Wings (filme)
Wings | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wings |
Director | William A. Wellman |
Produtor | Lucien Hubbard Adolph Zukor Jesse L. Lasky B. P. Schulberg Otto Hermann Kahn |
Guión | Hope Loring Louis D. Lighton |
Intérpretes | Clara Bow Charles "Buddy" Rogers Richard Arlen Gary Cooper |
Música | J.S. Zamecnik |
Fotografía | Harry Perry |
Montaxe | E. Lloyd Sheldon |
Estudio | Famous Players-Lasky |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 12 de agosto de 1927 |
Duración | Estrea orixinal: 111 minutos[1] Restauración: 144 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, bélica |
Orzamento | $2 200 000[3] |
Na rede | |
Wings é un filme mudo estadounidense ambientado durante a primeira guerra mundial producido por Lucien Hubbard, dirixido por William A. Wellman e estreado por Paramount Pictures. Está protagonizado por Clara Bow, Charles "Buddy" Rogers e Richard Arlen. Gary Cooper aparece nun pequeno papel que axudou a lanzar a súa carreira en Hollywood.
O filme, unha historia romántica e bélica, foi rescrito polos guionistas Hope Loring e Louis D. Lighton a partir dunha historia de John Monk Saunders para acomodar a Bow, a meirande estrela de Paramount naquela época. Wellman foi contratado por ser o único director en Hollywood que tiña experiencia como piloto de combate na primeira guerra mundial, malia que Richard Arlen e John Monk Saunders tamén serviran na guerra como aviadores. O filme contou cun orzamento de $2 millóns e rodouse en Kelly Field, en San Antonio, Texas entre o 7 de setembro de 1926 e o 7 de abril de 1927. Centos de extras e máis de 300 pilotos estiveron involucrados na rodaxe, incluíndo pilotos e avións do Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos.
Aclamado pola súa habelencia técnica e o seu realismo, o filme converteuse no exemplo contra o que se mediron os futuros filmes de aviación, principalmente polas súas realistas secuencias de combate. Gañou o primeiro Óscar ó mellor filme na 1ª edición dos premios que celebrou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas,[4] sendo o único filme mudo en conseguilo. Tamén gañou o Oscar ós mellores efectos de enxeñaría (Roy Pomeroy). Wings foi un dos primeiros filmes en amosar dous homes bicándose, e tamén un dos primeiros filmes comerciais en amosar espidos. En 1997, Wings foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Clara Bow como Mary Preston
- Charles "Buddy" Rogers como Jack Powell
- Richard Arlen como David Armstrong
- Gary Cooper como Cadete White
- Jobyna Ralston como Sylvia Lewis
- El Brendel como Herman Schwimpf
- Richard Tucker como Comandante aéreo
- Gunboat Smith como Sarxento
- Roscoe Karns como Tenente Cameron
- Henry B. Walthall como Mr. Armstrong
- Julia Swayne Gordon como Mrs. Armstrong
- Arlette Marchal como Celeste
- Hedda Hopper como Mrs. Powell (sen acreditar)
- George Irving como Mr. Powell (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Famous Lasky Film Service (ed.). "WINGS (A)". British Board of Film Classification, 12 de xaneiro de 1928. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2014. Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ Paramount Pictures (ed.). "WINGS (PG)". British Board of Film Classification, 22 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2014. Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ Bennett, Carl. "Progressive Silent Film List: Wings." Silent Era, 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- ↑ Variety, ed. (17 de setembro de 2009). "Dorothy Wellman dies at 95". Consultado o 2 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wings |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wings na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1927
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por William A. Wellman
- Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América
- Filmes rodados en Texas
- Filmes ambientados en 1918
- Filmes de Paramount Pictures
- Óscar ó mellor filme
- Filmes preservados no National Film Registry