño corre da vosa conta , ao gosto de cada quen . Este é outro paso importante xa que se a pasta está todavía un pouco húmida pegarase ao que usemos para dar a forma , no noso caso o pau dunha culler de madeira , pero se está moi seca cuarteara , o que nos comprobamos é que cando a masa comeza a porse opaca , credenos realmente nótase o cámbio , e cando debemos traballar con ela , e de maneira rápida xa que seca axiña . Os canutiños non perden a forma se os deixamos rematar de secar de pé .



Xa nos resta rechear coa crema de xema , unha manga pasteleira será un fidel aliado nesta operación , lembrade que a xema humidece a pasta e os pralinés a secan , así poderedes xogar co secado , de vos dependerá de que os queredes . Zucre lustre para decorar por enriba se sodes moi larpeiros .

Bó proveito lambóns .

21/10/2009

XA TEMOS CONFIRMACIÓN

Xa temos confirmada a nosa participación , que nevios quen nos tocará de amigo ? Até o día 1 de novembro non resólveremos a incógnita . Ahí vai o logo que o acredtita .

AIG

Moitas grazas Blau* , é unha cociñeira preciosa como todos os teus traballos

20/10/2009

AIG

Esperámovos a todos os blogueiros no AIG , que non sabedes o que é ?!!! É o Amigo Invisible Gastronómico , xa é o segundo ano que se fai , o ano pasado organizouno Bea do Rincón de Bea , pero este ano por motivos de carga excesiva de traballo deulle paso a Ana de Delicias y Tentaciones , nos xa pedimos participar , esperamos que nos manden o mail coa confirmación para poder poñer na páxina o logo correspondente , a ilustración está feita por Eva de Blau*

Que ilusión nos fai , quen nos tocará ? Que lle enviaremos ? Gustarálle ? Cantas preguntas e que poucas respostas .

Imos ir adiantando traballo , xa que se pide que digamos a s cousas que nos gostan para facilitar a busqueda do noso agasallo ahí van as nosas :

-Todo o relacionado con moldes , de figuras , grandes ou pequenos , para galletas , para biscoitos ...
Todo lo relacionada con moldes , de figuras , grandes o pequeños , para galletas , para bizcochos ...
-As especias , canto máis raras mellor , por eiquí cardamomo soa a chino ;)
Las especias , cuanto más raras mejor , por aquí cardamomo suena a chino ;)
-O Té , adoramos o té , góstannos todos , e gostanos todo o ritual : teteiras , tazas , filtros...
El té , adoramos el té ,nos gustan todos , y nos gusta todo el ritual : teteras , tazas , filtros ...

Poderiamos decir máis cousas pero creo que con isto a gama de productos é variada , e por pedir pediriamos un super robot de cociña e como Ana unha máquina de xeados , pero creo que nos pasariamos de presuposto hehehe.

14/10/2009

ENSALADA GOLOSA


Está é unha ensalada que nos gosta moito , por ensalada e por golosa , combina a perfección o sabor intenso dos Canónigos coa dozura do resto dos ingredentes , podédela disfrutar na Petit Bretagne en A Coruña . Para nos é un placer sempre que comemos alí . Permitímonos " tunearlles " a receita para que todos a poidades disfrutar dela .

É moi xeitosiña de facer e moi nutritiva , os Canónigos son unha fonte boísima de betacarotenos , vitamina C e iodo , e xunto co resto dos ingredentes fan deste prato un conxunto moi nutritivo , non nos liamos e imos cooa receita .

Precisaremos , como estades intuíndo , canónigos , soen vendelos embolsados , un puñado de dátiles , outro de pasas sultanas , non teñen pébidas e outro máis de cereais ( copos de millo , boliñas ...) , un pedazo de queixo de cabra de rulo e o toque fundamental : marmelada de frambuesa .

Primeiramente lavaremos e escurriremos ben os canónigos , partiremos os dailes e lles sacaremos a pébida e o queixo partirémolo en anacos como faragullas grandes .

Con todo listo procederemos a empratar , o aliño será a marmelada de frambuesa e teremos coidado de colocar os cereais no último momento para que non abranden .

Unha boa receita para un día ben fermoso , disfrutade del .

10/10/2009

FABADA POÉTICA


Nos esperamos que volte durante uns días a calor , para poder despedir o verán como merece , pero namentres con estes días de choiva apetece algo que nos quite a morriña do sol . para iso nada mellor que unha boa fabada que nos fará suar coma se estivesemos a 40 º graos na praia .

Precisaremos 700grs de fabas postas a remollo do día anterior , unha cebola do país , un par de tomates , meio pemento verde e meio vermello , duas cenouras , 4 ou 5 graos de pementa , 2 cravos de olor , 4 ou 5 cominos , un allo , un pemento choriceiro ou ñora , 2 chourizos ceboleiros , un bó pedazo de touciño con febra , aceite de oliva virxe , colorante alimentário e sal .

Primeiramente nunha ola a presión douramos o allo macahacado , a cebola pelada e cortada en anacos grandes , e as especias , cando tome color o allo engadimos a ñora , os pementos , os tomates as cenouras , os chourizos e o touciño e poñémolo a cocer cubertos de auga , contamos 15 min desde que a válvula comece a xirar .

Dixamos que arrefrie a ola e abrimos para engadirlle as fabas , retiramos a " verdura " e a batimos coa batidora ou a pasamos polo pasapures , outra opción e cortala e anaquiños nun primeiro momento .

Engadimos o preve das verduras as fabas , pasado polo coador pra que non leve ningunha tona , e o colorante alimentario , nos usamos cúrcuma , tapamos a ola e deixamos cocer , cando a válvula comece a xirar contamos 5 minutos e diexamos a ola enriba do lume apagado ( isto serve para as vitrocerámicas ) a calor residual fará que se rematen de facer sen necesidade de ter o lume aceso , se non tedes contade 10 min .

Só nos toca meter a culler e imaxinarnos na duna co sol na fronte .

01/10/2009

CLUB DE LECTURA DE POESÍA


Un ano máis para todos os amantes de Poesía e da boa literatura o " Club de Lectura de Poesía " retoma as suas reunións , o lugar de encontro é a Biblioteca Municipal de Ferrol , poñémos o enlace para os que esteades interesados POESÍA

Arranca o 5 de Outubro con Pessoa , non podía estar mellor o comezo de curso , animádevos é unha moi boa experiencia , un lugar para deleitarse oído , debatindo e coñecendo-recoñecendo aos poetas máis destacados .

Vémonos alí , non faltedes !!!