Víbora
Víbora Viperinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Víbora de Seoane | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
As víboras, viperinos ou áspides (Viperinae) son unha subfamilia de serpes pezoñentas das que existen diversas especies, de cores nas que predominan as pardas e cinsentas, xeralmente cun debuxo dorsal en zigzag, coa cabeza de forma triangular, ollos con meniña vertical e dous dentes ocos cos que inocula veleno. Xunto cos crótalos (subfamilia Crotalinae), forman a familia dos vipéridos (Viperidae).
Son famosas pola súa pezoña, probabelmente o veleno máis potente entre os animais presentes en Europa; son tamén os animais máis perigosos de Galicia. Durante as guerras púnicas lanzábanse aos buques inimigos no curso das batallas navais, e, até o século XVII, o seu uso como pezoña nos banquetes foi un xeito usual de eliminar os rivais políticos.
Características
[editar | editar a fonte]Son moi velenosas e caracterízanse por pusuíren un par de caninos longos e ocos na parte dianteira da queixada superior. Estes caninos retráense contra o padal cando a boca está fechada e cando esta abre, póñense axiña en posición de atacar a presa, para inxectar un veleno mortal que ataca o sangue e os tecidos.
A cabeza triangular e larga das víboras está cuberta de escamas e os ollos teñen a meniña vertical. A maioría das víboras paren ás súas crías no interior do corpo, é dicir, son ovovivíparas.
Distribución
[editar | editar a fonte]As víboras viven en todo o mundo pola súa gran facilidade de adaptación ao medio, agás Australia, Madagascar e outras illas, e a maioría delas son naturais de África aínda que algunhas tamén se poden atopar en América do Sur.
Especies
[editar | editar a fonte]Entre as moitas especies de víboras europeas en Galicia pódense atopar as seguintes:
- Áspide europeo (Vipera aspis), a máis velenosa das galegas.
- Víbora de Seoane (Vipera seoanei), común en Galicia, tamén na cornixa cantábrica.
- Víbora fociñuda (Vipera latastei), menos común en Galicia.
O uso de soro antipezoñoso (antiofídico) en España e Portugal non é recomendábel agás en casos realmente necesarios e sempre so consideración médica e nun hospital.[1]
A víbora na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Vítor Vaqueiro conta que os mariñeiros de Tomiño, no Baixo Miño, pretendían asegurar unha boa pesca levando na barca unha víbora. Para evitar o risco de picadura, metíana nunha cana que tapaban cunha rolla, e alimentábana con leite que lle daban por un buratiño practicado nesa rolla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martín Sierra, M.C.; Bernal Pérez, M; Bruna Azara, C. & Martí Jiménez, J.I. 1998. Suero antiofídico: ¿peor el remedio que la enfermedad?. Medicina intensiva, 22:148-153.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víbora |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de víbora |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Víbora |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011, 506-507.