Wenceslao González Garra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1888 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de setembro de 1965 (77 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Premios | |
Wenceslao González Garra, nado en Vilagarcía de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965, foi un navieiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Wenceslao González Jimeno e Camila Garra Castellanzuelo. Propietario da navieira González Garra.[1] Foi consignatario e dono do Salto Eléctrico do Tambre que adquiriu en 1918,[2] e que foi xerme de Fenosa. Constituíu en 1918 a sociedade Fábricas Coruñesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodríguez Pastor.[3] Foi socio prioritario da Compañía General de los Ferrocarriles de Galicia constituída en 1920 e principal accionista da Compañía Minera de Linares en 1939. Encomendoulle ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de ensanche de Vilagarcía de Arousa, cuxos planos se exhibiron na casa do concello.[4] Formou parte dos consellos de administración de FENOSA e do Banco de Vigo.
Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccións de 1923. Na República integrouse no Partido Radical, despois pasou a militar na CEDA e presentouse na candidatura de dereitas ás eleccións de febreiro de 1936.[5] Amigo persoal do xeneral Emilio Mola, foi un dos empresarios que financiou a conspiración que deu lugar ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En setembro de 1936 foi a Burgos e ao regreso trouxo a Consuelo Bascón, esposa de Mola, e a súa filla a pasar uns días en Vilagarcía.[6] Tamén acompañou o xeneral Cabanellas cando visitou Vilagarcía de Arousa en outubro como inspector xeral do exército[7] e a Francisco Franco na visita que este fixo á vila arousá en 1941.
Practicou o deporte da vela e gañou trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa.[8][9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa.
- O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Mérito Naval.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Purificación Rasilla Salgado
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navieras 1928 Consultado o 28 de agosto de 2012.
- ↑ González Pérez, Claudio (4 de abril de 2009). "A catedral industrial galega". GaliciaHoxe. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 28 de agosto de 2012.
- ↑
"Se constituyó el 1 de noviembre de 1918, con un capital social de 2.000.000 pts. De la empresa formaba parte la Cooperativa Eléctrica Coruñesa, con una aportación de 1.600.000 pts., y el grupo bancario formado por Ricardo Rodríguez Pastor y Wenceslao González Garra, representando un capital de 400.000 pts."
Citado en Mirás Araujo, Jesús; Martínez López, Alberte. "LA TRANSICIÓN ENERGÉTICA EN LAS CIUDADES DE GALICIA. DEL GAS A LA ELECTRICIDAD, 1850-1936" (PDF). webcache.googleusercontent.com. p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019. - ↑ El tesoro de la costa vilagarciana - Faro de Vigo. Consultado o 28 de agosto de 2012.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 11.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 7-9-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-10-1936, p. 11.
- ↑ Ochenta años de regatas. Faro de Vigo. Consultado 28 de agosto de 2012
- ↑ El blog de Arlillo Consultado o 28 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artiaga Rego, Aurora (2021). "Wenceslao González Garra e a trama civil do golpe de estado de 1936". Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea. Vigo: Xerais. pp. 15–54. ISBN 978-84-9121-983-5.
- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 126–129. ISBN 978-84-09-02453-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Don Wenceslao, el opulento diputado por Cambados - Por Víctro Viana Arquivado 18 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.