Versaleta
Aparencia
A versaleta é o tipo de letra ou carácter que ten forma de maiúscula e tamaño de minúscula.[1]
Usos
[editar | editar a fonte]A letra versaleta emprégase nos seguintes casos:
- Nos apelidos dos autores nas listas bibliográficas.[3]
- P. ex.: Carballo Calero, Ricardo (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea (2 ed.). Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Na numeración romana.
- Nos nomes das personaxes no texto impreso dunha obra teatral.
- P. ex.: Lela: ¡Con non tomar xaropes desta botica...!
- Nos étimos.
- P. ex.: Aceptar < acceptare
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para versaleta.
- ↑ Cathleen ni Houlihan (1902) de Butler Yeats, publicada en galego por Nós (1935) como Catuxa de Houlihan, traducida por Plácido R. Castro, Antón e Ramón Villar: Iglesias, X. (23/8/2014). "Os libros de Ánxel Casal".
- ↑ Castro, E. M.ª; Rodríguez Ricart, M.ª C. "9. A citación e a referencia bibliográfica". Na Universidade, en galego sen dúbida (PDF). Área de Normalización Lingüística, UVI. pp. 109–123. ISBN 978-84-8158-645-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Versaleta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sete palabras da tipografía. 6: Versaleta". Setestrelos. Portal das palabras. RAG e Fundación Barrié. 24/10/2016.
…está recomendado o seu uso nos apelidos dos autores e autoras nas listaxes bibliográficas, na numeración romana cando acompaña un substantivo escrito en minúscula, no nome dos personaxes nas obras dramáticas e mais nos étimos das palabras.
- Área de Normalización Lingüística, Universidade de Vigo (2007). "3.9 As versaletas". Traballo xornalístico na Universidade de Vigo: pautas para un correcto uso da lingua (PDF). pp. 51–52.