Saltar ao contido

Vitaly Scherbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVitaly Scherbo
Nome orixinal(be) Віталь Венядзіктавіч Шчэрба Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Minsk, Belarús Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta artístico Editar o valor en Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor en Wikidata
Participou en
1996gymnastics at the 1996 Summer Olympics – men's vault (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1996gymnastics at the 1996 Summer Olympics – men's horizontal bar (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1996gymnastics at the 1996 Summer Olympics – men's parallel bars (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1996gymnastics at the 1996 Summer Olympics – men's artistic individual all-around (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – men's rings (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – men's parallel bars (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – men's pommel horse (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – men's vault (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – men's artistic individual all-around (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Olympic.org: vitaly-scherbo Editar o valor en Wikidata

Vitaly Scherbo (en ruso: Виталий Венедиктович Щербо, Vitalii Venediktovich Shcherbo; en belaruso: Віталь Венядзіктавіч Шчэрба, Vital' Veniadziktavič Ščerba), nado en Minsk (Unión Soviética) o 13 de xaneiro de 1972 é un ex-ximnasta belaruso que gañou seis medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992 representando o Equipo Unificado, algo que non conseguiu ningún outro ximnasta na historia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Scherbo comezou a practicar ximnasia aos sete anos, motivado pola súa nai, xa que era un neno inquieto e nervioso e ela vía nese deporte unha forma de canalizar a súa enerxía. Os adestradores do seu club local de Minsk recoñeceron rapidamente o seu gran talento para a ximnasia, así que o enviaron a unha escola estatal en Moscova onde comezou a adestrar con outros mozos que tamén destacaban.

Con só quince anos entro a formar parte do equipo nacional da Unión Soviética. A nivel internacional deuse a coñecer en 1989 cando finalizou en cuarta posición na prestixiosa Copa Chunichi, que se celebra cada ano na localidade xaponesa de Nagoya. En 1990 participou nos seus primeiros Campionatos de Europa en Lausanne, en que gañou tres medallas de ouro nas finais por aparatos, incluíndo un exercicio de salto puntuado cun 10.00. Nese mesmo ano tamén gañou a competición individual nos "Goodwill Games" de Seattle e o ano seguinte acabou segundo na competición individual dos Campionatos do Mundo de Indianápolis, sendo só superado polo seu compañeiro de equipo Grigori Misutin.

Nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992), Scherbo fixo a mellor competición da súa vida e dominou de xeito avasalador como non fixera antes ningún ximnasta nos xogos. De oito medallas posibles, gañou seis, todas de ouro, incluída a competición individual, en que gañou por diante dos seus compañeiros Grigori Misutin (prata) e Valeri Belenki (bronce). Por este motivo foi considerado a grande estrela dos Xogos de Barcelona. Só os nadadores Michael Phelps e Mark Spitz gañaron máis medallas de ouro nuns Xogos Olímpicos.

Nos anos seguintes continuou a ser o gran dominador da ximnasia a nivel mundial. En 1993 gañou en Birmingham o seu único título mundial na competición individual, e sumou moitas máis medallas en diferentes campionatos mundiais e europeos.

Porén, a vida en Belarús facíase difícil para el e a súa familia debido á inestabilidade social do país. A súa casa foi asaltada por uns ladróns e noutra ocasión intentaron secuestrar a súa filla. Decidiron entón trasladarse aos Estados Unidos, en concreto á localidade de State College, en Pensilvania.

En 1996, a súa esposa sufriu un grave accidente de coche que a mantivo un mes en estado de coma. Durante ese tempo, Scherbo deixou de adestrar para estar con ela. Gañou bastante peso e abusou do alcol. Os médicos dicían que ela tiña poucas posibilidades de sobrevivir, mais conseguir saír do coma e insistiu para que o seu home adestrase e puidese competir con garantías nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996).

En Atlanta Scherbo non tivo unha actuación tan destacada, mais aínda así gañou catro medallas de bronce. Na competición indivual acabou por detrás do chinés Li Xiaoshuang (ouro) e do ruso Alexei Nemov (prata).

Scherbo planeara participar nos Campionatos do Mundo de Lausanne (1997), mais uns meses antes sufriu un accidente de moto en que rompeu unha man, polo que puxo punto final á súa carreira deportiva.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

En decembro de 1991, Scherbo casou coa súa moza Irina, coa que tivo unha filla, Kristina, nada en 1993.

Actualmente vive en Las Vegas, Nevada, coa súa familia, onde rexenta un ximnasio.

En 2017 foi acusado por Tatiana Gutsu de violala en 1991.[1]

  • Campionatos de Europa de Lausanne 1990: 1.º en chan, 1.º en barra fixa, 1.º en salto
  • Campionatos do Mundo de Indianápolis 1991: 1.º por equipos, 2.º en individual, 2.º en chan, 2.º en salto, 3.º en barra fixa
  • Campionatos de Europa de Budapest 1992: 3.º individual, 1.º en chan, 1.º en salto, 2.º en aros, 2.º en cabalo con arcos
  • Campionatos do Mundo de París 1992: 1.º en aros, 1.º en cabalo con arcos, 2.º en chan
  • Xogos Olímpicos de Barcelona 1992: 1.º por equipos, 1.º individual, 1.º en aros, 1.º en cabalo con arcos, 1.º en salto, 1.º en paralelas
  • Campionatos do Mundo de Birmingham 1993: 1.º individual, 1.º en paralelas, 1.º en salto, 3.º en chan
  • Campionatos de Europa de Praga 1994: 1.º por equipos, 1.º en salto, 2.º en barra fixa
  • Campionatos do Mundo de Brisbane 1994: 3.º individual, 1.º en chan, 1.º en barra fixa, 1.º en salto
  • Campionatos do Mundo de Sabae 1995: 2.º individual, 1.º en chan, 1.º en paralelas, 3.º en salto
  • Campionatos de Europa de Birmingham 1996: 3.º por quipos, 2.º individual, 1.º en chan, 1.º en salto, 1.º en paralelas, 3.º en barra fixa
  • Campionatos do Mundo de Porto Rico 1996: 1.º en chan, 2.º en paralelas, 3.º en barra fixa
  • Xogos Olímpicos de Atlanta 1996: 3.º individual, 3.º en salto, 3.º en paralelas, 3.º en barra fixa
  • Torneo Internacional Joaquim Blume: 1990, 1991 e 1993
  1. AS (17 de outubro de 2017). "Tatiana Gutsu acusa a Scherbo de haberla violado en 1991". AS.com (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]