Wikipedia:Artigo destacado/decembro 2007
Aparencia
Mississippi é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Historicamente dominado por granxas e pequenas cidades e dependente da agricultura e a gandería, actualmente posúe unha economía relativamente diversificada, cunha industria de manufactura e un turismo en crecemento. Mississippi está considerado o estado máis pobre dos Estados Unidos, con altas taxas de desemprego e a menor renda per cápita do país. Débelle o nome ao río Mississippi, que discorre ao longo da súa fronteira oeste. O nome Mississippi provén dunha palabra do ojibwa, que significa "grandes augas" ou "pai das augas". Algúns alcumes de Mississippi son Estado da Magnolia e Estado da hospitalidade.