Wikipedia:Artigo destacado/decembro 2012
Aparencia
Praga (en checo: Praha; [ˈpraɦa] (axuda · info)) é a capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia. Con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,3 millóns de habitantes. Dende 1992 o casco histórico da cidade é Patrimonio da Humanidade. A súa beleza e patrimonio histórico convértena nunha das vinte cidades máis visitadas do mundo, con máis de 4,1 millóns de visitantes en 2009. A rexión de Praga é a quinta máis rica das 271 da Unión Europea, superando nun 172% a media comunitaria.