Saltar ao contido

Wikipedia:Wikimaratón en liña Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sábado 11 de febreiro de 2017 celebrouse o wikimaratón en liña do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Este evento foi promovido pola Galipedia. Nel traballouse na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas.

Un wikimaratón é unha reunión, neste caso virtual, convocada para editar e mellorar colectivamente os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Habitualmente están promovidos por unha institución educativa ou cultural e buscan ademais visibilizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facilitar a incorporación a ela de novas persoas.

Cando, onde e como

[editar a fonte]

Esta actividade tivo lugar durante todo o día do 11 de febreiro de 2017 dende as 00:00 horas ata as 24:00.

A actividade desenvolveuse en liña, cada colaborador participará dende o seu equipo, coa súa conexión e no lugar no que o faga habitualmente, na casa, na biblioteca, no parque...

Contexto

[editar a fonte]

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, coa intención de marcar aspectos importantes da vida humana e da historia, elixe unha serie de “Días Internacionais”. Estes días adoitan estar relacionados cos campos de competencia da axencia especializada que os propón.[1]

É así como a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución A/70/474/Add.2, decidiu proclamar o día 11 de febreiro de cada ano o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, recoñecendo, entre outras cousas, que as mulleres e as nenas xogan un papel crítico nas comunidades de ciencia e tecnoloxía, así como no desenvolvemento económico sostible e que a súa participación debe ser fortalecida.[1][2]

O primeiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia celebrouse o 11 de febreiro de 2016, e a mensaxe da Unesco foi clara: a nova Axenda para o Desenvolvemento Sostible de 2030 non cumprirá a súa promesa sen investir no desenvolvemento das mulleres e as nenas a través de e na ciencia, a cal é considerada como motor dos dereitos humanos e a dignidade, a erradicación da pobreza e a protección do planeta.[3]

Para Irina Bokova, Directora Xeral da Unesco:

Hoxe máis que nunca, o mundo necesita a ciencia e a ciencia necesita ás mulleres.
Irina Bokova, 11 de febreiro de 2016

Pasaron máis de 20 anos da Declaración e Plataforma de Acción de Pekín da IV Conferencia Mundial sobre a Muller, e pese a todo ese tempo as mulleres seguen estando insuficientemente representadas nas ciencias naturais, xa que segundo un Informe da Unesco sobre a Ciencia, as mulleres representan só o 28 por cento dos investigadores de todo o mundo, e a fenda profundízase nas esferas superiores da toma de decisións, o cal supón que contan con menos acceso ó financiamento, ás redes, ós altos cargos, o que supón unha desvantaxe adicional na publicación científica de alto impacto.[3] É por iso que hai que tratar de cambiar esta situación mellorando a participación das mulleres e as nenas na educación científica, a capacitación e as actividades de investigación a tódolos niveis, a través de diversas iniciativas.[3]

Información para participantes

[editar a fonte]

Cuestións xerais

[editar a fonte]

É importante que te apuntes na lista de participantes, editando esta páxina e indicando o teu usuario da Galipedia. Así hanos ser máis doado organizar e xestionar o traballo.

E se aínda non tes un usuario, non esquezas crear unha conta antes: así poderás identificarte cun nome e non co enderezo IP do equipo desde o que te conectes. E aínda hai máis vantaxes.

Ah, e non te preocupes se é a túa primeira vez e pensas que non vas saber editar: aquí tes información para comezar o teu artigo. É moi doado!!

Tódalas dúbidas, ideas, problemas, e outras cousas que vaian aparecendo ó longo do día podedes comentalas na páxina de conversa, estaremos atentos a ela e intentaremos contestar e solucionar os problemas no menor tempo posible.

Se o que queredes é facer traducións dende a Wikipedia en castelán o mellor é que usedes a ferramenta da wiki do Tradutor de contidos <<< Non deixes de probala!

Artigos propostos

[editar a fonte]

Abaixo suxírense unha serie de científicas falecidas antes de 1900 sobre as que se pode traballar, aínda que pode traballarse sobre outras sen máis que engadilas á táboa.

Nota, esta táboa está adaptada da Wikipedia en castelán, polo que esa wiki non sae na columna de "Outras linguas", revisade dende os artigos doutras wikis, por exemplo a wiki en inglés, se hai versión en castelán. Se preferides consultar esa lingua.

Nota, se queres, podes indicar nesta páxina os artigos que remataches, para iso dálle a editar e no apartado de notas engade o texto "{{Feito}}". Así poderemos saber mellor como vai funcionando o wikimaratón.

Artigo Grupo Wikidata Reasonator Outras linguas Estado previo Melloras realizadas Cat. Commons Notas
Aemilia Hilaria Q4687727 ligazón en fr it ml Non existe (a encher) médica galoromana Feito! Feito!
Agatha Streicher Q391113 ligazón de Non existe (a encher) médica alemá
Agnes Ibbetson Q4693059 ligazón en cy de Non existe (a encher) botánica británica
Aleksandra Potanina Q464518 ligazón en fr cv de kk (+3) Non existe (a encher) ligazón xeógrafa e exploradora rusa
Almira Hart Lincoln Phelps Q4733834 ligazón en cy ja Non existe (a encher) ligazón botánica, escritora e educadora estadounidense
Amalie Dietrich Q76851 ligazón ca en fr cy de (+4) Non existe (a encher) ligazón naturalista, zoóloga, botánica e entomóloga alemá. Feito! Feito!
Amédée Barthélemy Berthollet Q18011866 ligazón Non existe (a encher) naturalista e química francesa
Amelia Griffiths Q4742264 ligazón en cy Non existe (a encher) ficóloga
Amelia Long Q4742279 ligazón en Non existe (a encher) horticultora británica
Ana Crespo Q21339702 ligazón species Non existe (a encher) liquenóloga española
Anandi Gopal Joshi Q2845322 ligazón en fr pt bn de (+12) Non existe (a encher) ligazón médica india
Andrea B. Archbold Q21338066 ligazón cy species Non existe (a encher) botánica estadounidense
Angeline Stickney Q4762761 ligazón en ga Non existe (a encher) sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense Feito! Feito!
Anna Barbara Reinhart Q559636 ligazón de Non existe (a encher) matemática suíza
Anna Maria Walker Q15994808 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica británica
Anna Russell Q18917228 ligazón en cy ja Non existe (a encher) botánica británica
Anna Sundström Q7410 ligazón en fr oc ru sv Non existe (a encher) química sueca
Anna Thynne Q4768850 ligazón en pt Non existe (a encher) zoóloga mariña británica
Anna Feodorovna Vólkova Q2645703 ligazón en fr ru sv Non existe (a encher) química rusa
Anne Halkett Q565358 ligazón en de Non existe (a encher) escritora británica
Anne Monson Q15994645 ligazón en cy sv Non existe (a encher) botánica británica
Anne Sheepshanks Q18534125 ligazón Non existe (a encher) astrónoma
Ann Preston Q4766629 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Aurelia Molins Q19037955 ligazón Non existe (a encher) cirurxiá británica
Birgitte Esmark Q17119594 ligazón no Non existe (a encher) zoóloga noruega
Camille Flagey Q21339591 ligazón cy species Non existe (a encher) botánica francesa
Cassandra Pickett Durham Q17089821 ligazón en fr Non existe (a encher) médica estadounidense
Caterina Scarpellini Q2646999 ligazón en fr gl it pt (+1) Non existe (a encher) astrónoma italiana
Catharina Cramer Q5052085 ligazón en fy nl Non existe (a encher) médica comadroa xermanoneerlandesa
Catharina Helena Dörrien Q1050781 ligazón cy de Non existe (a encher) botánica alemá
Catharine Parr Traill Q455349 ligazón en fr cy de eu (+3) Non existe (a encher) escritora, botánica e naturalista británicocanadense
Catherine Gage Q19962950 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica irlandesa
Charlotte Denman Lozier Q4793943 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Charlotte von Siebold Q1067211 ligazón en de sv Non existe (a encher) médica alemá
Cristina Roccati Q4975142 ligazón en pl sv Non existe (a encher) profesora, poeta e física italiana
Christine Kirch Q100918 ligazón en fr de pl sv Non existe (a encher) astrónoma alemá
Claudine Picardet Q14125842 ligazón en fr Non existe (a encher) química, mineraloxista, meteoróloga e tradutora francesa
Clémence Lortet Q21519514 ligazón fr Non existe (a encher) botánica e naturalista francesa
Clemence Sophia Harned Lozier Q17180744 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Dorotea Bucca Q2624695 ligazón ca en fr it pt (+5) Non existe (a encher) filósofa, científica e docente universitaria italiana Feito! Feito!
منجمه نیشابوری* Q5946533 ligazón fa Non existe (a encher) astrónoma e matemática iraniana
Eleanor Glanville Q4814842 ligazón en ml sv Non existe (a encher) entomóloga británica
Elisabeth Bardwell Q21177524 ligazón en Non existe (a encher) astrónoma estadounidense
Elisabeth Christina von Linné Q13360126 ligazón en cy eo ru sv Non existe (a encher) botánica sueca
Elisabeth von Matt Q17311604 ligazón Non existe (a encher) astrónoma austríaca
Elizabeth Brown Q3051196 ligazón en fr Non existe (a encher) astrónoma británica
Elizabeth Lomax Q22018864 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica británica
Elizabeth Sinclair Q5363512 ligazón en Non existe (a encher) ligazón granxeira, gandeira e terratenente británica
Eliza Tibbets Q5362206 ligazón en Non existe (a encher) horticultora e activista estadounidense
Ema Ransai Q6530667 ligazón ja Non existe (a encher) médica
Emily Bovell Q18671142 ligazón en Non existe (a encher) médica británica
Fanny Langdon Q20811148 ligazón en Non existe (a encher) zoóloga estadounidense
Faustina Pignatelli Q4511484 ligazón en br ru sv Non existe (a encher) física e matemática italiana Feito! Feito!
Frances Joanna Bunbury Q27255564 ligazón cy Non existe (a encher) botánica británica
Friederike Lienig* Q18920658 ligazón en species sv Non existe (a encher)
Galila Tamarhan Q4794312 ligazón en ar Non existe (a encher) médica exipcia
Gueraula Codines Q16188959 ligazón ca Non existe (a encher) médica española
Harriot Kezia Hunt Q4793814 ligazón en ja Non existe (a encher) médica estadounidense
Helen Almira Shafer Q5701799 ligazón en Non existe (a encher) matemática estadounidense
Helen Megaw Q5702829 ligazón en Non existe (a encher) cristalógrafa irlandesa Feito! Feito!
Henrietta Wilson Q18576298 ligazón Non existe (a encher) zoóloga británica
Henriette d'Angeville Q434180 ligazón ca en fr pt de (+1) Non existe (a encher) espeleóloga francesa Feito! Feito!
Hortensia von Moos Q121697 ligazón en fr de Non existe (a encher) médica, periodista, investigadora e escritora suíza
Huang Daopo Q842488 ligazón en fr ja mg zh Non existe (a encher) enxeñeira e inventora china
Ida Laura Pfeiffer Q78873 ligazón en fr pt de eo (+6) Non existe (a encher) ligazón exploradora, escritora e entomóloga austriaca Feito! Feito!
Jeanne Dumée Q2616658 ligazón en fr gl de pl (+2) Non existe (a encher) astrónoma francesa
Jeanne Villepreux-Power Q29571 ligazón ca en fr gl pt (+5) Non existe (a encher) bióloga mariña francesa
Jessie Fowler Q18783733 ligazón Non existe (a encher) médica, escritora e conferencista británica
Josephine Kablik Q8520923 ligazón cy de Non existe (a encher) paleontóloga e botánica austriaca
Josephine Meeker Q6288415 ligazón en Non existe (a encher) médica e profesora estadounidense
Józefa Rostkowska Q3186661 ligazón en fr bg pl Non existe (a encher) asistente de cirurxiá polaca
Katherine Plymley Q18528278 ligazón Non existe (a encher) escritora, botánica e ilustradora británica
Kisamor Q3307884 ligazón en simple sv Non existe (a encher) médica sueca
Louisa Lawrence Q6688531 ligazón en Non existe (a encher) horticultora británica
Louise Bourgeois Boursier Q3263690 ligazón en fr de fi sv Non existe (a encher) ligazón comadroa, escritora e xinecóloga francesa
Louise du Pierry Q468833 ligazón en fr gl de ru (+1) Non existe (a encher) astrónoma e profesora francesa
Lucia Galeazzi Galvani Q4794936 ligazón en ru sv Non existe (a encher) bióloga italiana
Lydia Becker Q276466 ligazón en fr ar de ru (+1) Non existe (a encher) ligazón astrónoma, bióloga, escritora e activista británica
Lydia Folger Fowler Q4793675 ligazón en ar Non existe (a encher) médica británica
Lydia White Shattuck Q16910361 ligazón en Non existe (a encher) botánica, naturalista, química e profesora estadounidense
Margaret Bentinck Q126219 ligazón en fr it cy de Non existe (a encher) botánica e duquesa británica
Margaret Clement Q1475505 ligazón en de Non existe (a encher) ligazón matemática británica
Margaretha Kirch Q17425380 ligazón en de sv Non existe (a encher) astrónoma alemá
Margaretha Lassadotter Q4965670 ligazón sv Non existe (a encher) médica sueca
Margaretta Riley Q3290537 ligazón fr cy Non existe (a encher) botánica británica
Maria Angela Ardinghelli Q80365 ligazón en fr it de fa (+4) Non existe (a encher) ligazón física, escritora, tradutora e matemática italiana
Maria Christina Bruhn Q4940924 ligazón en ar mg ru sv Non existe (a encher) química e inventora sueca
Maria Clara Eimmart Q1895764 ligazón en de ru sv Non existe (a encher) ligazón astrónoma, grabadora e deseñadora alemá
Maria Dalle Donne Q3372863 ligazón en fr it no pl (+2) Non existe (a encher) ligazón médica xinecóloga italiana
María Elizabetha Jacson Q18936200 ligazón en cy Non existe (a encher) botánica e escritora británica
María Louisa Angwin Q22017234 ligazón en sv Non existe (a encher) médica canadense
Marie-Aimée Lullin Q2645962 ligazón en fr sv Non existe (a encher) entomóloga suíza
Marie Anne Victoire Pigeon Q3292355 ligazón en fr sv Non existe (a encher) matemática francesa Feito! Feito!
Marie Boivin Q3292391 ligazón en fr de sv Non existe (a encher) médica, comadroa, inventora e escritora francesa
Marie-Charlotte de Romilley de La Chesnelaye Q3291621 ligazón fr Non existe (a encher) matemática francesa
Marie de Brimeu Q3292880 ligazón fr cy ru Non existe (a encher) botánica neerlandesa
Marie-Geneviève-Charlotte Thiroux d'Arconville Q3291849 ligazón en fr eo ru sv (+1) Non existe (a encher) ligazón anatomista, química, escritora e tradutora francesa
Marie-Jeanne de Lalande Q1897148 ligazón ca en fr de no (+2) Non existe (a encher) matemática e astrónoma francesa Feito! Feito!
Marie Le Masson Le Golft Q3292653 ligazón en fr it mg sv Non existe (a encher) naturalista francesa
Martha Maxwell Q15452141 ligazón en Non existe (a encher) naturalista e taxidermista estadounidense
Mary Edwards Q6779387 ligazón en pt de Non existe (a encher) matemática e astrónoma británica Feito! Feito!
Mary Elizabeth Barber Q4937489 ligazón en af cy de sv Non existe (a encher) naturalista, entomóloga e botánica británica
Mary Fielding Q18576720 ligazón Non existe (a encher) botánica británica
Mary F. Thomas Q27990105 ligazón en Non existe (a encher) médica e sufraxista estadounidense
Mary Harris Thompson Q6779725 ligazón en Non existe (a encher) médica e cirurxiá estadounidense
Mary Horner Lyell Q3296187 ligazón en fr ar sv Non existe (a encher) xeóloga británica
Mary Impey Q6779827 ligazón en nl Non existe (a encher) ligazón ornitóloga británica
Mary Somerset Q3850445 ligazón en fr it cy de Non existe (a encher) ligazón botánica, xardineira e noble británica
Matilda Chaplin Ayrton Q4793350 ligazón en ja Non existe (a encher) médica e comadroa británica
Melanie Hahnemann Q2128339 ligazón en fr pt cy de (+2) Non existe (a encher) médica homeópata francesa
Morgan Dee Voon Q4794887 ligazón Non existe (a encher) bióloga e xenetista austriaca
Nonaka En Q11645007 ligazón ja Non existe (a encher) médica xaponesa
Perette de Rouen Q15638903 ligazón sv Non existe (a encher) médica, cirurxiá e comadroa francesa
Petronella Johanna de Timmerman Q4982887 ligazón en nl pl ru sv Non existe (a encher) poetisa e científica neerlandesa
Priscilla Wakefield Q532982 ligazón en de sv Non existe (a encher) escritora e feminista británica
Rachel Nicol Q20684977 ligazón en ar Non existe (a encher) médica estadounidense
Rebecca Lee Crumpler Q4793563 ligazón en fr ml Non existe (a encher) médica estadounidense
Regina Josepha von Siebold Q102745 ligazón en fr de sv Non existe (a encher) médica xinecóloga e comadroa alemá
Rosalie Huzard Q3442211 ligazón fr Non existe (a encher) agrónoma, editora e impresora francesa
Sally Mapp Q7405217 ligazón en it Non existe (a encher) médica británica
Salomée Halpir Q4400306 ligazón en be_x_old pl ru sv Non existe (a encher) médica e oculista lituana
Sara Elisabeth Moraea Q3473264 ligazón fr sv Non existe (a encher) médica sueca
Sarah Guppy Q41495 ligazón en de mg Non existe (a encher) inventora e enxeñeira británica
Sarah Parker Remond Q4794162 ligazón en Non existe (a encher) médica e activista estadounidense
Selina Hall Q18577005 ligazón Non existe (a encher) cartógrafa británica
Susan Dimock Q4793602 ligazón en Non existe (a encher) médica estadounidense
Tan Yunxian Q4794429 ligazón en th zh Non existe (a encher) médica chinesa
Tōda Chōan Q11642142 ligazón ja Non existe (a encher) médica chinesa
Varvara Rúdneva Q2645512 ligazón en fr ru sv Non existe (a encher) médica rusa
Vera Popova Q4372654 ligazón en ar fa ru sv (+1) Non existe (a encher) ligazón química rusa
Xiao-Ling Fan Q21340942 ligazón species Non existe (a encher) entomóloga china


Axudas para a edición

[editar a fonte]
  

Apúntate!

[editar a fonte]

Se che apetece participar no wikimaratón, agradecémosche que te apuntes nesta sección editándoa (só tes que premer na ligazón "editar a fonte" de arriba) e engadindo abaixo a túa sinatura cos caracteres: ~~~~

Resultados

[editar a fonte]

Sinxelamente en dúas palabras: IN-CRIBLE.

Onte tiñamos unha lista de 131 artigos, organizamos unha actividade nunhas poucas horas, e sen case avisar e se fixen ben as contas, nestas 24 horas fixemos 11 artigos novos, arranxos nalgúns máis, e creamos outros 4 máis a maiores.

E como complemento a todo isto a nosa actividade saíu en Praza Pública, conseguindo así un pouco máis de visibilidade do proxecto.

Creo que este evento cumpriu as expectativas creadas tendo en conta o pouco tempo co que se organizou. É certo que algúns artigos son algo curtos e que haberá que repasar un pouco os que se crearon, pero penso que hai que destacar o traballo realizado e este bo comezo que esperemos que continúe no novo Wikipedia: Wikiproxecto mulleres e en vindeiras edicións.

Parabéns a todos os participantes e moitas grazas.

  1. 1,0 1,1 Días Internacionais Organización Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura. Consultado 19 de novembro de 2016
  2. Globalización e interdependencia: ciencia y tecnología para el desarrollo Informe de la Segunda Comisión* Relatora: Sra. Chantal Uwizera (Rwanda) Asemblea Xeral de Nacións Unidas Consultado o 19 de novembro de 2016
  3. 3,0 3,1 3,2 Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da Unesco Internacional Day of Women and Girls in Sciencie 2016 (en inglés) Consultado o 19 de novembro de 2016

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]