María Belén Bermejo López
Tras cursar estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licénciase logo dun ano de estadía na Universidade de Innsbruck, Austria.
Desde 1996 e ata 2003 imparte clases de Dereito Administrativo e Xestión de Persoal das AA.PP. na E.U. de Relacións Laborais da Universidade da Coruña, onde colabora activamente nas actividades docentes, académicas e culturais da Escola, desenvolvendo cargos como o de Secretaria do Centro e coordinadora do programa ERASMUS.
Desenvolve tarefas como investigadora no departamento de Dereito Administrativo da USC, no eido da protección do patrimonio histórico e da protección dos bens culturais, participa na organización de congresos internacionais e leva a cabo estadías nas universidades de Cambridge, Palermo e Innsbruck, así como diversas publicacións en libros e revistas especializadas.
Destaca a publicación da súa tese doutoral pola Xunta de Galicia baixo o título El Camino de Santiago como Bien de Interés Cultural, análisis en torno al estatuto de un itinerario cultural.
Ademais colabora en diferentes proxectos de investigación e actualmente é colaboradora externa do Grupo de Investigación GI-1584 da USC, do Departamento de Química Inorgánica, dentro da liña de investigación “Patrimonio Histórico-Científico Galego”.
Desde o ano 2003 colabora como profesora contratada da Universidade de Innsbruck impartindo a asignatura de Introdución ao dereito español e ao español xurídico.
Traballou como intérprete de alemán en proxectos financiados pola Unión Europea para a Consellería de Asuntos Sociais e como redactora de proxectos
para a Fundación Amancio Ortega.
Colaborou coa asociación fábula Europe Forschungsverein, no desenvolvemento dun proxecto financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia austríaco no que participaban ademais institucións como The University of St. Andrews – United Kingdom, Museum of Nukus - Uzbekistan, The State Museum of Oriental Art - Russia.
En 2003 inicia a súa actividade dentro do eido da xestión cultural e en 2007 crea a empresa Sirgo Torcendo S.L. para o desenvolvemento de proxectos culturais musicais e expositivos.
Á fronte da empresa Sirgo Torcendo, ten colaborado en diversos proxectos expositivos para diversas institucións como a USC e o MUPEGA (150 anos da Lei Moyano; Dos Ábacos aos Computadores; Rodríguez Cadarso, un reitor para un país; Antonio Casares: investigador e reitor da modernidade), e na coordinación e produción de ciclos de música como Espazos Sonoros, desde a edición 2008 até a actualidade, a Homenaxe a Enrique X. Macías no seu 50 aniversario, para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, ou O órgano da Compañía, doutra maneira, para a USC. Ademais ten colaborado con numerosas institucións públicas e privadas (concellos, fundacións, deputacións, gobernos autonómicos, festivais internacionais de música, museos, etc.) na organización de concertos e proxectos musicais. Desde 2009 desenvolve tarefas como coordinadora e experta no proxecto de catalogación dos órganos de Galicia, auspiciado pola Xunta de Galicia. En 2014 e 2105 encárgaselle a coordinación da produción do festival In Spiritum, música e contemplaçao na cidade do Porto e do ciclo De lugares e órganos na cidade de Compostela, nas súas edicións 2016 e 2017.
Na actualidade traballa tamén como axente para importantes formacións nacionais e internacionais no eido da música antiga e clásica. Ademáis colabora, como coordinadora de varios proxectos europeos, coas asociación alemanas Nicos Farm e.V e pro inklusion e.V.
No ámbito artístico e da mediación cultural, destaca tamén a súa dedicación á música, en especial a interpretación de música antiga, ámbito no que ten colaborado con formacións como o grupo Martin Codax, o Grupo de Música Antiga 1500 ou o proxecto Pres de Cambrai, que ela mesma dirixe, e no que conflúen diferentes disciplinas artísticas, sensibilidades e estéticas nun afán por achegarse, desde diferentes perspectivas, ás músicas compostas noutras épocas históricas.

less
Uploads
Books by María Belén Bermejo López
Índice:
1.- Introducción. 2.- La naturaleza de los órganos como bienes culturales. 3. El Real Decreto 782/1980, de 7 de marzo, sobre protección de instrumentos musicales de carácter histórico-artístico. 4.- Los ángulos muertos de la legislación de patrimonio histórico 4.1. El órgano, ¿bien mueble o inmueble? 4.2. ¿Una protección genérica para los órganos? a) El criterio cronológico b) El criterio de consustancialidad ampliada.
Papers by María Belén Bermejo López
In this paper the finding of a new book, dating around the end of the XVIIth or beginning of the XVIIIth century, written in hispanic numeric organ tablature is presented. The book is preserved at the Santa Clara’s convent of Monforte de Lemos (Lugo), although its cover indicates that it was produced in the monastery of Nuestra Señora de Prado in Valladolid (Order of St. Jerome) and that it was binded in a jesuitical institution, probably in Monforte itself. The most notorious facts about this manuscript are the inclusion of two works attributed to Pablo Bruna, one of them unknown until now, and other by fray Andrés de Urrizola (probably a member of the St Jerome order), together with, at least, two ano- nymous pieces. The manuscript also includes a series of short works written simultaneously in numeric tablature and ordinary staves which indicates a didactic aim. The book is not currently available to the researchers, and its full content is still unknown, however the au- thors have decided not to delay anymore the communication of its finding due to the known valuable contents that it has.
Conference Presentations by María Belén Bermejo López
(Fué presentada en el VI Congreso del Órgano HIstórico Español, celebrado en Valladolid.)
Fué presentada en el VI Congreso del Órgano HIstórico Español, celebrado en Valladolid.