V Televisión
V Televisión | |
---|---|
Inicio das emisións | 30 de maio de 2010 |
Fin das emisións | 1 de xaneiro de 2018 |
Propiedade de | Corporación Voz de Galicia |
Formato da imaxe | 576i (SDTV 16:9) |
Datos de audiencia | 0,5 % (xullo de 2013, VerTele) |
Slogan | A primeira televisión autonómica privada de Galicia |
País | España |
Lingua | Galego e castelán |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Polígono de Sabón, Arteixo Galicia |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | A Coruña (salvo zona de Santiago): 61 Santiago: 40 Lugo: 59 Ourense: 62 Pontevedra: 58 |
Cable | |
R | Dial 119 |
Na rede
| |
Páxina web V Televisión |
V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %.[1]
Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.[2] Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.[3]
Características
[editar | editar a fonte]A cadea da Voz foi a única televisión autonómica privada de capital galego, e dispoñía da última tecnoloxía. Os sistemas operativos permitían editar contidos de maneira simultánea en radio, televisión e Internet. Ademais, non se operaba con cintas, senón con memoria sólida. Todos os traballadores utilizaban materiais dispoñíbeis en rede e os controis de realización e emisión estarán robotizados. O seu obxectivo era ofrecer unha televisión de alta calidade e centrada nos intereses de Galicia.[4]
Esta canle comezou a emitir en probas o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a esta cadea foi do 0,3 %.[1] A partir de maio de 2010, V Televisión comezou a emitir tamén na compañía de cable R.[5]
A súa grella estivo conformada por programas informativos, faladoiros, debates e programas deportivos, entre outros, ademais de programas que xa eran habituais na emisora do Grupo Voz, Radio Voz. Un dos seus programas máis seguidos foi Vía V, dirixido e presentado pola xornalista Fernanda Tabarés, rodeada dun grupo politicólogos, analistas políticos e comentaristas, de maneira ininterrompida desde o principio, desde a redacción de La Voz de Galicia, onde estaba situado o estudo de gravación do programa.[6]
De luns a xoves, ás 10 da noite e durante máis de dúas horas de directo, o programa tomáballe cada día o pulso á actualidade informativa de Galicia, España e o mundo. Por el pasaron máis de 750 entrevistados, entre eles, algunhas das figuras públicas máis destacadas: Xosé Neira Vilas, Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera, Alberto Garzón e Xosé Manuel Beiras, entre outros. Os acontecementos máis importantes dos últimos tempos foron contados en tempo real en Vía V, como o accidente de Angrois, a morte de Hugo Chávez ou o contaxio polo virus do Ébola dunha enfermeira galega, así como todas as eleccións municipais, autonómicas, nacionais e europeas que se celebraron desde 2010. En total, máis de 250 persoas pasaron polo programa para analizar a actualidade durante máis de mil programas.[6]
Nos seus últimos anos, a canle centrouse en emitir en horario de máxima audiencia, o resto de horas, salvo algunhas excepcións, emitía teletenda.
No 2019 La Voz de Galicia, a traves da empresa Medios Digitales de Galicia, renunciou á licenza. A Xunta de Galicia volveuna a sacar a concurso mais tivo que declaralo deserto polo falta de ofertas.[7]
Programación
[editar | editar a fonte]A programación de V Televisión era xeralista.
- Programas informativos: Informativos VTelevisión, Vía V...
- Entretemento: Hai que andar, Ollo de pez, Leopardo das neves, Tu Night, Vaia praia, Última Fronteira, Vaia V...
- Series: Para mariñeiros, nós, The Wire, Presa humana, May day, Border security, Cazadores de pitóns...
- Realities: Perdidos en Galicia, Fóra de pista...
- Divulgación: Máis que petiscos, Van de verde, Ata a cociña...
- Docucoach: Galego con curso...
- Docurreportaxe: Xente Emerxente, De bares en ruta, O gran día, Atréveste?...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "La tele de La Voz se estrea cun residual 0,3 % de audiencia" Arquivado 17 de xullo de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 16 de xuño de 2010 (en castelán).
- ↑ La Voz desmantela Voz Televisión tras retirarle sus socios el apoyo económico Arquivado 16 de abril de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ "V Televisión deixa de emitir". Galicia Confidencial.
- ↑ Constituida la compañía Medios Audiovisuales Gallegos S. L. para desarrollar el canal autonómico de televisión de La Voz, La Voz de Galicia, 31/01/2008. Consultada o 12 de setembro de 2018.
- ↑ particulares.mundo-r.com "V Televisión chega a R en maio" Arquivado 10 de maio de 2010 en Wayback Machine., Mundo R. Consultada o 12 de setembro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 «Vía V» cumple mil programas analizando la actualidad. La Voz de Galicia, 29/02/2016. Consultada o 12 de novembro de 2018.
- ↑ "A Xunta declara deserto o concurso da licenza de TDT privada á que renunciou V Televisión". Praza Pública. 2022-03-11. Consultado o 2022-03-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de V Televisión
- Os primeiros minutos de vida de V Televisión. Con Fernanda Tabarés presentando, 30-05-2010. YouTube.
- Entrevista a Xosé Neira Vilas en Vía V, 5-3-2012. YouTube.
- Entrevista a Xosé Manuel Beiras en Vía V, 17-6-2015. YouTube.
- PP y PSOE pactan para cerrar en falso el accidente de Angrois 3 años después V Televisión, 10-5-2016. YouTube.