Yohana Cobo
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1985 (39 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1993 - |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Yohana Cobo, nada en Madrid o 12 de xaneiro de 1985, é unha actriz española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pese á súa xuventude e de que salta á fama en 2006 a raíz do seu papel en Volver, ás ordes de Pedro Almodóvar, Yohana Cobo é unha actriz de grande experiencia. Comezou a traballar de nena, participando con papeis episódicos na maioría das series españolas dos 90. O seu primeiro fixo, aínda que secundario, foi en Hermanas, serie emitida por Telecinco en 1998, da que se rodaron dúas temporadas e na que traballou con actrices como Pilar Bardem, Ángela Molina, Chus Lampreave ou Anabel Alonso entre outras.
En cine, e previamente a Volver, destaca a súa participación en Sin noticias de Dios, ás ordes de Agustín Díaz Llanes en 2001, onde xa coincidira con Penélope Cruz, que interpreta a súa nai na cinta de Almodóvar. Tamén participou en La vida mancha (2003), de Enrique Urbizu, xunto a José Coronado ou en El séptimo día (2004), de Carlos Saura entre outras.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Películas
[editar | editar a fonte]- 2009 - Tramontana como Rosa Campos de Amor.
- 2009 - Bullying como Ania.
- 2008 - Vlog como Helena.
- 2007 - Canciones de amor en Lolita's Club Como Djasmina.
- 2007 - El monstruo del pozo Como Ajo.
- 2006 - Arena en los bolsillos, de César Martínez Herrada. Como Jeny.
- 2006 - Volver, de Pedro Almodóvar. Como Paula.
- 2005 - Fin de curso, de Miguel Martí. Como Noa.
- 2005 - Las llaves de la independencia (2005), de Carlos Gil. Como Teresita.
- 2004 - Seres queridos, de Dominic Harari e Teresa Pelegri.
- 2004 - El séptimo día, de Carlos Saura. Como Isabel.
- 2003 - La vida mancha, de Enrique Urbizu. Como Sara.
- 2001 - Sin noticias de Dios, de Agustín Díaz Llanes
- 2000 - Aunque tú no lo sepas, de Juan Vicente Córdoba. Como Ana.
- 1997 - Campeones, de Antonio Conesa.
Series de TV
[editar | editar a fonte]- El Comisario(2005) Telecinco.
- Código fuego (2003) Antena 3) Como Almudena.
- Hospital Central (2002) Telecinco. Como Sonia.
- Javier ya no vive sólo (2002) Telecinco.
- Hermanas (1998-1999) Telecinco. Como Blanca.
- Querido Maestro (1997) Telecinco. Como Cristina.
- Canguros (1995). Antena 3. Como Paula.
- Ay, señor, señor (1995). Antena 3. Como Azucena.
Premios
[editar | editar a fonte]- Festival de Cannes
- 2006: Premio á mellor interpretación feminina (en conxunto co resto de actrices de Volver)
- Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos
- 2006: Premio á mellor actriz revelación.