Ute Lemper
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1963 (61 anos) Münster, Alemaña |
Actividade | |
Campo de traballo | Musical |
Ocupación | música, actriz de cinema, cantante, actriz de teatro |
Período de actividade | 1987 - |
Xénero artístico | Cabaret (en) , Jazz e música clásica |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Decca Records |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | utelemper.com |
|
Ute Lemper, nada en Münster o 4 de xullo de 1963, é unha cantante e actriz alemá. Interpretou numerosos papeis en musicais, incluída a produción francesa de Cabaret, pola que gañou en 1987 o premio Molière á mellor nova actriz, e Chicago en Londres e Nova York, polo que gañou o premio Olivier de 1998 como mellor actriz nun musical. Tamén é recoñecida pola súa interpretación da obra do compositor Kurt Weill.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lemper naceu en Münster nunha familia católica, filla dun banqueiro e dunha cantante de ópera. Estudou piano, canto e ballet na Academia de Danza de Colonia e teatro clásico no prestixioso Seminario Max Reinhardt de Viena.[1] Máis tarde pasou dous anos no Staatstheater de Stuttgart, onde interpretou obras de Fassbinder e Chekhov, entre outros.
Comezou a cantar desde moi nova en bares de jazz e con dezaseis anos uniuse a un grupo de jazz-rock chamado The Panama Drive Band.[2] En 1983, Andrew Lloyd Weber ofreceulle un papel na produción vienesa do musical Cats, onde alternou papeis.
En 1985 protagonizou o musical Peter Pan en Berlín e máis tarde interpretou o papel de Sally Bowles na produción francesa de Cabaret, dirixida por Jérôme Savary. A súa intervención no papel de Lola na obra The Blue Angel tamén data desta época, aínda que a obra recibiu malas críticas en Alemaña e tras ela mudouse a Nova York.
Maurice Béjart compuxo para ela o ballet La Morte Subite, estreado en París en 1990; tamén participou na montaxe de Pina Bausch Kurt Weill Revue. En 1990 tamén participou con Roger Waters en "The Wall Live in Berlin" trala caída do muro de Berlín onde interpretou "The Thin Ice". En 1991 participou no Festival de Sanremo coa canción The Photograph, escrita polo italiano Enzo Jannacci.
Máis tarde fixo varias aparicións en filme, en papeis máis ou menos relevantes, mais a faceta pola que continuou a ser máis coñecida foi a de cantante. Brillou especialmente co repertorio alemán de entreguerras. Son famosas as súas interpretacións de composicións de Kurt Weill, así como outras que foron interpretadas noutrora por Marlene Dietrich, Édith Piaf e especialmente por Lotte Lenya, musa inspiradora de Weill.
Artista ecléctica e inqueda (ademais de cantar e actuar, realizou varias exposicións de pintura, de estilo neoexpresionista), colaborou con numerosos cantantes e compositores estadounidenses e europeos, incluídos Michael Nyman (con quen realizou o disco Songbook), Tom Waits, Scott Walker, Elvis Costello, Philip Glass ou Nick Cave.
En 2007, Lemper foi xurado en Let's Dance, versión alemá de Dancing with the Stars.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Cats (elenco orixinal alemán, 1983)
- Ute Lemper Singt Kurt Weill (1987)[3]
- Life is a Cabaret (1987)[4]
- Ute Lemper Sings Kurt Weill (1988)[5]
- Starlight Express (elenco orixinal alemán, 1988)[6]
- I Dreamed a Dream (1988)[7]
- Crimes of the Heart (1989)
- Die Dreigroschenoper (1990)
- The Seven Deadly Sins (1990)
- The Wall – Live in Berlin por Roger Waters (canta en The Trial (1990)
- Arielle, die Meerjungfrau (1990)[8]
- Andrew Lloyd Webber Welterfolge (1990)[9]
- Prospero's Books (1991)
- Ute Lemper Live: Ihre Großen Tournee-Erfolge (1991)
- The Michael Nyman Songbook (1991)[10]
- Homo Faber (1991)
- Guarda La Fotografia (1991)
- Ute Lemper Performs Kurt Weill (1991)
- Illusions (1992)
- Prorva (1992)
- Komisch' Wetter (1992)[11]
- Ute Lemper Sings Kurt Weill – Volume 2 (1993)
- Espace Indécent (1993)
- Portrait of Ute Lemper (1995)
- City of Strangers: Songs by Sondheim, Prévert... (1995)
- Die Eisprinzessin (1995)
- Birds in Cages (1995)
- Der Glöckner von Notre-Dame (1996)
- Bogus (1996)
- Berlin Cabaret Songs (versións en inglés e en alemán, 1996/1997)
- Nuits Étranges (1997)
- All That Jazz: The Best of Ute Lemper (1998)
- Chicago (London cast recording, 1998)
- Kurt Gerrons Karussell (1999)[12]
- Punishing Kiss (2000)
- Little Water Song (2000)
- But One Day... (2002, Decca/Universal Classics)
- Blood & Feathers: Live from the Café Carlyle (2005)
- Between Yesterday and Tomorrow (2009)
- Paris Days, Berlin Nights (2012)
- Forever: The Love Poems of Pablo Neruda (2013)
- The 9 Secrets (baseado en textos de Paulo Coelho, 2015)
- Rendezvous With Marlene (2020)
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1985 | Drei gegen drei | Marianne |
1990 | L'Autrichienne | Marie Antoinette |
1990 | Jean Galmot, aventurier | Arlette Simon |
1991 | Prospero's Books | Ceres |
1991 | Pierre qui brûle | Hanna |
1991 | Pierre qui brûle | Hanna |
1992 | Coupable d'innocence ou Quand la raison dort | Catherine Gless |
1992 | Prorva | Anna |
1994 | Bogus | Babette |
1997 | Combat de fauves | Carole Valmer |
1997 | River Made to Drown In | Eva Kline |
1998 | Appetite | Greta |
2014 | Maxia ao luar | Greta |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ute Lemper". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2009. Consultado o 28 de febreiro de 2009.
- ↑ "Ute Lemper: "I Was Never A Punk Person." | City Sound Inertia". Citysound.bohemian.com. 8 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016.
- ↑ Bayer Records: BR 100 018
- ↑ CBS Records 460493
- ↑ Decca/PolyGram Records 425 204
- ↑ CBS Records 462585
- ↑ CBS 651425
- ↑ Polydor/PolyGram Records 847 642
- ↑ Polydor/PolyGram Records 843 648
- ↑ Decca/PolyGram Records 425 227
- ↑ Mood Records 6392
- ↑ Red Moon/WEA 3984-27075
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ute Lemper |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Interview on Australian Radio Arquivado 17 de marzo de 2018 en Wayback Machine. – Interview on SBS Radio
- Video including Lemper's performance as Ariel
- Ute Lemper performs "The Saga of Jenny" por Kurt Weill e Ira Gershwin (dominio público)
- Ute Lemper, entrevista en alemán con imaxes Arquivado 20 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.