Saltar ao contido

Voo 330 de Swissair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 330 de Swissair
CV-990 semellante ao atacado
Resumo
Data  21 de febreiro de 1970
Causa  bomba
Lugar  Würenlingen, Suíza
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Zürich
Derradeira escala  aeroporto de Tel Aviv
Destino  aeroporto Kai Tak
Finados  47
Aeronave
Tipo de aeronave Convair CV-990 Coronado
Operador  Swissair
Rexistro  HB-ICD
Pasaxeiros  38
Tripulación  9
Superviventes  0

O voo 330 de Swissair era un servizo regular dende o aeroporto de Zürich e Hong Kong, cunha escala en Tel Aviv. O avión foi voado no medio do aire polo grupo terrorista palestino Fronte Popular para a Liberación de Palestina-Comando Xeral, matando aos 47 pasaxeiros e tripulantes a bordo.[1][2]

O 21 de febreiro de 1970 un Convair CV-990 Coronado, con rexistro HB-ICD e bautizado como Baselland,[2] estaba voando a ruta con 38 pasaxeiros e 9 tripulantes. Unha bomba detonou no compartimento de carga de popa uns nove minutos despois da engalaxe, cando trepaba en dirección sur sobre as 12:15 UTC na área de Lucerna. A tripulación intentou xirar e realizar unha aterraxe de emerxencia en Zürich, pero tivo dificultades para ver os instrumentos debido ao fume na cabina. O avión desviouse máis e máis cara ao oeste e esnafrouse pouco despois nunha zona boscosa en Würenlingen, preto de Zürich, debido á perda de pontencia eléctrica. Todos os seus ocupantes morreron.

Un inspector aéreo do goberno voou cara á escena en helicóptero. Pouco despois foi seguido por un equipo de 50 investigadores. A policía dixo que unha muller entregou unha pistola de 9 mm atopada na escena do accidente xusto despois do desastre. Algúns dos restos, incluídos pezas de roupa, quedaron colgados nas cimas e as ramas das árbores.

Inmediatamente sospeitouse dunha sabotaxe por mor da coraxe causada nos países árabes pola sentenza o decembro anterior de tres palestinos a 12 anos de prisión por un tribunal suízo. Un grupo guerrilleiro árabe, a Fronte Popular para a Liberación de Palestina-Comando Xeral, dixo en Beirut que fora a responsable da explosión. Porén Reuters informou posteriormente dende Amán que un portavoz do grupo negara a súa implicación.[3]

Usárase unha bomba baromátrica fara facer estoupar o avión. O mesmo día outra bomba estoupou a bordo dun Caravelle de Austrian Airlines que voaba de Frankfurt a Viena. O Caravelle conseguiu aterrar con seguridade.

  1. "Terrorist Incidents against Jewish Communities and Israeli Citizens Abroad, 1968-2003". www.ict.org.il. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2021. Consultado o 2019-01-07. 
  2. "Aviation Photo #0108667: Convair 990A Coronado (30A-6) - Swissair". Airliners.net. Consultado o 2019-01-08. 
  3. The New York Times, 22 de febreiro de 1970