Saltar ao contido

Velabrum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa Velabrum
Arco di Giano e san Giorgio Velabrum

En Roma, o Velabro (Velabrum en latín) era a zona que constituía a saída do foro entre os outeiros Capitolino e o Palatino e que levaba ao Forum Boarium.

Cruzábanna dúas rúas principais, o vicus tuscus, ao sul, e o vicus iugarius ao norte. Constaba de dúas partes e por iso algúns autores chamábanna Velabra. Hoxe en día fican o arco dos Cambistas e o arco de Ianus quadrifons.

O Velabrum Minus era outra zona distinta. Estaba situada entre Celio, Aventino e Palatino, era pantanosa e nela se ergueu o coliseo ou anfiteatro Flavio.