Xiga (baile)
Aparencia
A xiga, tamén escrita jig ou gigue, é unha danza folclórica, de orixe probablemente inglesa (jig), na que un ou dous solistas realizan pasos rápidos, alternando chimpos, non ser certo grao de complexidade, e cunha música baseada nos compases de 6/8, 12/8, 3/8, 9/8. Ademais de estar moi arraigada na tradición irlandesa, as gigas foron moi populares en Escocia e Inglaterra no decurso do século XVI. Relacionadas coas danzas modernas de zocos de Inglaterra, foron utilizadas decote no teatro.