Voo 304 de Trans-Canada Air Lines
Voo 304 de Trans-Canada Air Lines | |
---|---|
Vickers Viscount semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 9 de xullo de 1956 |
Causa | fallo mecánico |
Lugar | Flat Rock, Míchigan |
Coordenadas | |
Finados | 1 |
Feridos | 5 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Vickers Viscount 724 |
Operador | Trans-Canada Air Lines |
Rexistro | CF-TGR |
Pasaxeiros | 31 |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 34 |
O voo 304 de Trans-Canada Air Lines era un servizo entre Chicago e Toronto operado por un Vickers Viscount 700. O día 9 de xullo de 1956 a hélice número 4 do avión desprendeuse do seu motor sobre Flat Rock, Míchigan, durante un voo dende Chicago, Illinois, ata Toronto, Ontario, e Montreal, Quebec; unha pala da hélice sliced through the passenger section of the cabin, matando a un pasaxeiros e ferindo a outros catro e a un asistente de voo. O avión desviouse a Windsor, Ontario, e os pilotos realizaron unha aterraxe de emerxencia. O accidente foi o primeiro dun Vickers Viscount nun servizo regular, e foi o primeiro caso dunha perda dunha hélice nun avión con motores turbohélice.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello accidentado era un catrimotor Vickers Viscount que voara por vez primeira no Reino Unido en 1955. Fora entregado novo a Trans-Canada Air Lines o 21 de xuño dese ano. O avión foi vendido a un operador estadounidense privado en xaneiro de 1964 antes de ser vendido a Air Inter de Francia en xuño de 1965. Foi retirado do servizo no aeroporto de Orly en outubro de 1974 antes de ser desgüazado durante o ano 1975.[1]
Trans-Canada Air Lines foi a primeira aeroliña norteamericana en recibir o Viscount.[2] A diferenza dos avións con motores de pistóns (como o Douglas DC-6 e o Lockheed Constellation) habituais nas aeroliñas norteamericanas, o Viscount era un avión silencioso con motores que producían moitas menos vibracións. Como os motores Rolls-Royce Dart do Viscount funcionaban con máis suavidade que os motores de pistóns, os enxeñeiros de Vickers crían que as perdas de hélices serían moi improbables.[3]
Accidente
[editar | editar a fonte]Na mañá do 9 de xullo, mentres o avión voaba a un nivel de voo 190 sobre a cidade de Flat Rock, Míchigan, o motor 4 experimentou unha caída das revolucións. O motor entón acelerou ata as 14 000 RPM, moi por riba das especificacións de cruceiro do motor. Cando os pilotos intentaron poñer en bandeira a hélice, o motor acelerou aínda máis, a velocidade do aire do avión baixou e os pilotos declararon unha emerxencia e comezaron inmediatamente un descenso de emerxencia, despresurizando a cabina ao facelo.[2][4] Menos dun minuto despois, e cando o avión estaba a uns 9 000 pés, a hélice do motor 4 soltouse. Unha das catro palas da hélice penetrou na cabina de pasaxeiros e cortou a primeira fila de asentos, matando inmediatamente a unha muller que viaxaba cos seus dous fillos pequenos. A pala tamén feriu a unha familia de tres sentada ao outro lado do corredor e a un asistente de voo que estaba de pé na parte dianteira da cabina. Os fillos da vítima non resultaron feridos.[2] Os pilotos finalmente aterraron o avión en Windsor, Ontario; só se enteraron de que houbera vítimas a bordo tras aterrar. Unha sección pequena da pala quedou na cabina, mentres que a sección principal e as outras tres palas da hélice foron atopadas en terra na veciñanza de Flat Rock.[3]
Os investigadores canadenses atoparon que fallara unha engrenaxe cónica na unidade da bomba de aceite, facendo que a hélice non se lubricase. Isto causou que a hélice se separase do motor, xirando a gran velocidade. Ademais, durante o descenso de emerxencia, os pilotos permitiron que a velocidade do aire do avión aumentase a case o máximo admisible.[5] Isto exerceu unha tensión significativa na hélice que probablemente fixo que fallase en voo.[6] A posibilidade de que a engrenaxe cónica fallase causando a perda da hélice non fora prevista polos enxeñeiros de Vickers, e non había mención ningunha nos manuais de adestramento e operacións.[3]
O accidente obigou aos deseñadores e enxeñeiros de avións a reconsiderar a súa suposición de que un turbohélice sería menos propenso a sufrir a perda de hélice.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Durfree, James R; Gurney, Chan; Denny, Harmar D; Minetti, G. Joseph (1957). CAB Accident Investigation Report: Trans-Canada Air Lines Viscount, CF-TGR, Flat Rock, Michigan, 9 July, 1956 (PDF). United States Civil Aeronautics Board.
- Eastwood, Tony; Roach, John (1990). Turbo Prop Airliner Production List. The Aviation Hobby Shop. ISBN 0 907178 32 4.
- Job, Macarthur (2001). Air Disaster, Vol. 4: The Propeller Era. Australia: Aerospace Publications Pty. Ltd. ISBN 978-1-875671-48-9.