Unidad Nacional Castellana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Unidad Nacional Castellana | |
---|---|
Data de fundación | 4 de xaneiro de 1988 |
Data de disolución | 7 de novembro de 1988 |
Sede | Madrid |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unidad Nacional Castellana (UNC) (Unidade Nacional Castelá en galego) foi un partido político castelanista con sede en Madrid. Foi fundado en Motilla del Palancar a finais de outubro de 1987 polos ex-militantes do PANCAL Clemente de los Santos Benito, que foi o seu vicepresidente, Jesús María Rodríguez Sánchez, que foi presidente do partido, e o valisoletano Amador Álvarez Mateo, quen anteriormente chegou a ser candidato ao Senado pola provincia de Segovia co PANCAL. UNC estaba integrado por antigos militantes do PANCAL, por persoas de Castela a Nova, sobre todo de Madrid, de Guadalaxara e de Cuenca, e por algúns emigrantes casteláns en Valencia. Foi inscrito no Rexistro de Partidos Políticos o 4 de xaneiro de 1988.
Unidad Nacional Castellana era un partido centrista que buscaba o recoñecemento de Castela. Aínda que defendía unha Castela de 17 provincias composta por Castela a Vella (con Cantabria e La Rioja), Castela a Nova (incluíndo a Madrid) e León (rexión formada por Salamanca, Zamora e León), deixaba aberta a posibilidade de integrarse en Castela a aquelas rexións españolas que sen ser castelás teñen certas afinidades con Castela, como son Andalucía, Asturias, Estremadura, Murcia e Canarias. Era polo tanto, un partido "pancastelanista", por pretender territorios que nunca pertenceron ao reino medieval de Castela.
Ao igual que outros partidos afíns como Unidad Comunera Castellana (UNCC), co que compartía a maior parte do seu ideario, Unidad Nacional Castellana reflectía nos seus estatutos a loita contra a emigración, ademais da preocupación polo medio rural castelán. Así mesmo defendía o "ideal comuneiro", facendo do día 23 de abril o Día Nacional de Castela.
Unidad Nacional Castellana tivo unha vida moi curta, pois en novembro de 1988 este partido se uniu xunto con antigos militantes do PANCAL e de Unidad Comunera Castellana, ademais de coa asociación cultural castelanista Concello Comuneiro de Barcelona, formada por emigrantes casteláns nesa cidade, e con algúns escritores e intelectuais ligados á editorial Riodelaire como Juan Pablo Mañueco, desembocando toda esta agrupación na creación do partido Tierra Comunera o cal é herdeiro do ideario de UNC e de UNCC. A maior parte dos seus dirixentes e militantes, polo tanto, pasaron a formar parte de Tierra Comunera, como foi o caso por exemplo do conquense Clemente De Los Santos, que foi secretario de Tierra Comunera na súa provincia.
Dada a súa curta esistencia, nunca se presentou a ningunhas eleccións.