Saltar ao contido

Vicente Díaz González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Vicente Díaz González (cantante), nado en Sotu'l Barcu, Asturias, en 1948.
Modelo:BiografíaVicente Díaz González

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor en Wikidata
Valdoviño, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosFelipe Bello Piñeiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario enciclopédico galego universal
Enciclopedia Galega Universal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1521545 BUSC: diaz-gonzalez-vicente-m-1941

Vicente Díaz y González, nado en Santalla de Valdoviño en 1870 e finado en Ferrol o 7 de xaneiro de 1941, foi un debuxante, paisaxista, retratista e miniaturista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Eduardo Sánchez Miño, Vicente Díaz González, Wenceslao Fernández Flórez, Joaquín Arias de Miranda e José Fitor Cabot (1909).

Viviu en Ferrol ata os trece ou catorce anos en que marchou a América. En Cuba dedicouse ao comercio. Despois da súa estadía americana, volveu a Galicia en xuño de 1893. O concello de Ferrol concedeulle unha pensión para continuar os seus estudos en Madrid. Durante os tres anos que permaneceu alí colaborou como ilustrador en Nuevo Mundo.

Volveu a Galicia en 1896 e foi profesor na Escola de Artes e Oficios de Ferrol onde tivo por alumnos a Valentín Castro Díaz e a Felipe Bello Piñeiro. Participou nos faladoiros da Cova Céltica e foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Retratou, entre outros, á raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, a Concepción Arenal (para a Deputación de Ourense), a frei Xoán Xacobe Fernández (para o centro Galego de Madrid), a Eladio Mille Suárez, ó mestre Chané, a José Canalejas, a Manuel Curros Enríquez, a Andrés Comerma e a Juana de Vega. Fixo unha miniatura de marfil de Eduardo VII do Reino Unido. Colaborou no bonaerense Almanaque Gallego de Manuel Castro López de 1900 a 1927. Hai obra súa no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense[1] e no Museo de Belas Artes da Coruña.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Retrato de Alfredo Nan. Vicente Díaz y González" Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
  2. 2,0 2,1 "Díaz González, Vicente" no Museo de Belas Artes da Coruña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]