Saltar ao contido

Vilfredo Pareto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVilfredo Pareto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1848 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Céligny, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio novo de Céligny Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade politécnica de Turín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía e socioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesor universitario, enxeñeiro, sociólogo, filósofo, matemático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Lausana
Universidade de Roma La Sapienza
Universidade de Xénova Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoEscola de Lausana Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlessandrina Bakunina (1889–1902)
Jeanne Regis Editar o valor en Wikidata
PaisRaffaele Pareto Editar o valor en Wikidata  e Maria Pareto Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1127319
Vilfredo Pareto

Vilfredo Pareto, nado o 15 de xullo de 1848 e finado o 19 de agosto de 1923, realizou importantes contribucións ao estudo da economía (e da socioloxía), especialmente no campo da distribución da riqueza e a análise das eleccións individuais. Foi o creador do concepto de eficiencia de Pareto, e contribuíu ao desenvolvemento da microeconomía, con ideas como a da curva de indiferenza.

Economía

[editar | editar a fonte]

É famoso pola súa observación de que, en Alemaña o 20% da poboación posuía o 80% da propiedade, que posteriormente Joseph Xuran e outros populizarían como o principio de Pareto e xeneralizarían baixo o concepto de distribución de Pareto.

O índice de Pareto é a medida da desigualdade da distribución do ingreso.

Foi un autor moi prolífico. Escribiu obras de economía e panfletos antigubernamentales desde 1870 ata a chegada de Mussolini para criticar o intervencionismo e a falta de democracia. Na súa primeira etapa intelectual, que logo tomaría outro xiro, foi continuador dos neoclásicos e demócrata radical.

En socioloxía foi un grande innovador. Desprezou algúns postulados económicos (pensamento 100% racional) desde a socioloxía, tomando en consideración os elementos residuais instintivos, non lóxicos nin racionais.

Política

[editar | editar a fonte]

Para Pareto hai dúas clases de homes: raposos e leóns. Os raposos son calculadores, pensadores e materialistas, mentres que os leóns son conservadores, idealistas, resolven pola forza e burocráticos. Introduce o concepto de elite. Para Pareto a elite son os mellores da sociedade. A elite non é hereditaria, e polo tanto haberá unha circulación de elites.

Tamén usa o concepto noutro sentido, no sentido de quen goberna. O ideal sería que coincidise a elite funcional (os mellores) coa elite do poder. Pero isto non é completamente así, pois hai quen goberna sen ser elite (por influencias, familia...) Cando hai demasiados que gobernan sen ser da elite funcional, chega a decadencia e o colapso: "A historia é un cemiterio de aristocracias".

A elite do poder péchase fronte a nova elite que xorde da masa pero acaba sendo substituída. É un ciclo. Pode suceder a través dunha revolución ou por substitución gradual. Unha boa elite é onde hai un bo equilibrio entre raposos e leóns. Cando hai moitos raposos na elite os leóns rebélanse, e viceversa. Cando unha elite é decadente débese exterminar; a elite debe ser de calidade e circulante.

Pareto influíu moito sobre o fascismo italiano. Os fascistas intentaron apropiarse de Pareto, e Pareto en certo xeito correspondeulles (Mussolini nomeouno senador vitalicio), malia estar en desacuerdo con algunhas das súas políticas.

  • Tratado de Socioloxía Xeral (1916)
  • "Considerazioni sui principi fondamentali dell'economia politica pura", 1893, Giornale degli Economisti.
  • "Introdución" aos Extractos do Capital de Karl Marx, 1893.
  • "Leçon d'économie pure à l'Université de Lausanne", 1893(?)
  • "Curso de Economía Politica", 2 volumes, 1896-7.
  • "New Theories of Economics", 1897, JPE.
  • "Os Sistemas Socialistas", 1901.
  • "L'economie et a sociologie au point de vue scientifique", 1907, Rivista dei Scienza.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]