Saltar ao contido

Xoán V Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán V Paleólogo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Ιωάννης Ε' Παλαιολόγος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1332 Editar o valor en Wikidata
Didymoteicho (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1391 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
17 de setembro de 1390 – 16 de febreiro de 1391
← Xoán VII PaleólogoManuel II Paleólogo →
Emperador bizantino
1 de xullo de 1379 – 14 de abril de 1390
← Andrónico IV PaleólogoXoán VII Paleólogo →
Emperador bizantino
15 de xuño de 1341 – 12 de agosto de 1376
← Andrónico III PaleólogoXoán VI Cantacuzeno → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHelena Cantacuzena Editar o valor en Wikidata
FillosIrene Palaiologina, Andrónico IV Paleólogo, Manuel II Paleólogo, Miguel Paleólogo, Teodoro I Paleólogo Editar o valor en Wikidata
PaisAndrónico III Paleólogo Editar o valor en Wikidata  e Ana de Saboia Editar o valor en Wikidata
IrmánsMiguel Paleólogo
Maria-Irene Palaiologina
Irene Paleóloga de Trebisonda
Maria Palaiologos Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih,
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1326899 WikiTree: Palaiologos-14
Moeda de Xoán V Paleólogo

Xoán V Paleólogo, nado en 1332 e finado o 16 de febreiro de 1391, foi o fillo de Andrónico III, a quen sucedeu como emperador bizantino en 1341, con nove anos de idade. Xoán VI Cantacuzeno, amigo do seu pai, actuou como o seu rexente e co-emperador (1347-1354). Xoán V viuse obrigado a loitar contra Xoán Cantacuzeno, pois este usurpou o trono durante a súa minoría, e non se fixo co poder ata 1354.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu reinado estivo marcado pola paulatina disolución do poder imperial, mentres os turcos otománs tomaban Adrianópolis e Filipolis (véxase Suleimán Pachá), conquistaban Serbia e obrigaban ao emperador a pagarlles tributo. Trala conquista de Galípolis polos turcos, a propia Constantinopla viuse ameazada, e Xoán V pediu auxilio a Occidente, propoñendo o final do cisma entre as igrexas bizantina e latina, ao recoñecer a supremacía desta última. Empobrecido pola guerra, foi detido polas súas débedas en Venecia (1369). En 1371 recoñeceu a soberanía do sultán otomán Murad I, que máis tarde o axudaría a recuperar o trono (1379), tras ser deposto polo seu fillo Andrónico IV en 1376. En 1390 o seu neto Xoán VII tamén usurpou o trono durante algún tempo. A Xoán V sucedeuno o seu fillo Manuel II Paleólogo. O seu segundo fillo Teodoro I Paleólogo herdou o Despotado de Morea en 1383.

Cara ao final do seu reinado, en 1390, Xoán mandou reforzar a Porta de Ouro de Constantinopla, e para iso usouse mármore das igrexas abandonadas na cidade. Ao terminar estas obras, Baiaceto I, con ameazas de guerra, esixiu que Xoán desmontase os devanditos reforzos: Xoán V viuse obrigado a obedecer as ordes do seu soberano, pero se di que morreu por mor dos sufrimentos derivados desta humillación.

Imperio Bizantino

Segue a:
Andrónico III Paleólogo
Xoán V Paleólogo
Precede a:
Manuel II Paleólogo
Dinastía Paleólogo