Vasilii Molodtsov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1886 Tentyukov (Imperio Ruso) |
Morte | 31 de agosto de 1940 (54 anos) Syktyvkar, Rusia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, activista cultural, mestre |
Vasilii Alexandrovich Моlodtosv (tamén coñecido polo pseudónimo literario Sandrö Vaśö ), nado en Tentyukov o 13 de xaneiro de 1886 e finado en Syktyvkar o 31 de agosto de 1940, foi un escritor en komi, creador do primeiro alfabeto komi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha pequena aldea na contorna de Syktyvkar, na gobernación de Vologda durante o Imperio Ruso. En 1907 graduouse no instituto pedagóxico de Тоtma. No curso 1907—1908 traballou como mestre en Parč e no curso seguinte foi a Petersburgo para realizar cursos de educación xeral. No curso 1910—1911 ensinou na aldea de Mikheyevo no distrito de Totma. Entre 1911 e 1914 completou a súa educación no Instituto Pedagóxico de Petersburgo. Ao rematar realizou a instrución militar e durante o período que ensinou en Noshul' (1914-1917) empezou elaborar un alfabeto para o komi, completándoo ao longo de 1918 ensinándoo no Instituto Pedagóxico dos Komis. Ese alfabeto foi oficial para o komi siriano entre 1918 e 1932 e de novo no período 1936—1938 e para o komi permiano entre 1921 e 1932. O primeiro libro que se publicou con este alfabeto foi un libro de texto para as escolas ensinando este novo alfabeto que xa circulara amplamente polas escolas komis de forma manuscrita dende o ano anterior[1]. A partir de 1919 viviu fóra do territorio dos komis, traballando en varios institutos pedagóxicos soviéticos, aínda que regresou periodicamente. En 1921 publicou unha gramática e ao longo da década desenvolveu un sistema de normas ortográficas. O seu traballo xogou un papel destacado no desenvolvemento da lingua literaria komi, e mesmo o alfabeto latino que substituíu o seu durante un tempo non era máis ca unha transliteración do que el creara[2].
En 1938 as autoridades soviéticas detivérono acusado de ”nacionalismo burgués” morrendo nun campo de prisineiros en 1940.
Obras
[editar | editar a fonte]- Лыԃԃыԍны велӧԁчан (Lyd’d’yśny velödčan). — Сыктывԁін кар, 1920.
- Комі грамаԏіка туј піԍкӧԁыԍ. — 1921.
- Некоторые принципы зырянского правописания. — Усть-Сысольск, 1927.
- К грамматической классификации слов зырянского языка. — Усть-Сысольск, 1928.
- Фонетика зырянского диалекта языка коми. — Moscova, 1929.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vasilli Molodtsov" Arquivado 19 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Arquivo Nacional da República dos Komis
- ↑ Г. В. Федюнева (1998) Коми язык. Энциклопедия Мoscova: Изд-во ДиК, pp. 210-212.