Saltar ao contido

Vicente Araguas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Araguas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Xuvia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, músico, tradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables

BNE: XX1000704 Bitraga: 237 AELG: 231 BUSC: araguas-vicente-1950 Dialnet: 736638

Vicente Araguas Álvarez, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Inglesa na facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela, doutorándose o 27 de novembro de 2014 na Universidade da Coruña. En 1968 deu os seus primeiros recitais como cantautor, ao tempo que participou nas manifestacións universitarias que se realizaron nese ano en Santiago de Compostela. No seu primeiro disco (1968) gravou as cancións Agora, Poema triste, A cea e Os corpos (texto de Alfredo Conde). No segundo disco (1970) gravou O camaleón e A Léo Ferré, compañeiro e participou no disco colectivo Cerca de mañana (1972).

Participou no histórico recital do 26 de abril de 1968 na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 2000 persoas, con Xavier del Valle, Xerardo Moscoso, Benedicto e Guillermo Rojo. Vicente Araguas interpretou Comunión, A cea e Eles non sabían cantar. Participou na reunión do Hotel Compostela de Santiago na que xorde Voces Ceibes. Tamén participou no recital do 1 de decembro de 1968 no cine Capitol de Santiago.[2]

No curso 1972-1973 deu clases de lingua castelá en Glasgow, e foi alí onde comezou a escribir os seus primeiros poemas que formarán Paisaxe de Glasgow. Desde setembro de 1974 reside en Madrid en Majadahonda.[3]

É profesor emérito no centro educativo Logos (en Las Rozas de Madrid). Comparte este labor co de crítico literario en Leer e Revista de Libros e columnista en Diario de Ferrol, La Región e El Correo Gallego.[4] Por esta última actividade acadou o Premio Reimóndez Portela de Xornalismo.[5] Os seus poemas están en diferentes escolmas de poesía galega, a última, Poetízate, tendo sido traducido ao italiano por Emilio Coco e Sabrina Lembo, ao catalán por Manuel Costa-Pau e ao inglés por Mike Warren-Piper. Acadou igualmente o Premio Patrimonio Musical de Galicia. Dirixe a revista OLGA, de Poesía Galega en Madrid, fundada por Sabino Torres e comandada por Rafa Yáñez e Manuel Pereira Valcárcel. No curso 2017-2018 impartiu un ciclo monográfico na Universidade Complutense sobre "El adulterio femenino en la novela del XIX". Ditando no curso 2018-2019, tamén na UCM, outro acerca de "Mayo del 68: la música y la letra".

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
  • Celso Emilio Ferreiro: Unha fotobiografía (1989). Xerais.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro.
  • Comercial. Poesía galega en Madrid (1998). Edicións Río Xuvia. Poesía.
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube de Galicia. Poesía.
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poesía.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney. Poesía.
  • Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. Relato.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior. Poesía.
  • Seis ferroláns (Vicente Araguas, "Semana Santa Ferrolana") (2003). Edicións Embora. Relato.
  • Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais. Poesía.
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia. Poesía.
  • Poetes gallecs d´avui (antoloxía), Fátima Rodríguez e Xabier Queipo, antologuistas; Costa-Pau Manuel, tradutor (2008). Libres del Segle. Poesía.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña. Crítica literaria.
  • Banqueiros (2012). Laiovento.
  • Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid (2012). Amargord. Poesía.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012). Poesía.
  • Filografias (2013). Lastura.
  • Esferografías, Xavier Frías Conde (coord.) (2014). Lastura.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.
  • Os aforismos do riso futurista (Autores galegos polo aforismo). Francisco Pillado e Xavier Seoane (Coords.) (2017). Edicións Xerais.

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Venticuatro maneras de querer a Brian / Vintecatro maneiras de querer a Brian (2008). Huerga y Fierro Ed. 64 páxs. ISBN 9788483747056. (edición bilingüe, español-galego).
  • Guarda che luna! (2013). Libros de Ariadna.[11] 142 páxs. ISBN 978-84-615-0789-4. (!Mira que luna!)
  • No se llora con la boca llena (Como un verano en Neda) (2014). Sial/ Pigmalión (trad. ao italiano por Sabrina Lembo Non se piange con la bocca piena (Come un´estate a Neda), 2016, Lepisma)
  • Soleá (2016). Sial/ Pigmalión.
  • La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea (2018). Sial/ Pigmalión. (Edición bilingüe)
  • Ayer y todavía (2019). Sial/ Pigmalión.
  • Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa (2020). Sial/ Pigmalión. 50 páxs. ISBN 978-8418333231.[12]
  • Que voy de vuelo (2023) Sial/ Pigmalión. 55 páxs. ISBN 978-84-19370-95-2
  • El deseo aislado (Poesía 2010-2024) (2024), Sial/ Pigmalión. 372 páxs. ISBN 978-84-19928-95-5

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Ada y los ratones colorados (2013). Edicións Embora. Ilustracións: Carmen Fernández Cornejo.
  • Nos dio por llorar mientras llovía (2014). Lastura. Relatos.
  • Ada pierde la cabeza/ Ada perde a cabeza/ Ada loses her head (2015). Sial/ Pigmalión. Iliustracións: Carmen Fernández Cornejo. (Premio Escriduende, Feria del Libro, Madrid, 2015).
  • Los pavos trufados (2018). Lastura. Relatos
  • Viaje al país de la luna (Amadeo I) (2022) Sial/ Pigmalión. Novela..
  • El mundo poético de Bob Dylan (2017). Sial/ Pigmalión
  • Enseñando Poesía en la Escuela (2024) Magíster/ Pigmalión..

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Poesía gallega de hoy (1990). Visor.
  • Fin de un milenio (1991). Ediciones Libertarias. Poesía.
  • A los cuatro vientos (2010). En colaboración con José Ignacio Cadenas, Limam Boicha, Antonio Polo e Juan Antonio Cadenas. Ariadna. Poesía.
  • Huevos revueltos (2012). En colaboración con José Ignacio Cadenas, José Ángel F. Colón, Antonio Polo, Juan Antonio Cadenas. Ariadna. Narrativa breve (Vicente Araguas, El mundo erótico del sexo).
  • Los mejores poemas de amor, Antonino Nieto (coord) (2013). Pigmalion.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana (1996). Huerga y Fierro (narrativa).
  • Verano, de Derek Walcott (1999). Huerga y Fierro (poesía).
  • Antología, de Nuno Júdice (2003). Visor (poesía).
  • Antología poética, de Mário Cesariny (2004). Visor (poesía).
  • El viajero afortunado, de Derek Walcott (2003). Huerga y Fierro (poesía).
  • Quiebros, de Vittorio Gassman (2006). Visor (poesía).
  • Poemas de amor para mujeres borrachas, de Alberto Calligaris (2012). Huerga y Fierro (poesía).
  • El primo Basilio, de Eça de Queiroz (2022), Sial/ Pigmalión (novela).
  • Poema triste / Agora / Os corpos/ A cea (1969). Edigsa. EP. En Os corpos colaborou Alfredo Conde.[13]
  • O Camaleón / A Leo Ferré compañeiro (1972). Edigsa. EP.[14]
  • Cerca de mañana (1972). Disco colectivo, no que participa con A baraxa.
  1. 1,0 1,1 "O lugar onde vou". editorialgalaxia. 
  2. "Vicente Araguas - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  3. "Vicente Araguas". www.aelg.gal. Consultado o 2022-08-04. 
  4. "Vicente Araguas Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-04. 
  5. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-04. 
  6. Mejía, Carmen; Palomares, Verónica (2006-05-19). "Maneiras de querer (2005) de Vicente Araguas". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (en castelán) 9: 133–138. ISSN 1988-3285. 
  7. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Miudiño: Escolma 2001-2012". www.edicionsembora.es (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  8. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Manuel María: un home de mil pezas". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-08-04. 
  9. Xolda.com. "Edicións Embora - Título Agora xa foi". www.edicionsembora.es. Consultado o 2022-08-04. 
  10. Alcalá, Xavier (Xullo, agosto, setembro 2020). "Burradas do 36". Grial. LVIII (227): 67–68. ISSN 0017-4181. 
  11. ""Guarda che luna!", de Vicente Araguas: un poeta enamorado en Italia". Consultado o 2022-08-04. 
  12. "Araguas regresa a la poesía con «Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa», que homenajea a Queirós". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-04-13. Consultado o 2022-08-04. 
  13. "Poema Triste / Agora / Os Corpos / A Cea - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  14. "O Camaleón / A Leo Ferré Compañeiro - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  15. Atlántico (2020-11-16). "El poeta gallego Vicente Araguas, premio Gustavo Adolfo Bécquer 2020". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-11-17. 
  16. culturagalega.org (2020-11-17). "O galardón internacional recoñece o conxunto da obra do autor de Neda". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  17. Moaña, Cristina G.- (2012-03-18). "El padre de todas las músicas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-08-04. 
  18. "Vicente Araguas recibirá mañana el Pedrón de Honra ante la casa de Rosalía de Castro". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-05-19. Consultado o 2022-08-04. 
  19. ""Teño con Neda un amor carnal"". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-04. 
  20. "Vicente Araguas recibe o título de Fillo Predilecto de Neda". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]