US-A
US-A (acrónimo de Upravliaemi Sputnik Aktivnii, ou Satélite Controlado Activamente), coñecidos como RORSAT en occidente, foi unha serie de satélites de recoñecemento mediante radar da Unión Soviética en primeiro lugar e despois de Rusia.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites US-A eran satélites de recoñemento mediante radar adicados fundamentalmente a vixiar os océanos. Os requirimentos de enerxía do sistema de radar fixo que se decidira alimentalos mediante enerxía nuclear. Ao finalizar a súa misión, o compartimento do reactor nuclear separábase e era enviado a unha órbita superior para evitar que caera na superficie terrestre. A pesar diso dous dos satélites non foron capaces de enviar o seu reactor a unha órbita segura: o reactor do denominado Kosmos 954 (US-A 15) acabou caendo sobre Canadá, contaminando 124 000 km2, e o de Kosmos 1402 (US-A 22) caeu sobre o Atlántico Sur.[2][1]
Lanzáronse 32 US-A, un deles fallando en chegar a órbita. Todos foron lanzados desde o cosmódromo de Baikonur mediante foguetes Tsiklon-2. As versións pasivas dos US-A denomináronse US-P e US-PM.[2][1]
US-AO
[editar | editar a fonte]Os satélites da serie US-AO foron satélites de proba para probar tódolos sistemas dos satélites US-A excepto o reactor nuclear. Estaban alimentados mediante baterías e lanzáronse cinco, cun sen conseguir chegar a órbita.[3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[2][1] | Data de lanzamento[2][1] | Foguete lanzador[2][1] | Notas[2][1] |
---|---|---|---|
US-AO 1 (Kosmos 102) | 27 de decembro de 1965 | Soiuz 11A510 | Éxito |
US-AO 2 (Kosmos 125) | 20 de xullo de 1966 | Soiuz 11A510 | Éxito |
US-AO 3 (Kosmos 198) | 27 de decembro de 1967 | Tsiklon-2A | Éxito |
US-AO 4 (Kosmos 209) | 22 de marzo de 1968 | Tsiklon-2A | Éxito |
US-AO 5 (Kosmos 265) | 25 de xaneiro de 1969 | Tsiklon-2A | Fallo |
US-A 1 | 3 de outubro de 1970 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 2 | 1 de abril de 1971 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 3 | 25 de decembro de 1971 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 4 | 21 de agosto de 1972 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 5 | 25 de abril de 1973 | Tsiklon-2 | Fallo |
US-A 6 | 27 de decembro de 1973 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 7 | 15 de maio de 1974 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 8 | 17 de maio de 1974 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 9 | 2 de abril de 1975 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 10 | 7 de abril de 1975 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 11 | 12 de decembro de 1975 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 12 | 17 de outubro de 1976 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 13 | 21 de outubro de 1976 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 14 | 16 de setembro de 1977 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 15 | 18 de setembro de 1977 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 16 | 29 de abril de 1980 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 17 | 5 de marzo de 1981 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 18 | 21 de abril de 1981 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 19 | 24 de agosto de 1981 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 20 | 14 de maio de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 21 | 1 de xuño de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 22 | 30 de agosto de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 23 | 2 de outubro de 1982 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 24 | 29 de xuño de 1984 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 25 | 31 de outubro de 1984 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 26 | 1 de agosto de 1985 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 27 | 23 de agosto de 1985 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 28 | 21 de marzo de 1986 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 29 | 20 de agosto de 1986 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 30 | 18 de xuño de 1987 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 31 | 12 de decembro de 1987 | Tsiklon-2 | Éxito |
US-A 32 | 14 de marzo de 1988 | Tsiklon-2 | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "US-A" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "US-A" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "US-AO" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2024.