Saltar ao contido

Vincenzo Peruggia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVincenzo Peruggia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Dumenza, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de outubro de 1925 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Saint-Maur-des-Fossés, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
saturnismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónart thief (en) Traducir, pintor, glazier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porfurto
→ (7 Freiheitsstrafe (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
21 de agosto de 1911theft of Mona Lisa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Vincenzo Peruggia, nado en Dumenza o 11 de outubro de 1881, finado en Annemasse o 8 de outubro de 1925, foi un ladrón de arte que roubou a Mona Lisa, feito coñecido como o "Roubo do Século" pola prensa da época.

En 1911 Vincenzo Perugia perpetrou o que foi considerado o roubo máis grande de arte do século XX. O antigo empregado do Museo do Louvre entrou no museo o 21 de agosto de 1911 e notando que o salón no cal se encontraba exhibida a Mona Lisa non tiña vixilantes nin visitantes, descolgou a pintura da parede, quitoulle o marco e simplemente saíu do museo camiñando coa pintura baixo o brazo.

Vincenzo escondeu a pintura no seu apartamento en Florencia, en Italia. Supostamente, ao chegar a policía ao lugar para facer as investigacións correspondentes, asináronse documentos encima do lenzo, xa que este estaba escondido baixo o mantel da mesa da cociña.

Despois de ocultar a pintura no seu apartamento durante dous anos, Peruggia impacientouse e finalmente foi atrapado ao tratar de vendela en Florencia a un traficante de arte.

Tras ser recuperada, a pintura foi exhibida por toda Italia e finalmente devolvida ao Museo do Louvre en 1913.

Os herdeiros de Vincenzo alegan que o roubo se fixo por razóns patrióticas: Vincenzo quería traer a pintura de regreso a Italia despois de ser roubada por Napoleón. Aínda que realmente quizais pensara iso, o certo é que Leonardo da Vinci levoulle esta pintura como regalo ao rei Francisco I cando este o chamou para que fose pintor da súa corte.

Levado a xuízo, a corte aceptou que Peruggia cometera o delito por razóns patrióticas e enviouno ao cárcere un ano e quince días.

O roubo puido ser planeado por Eduardo Valfierno, un cómplice que se xuntara co falsificador francés de arte Yves Chaudron, para facer copias da pintura e vendelas como orixinais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]