Saltar ao contido

Xacobinismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orixinario da revolución francesa, o termo xacobinismo, tamén chamado xacobismo, tivo unha significación diferenciada e evolutiva ao longo dos tempos. Orixinalmente, un xacobino era un membro do Club Xacobino, club masónico francés con representación nos Tres Estados e, despois, na Asemblea Nacional Francesa.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

No seu inicio, nos finais do século XVIII en Francia, a expresión era xeralmente aplicada de forma pexorativa a calquera corrente de pensamento que, para quen aplicaba o termo, fose defensora de opinións revolucionarias extremistas ou radicais. O termo era en xeral lanzado por persoas que defendían a democracia, contra esquerdistas radicais que cravaban a ditadura paradoxalmente para impor pola forza a propia democracia. Os primeiros xacobinos, setecentistas, eran pequenos burgueses aínda moi ligados ás súas orixes rurais e pobres, con pensamentos políticos e sociais radicais (querían o exterminio dos nobres).

Recibiron a denominación de xacobinos pois se reunían inicialmente no Convento de Santiago dos dominicos (do nome Santiago ou Xacobo, que en latín é Santus Iacobus e en francés Saint-Jacques). Os seus membros defendían mudanzas máis radicades que os xirondinos: eran contrarios á Monarquía e querían implantar unha República. Ese grupo era apoiado por un dos sectores máis populares de Francia - os sans-cullotes - e, xuntos, loitaron por outras mudanzas sociais despois da revolución. Sentábanse á esquerda do salón de reunións.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.