Saltar ao contido

Traffic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traffic
Traffic en 1973
OrixeBirmingham, Inglaterra Inglaterra
Período1967 - 1969
1970 - 1974
1994
2004
Xénero(s)rock progresivo, rock psicodélico, jazz rock, folk rock
Selo(s) discográfico(s)Island, United Artists, Oikydor, Virgin, Wincraft, Epic
Na rede
IMDB: nm0870605 Facebook: Traffic-351076751693946 Twitter: trafficee Youtube: UC9-TmT1ycGeX1hZ3dUQfy9Q Souncloud: traffic-official Spotify: 1CD77o9fbdyQFrHnUPUEsF Last fm: Traffic Musicbrainz: 9fadfba9-ecae-4383-a4d8-47b043cea19a Songkick: 211165 Discogs: 64748 Allmusic: mn0000012472 Deezer: 6126 Genius: Traffic-uk Editar o valor en Wikidata

Traffic foi unha banda inglesa formada en Birmingham[1] en abril de 1967 por Steve Winwood, Jim Capaldi, Chris Wood e Dave Mason.[2] Comezou como un grupo de rock psicodélico e diversificou o seu son usando instrumentos como teclados (como Mellotron e clavicémbalo), sitar, e various instrumentos de palleta, e por incorporar jazz e técnicas de improvisación á súa música.[2]

A banda tivo un éxito temperán no Reino Unido co seu álbum de estrea Mr. Fantasy e os sinxelos "Paper Sun", "Hole in My Shoe", e "Here We Go Round the Mulberry Bush", non incluídos en álbums.[1] O seu álbum autotitulado de 1968 foi o máis exitoso no Reino Unido e contaba cunha das súas cancións máis populares, aamplamente versionada "Feelin' Alright?". Dave Mason deixou a banda pouco despois do lanzamento do disco, e Steve Winwood fixo o mesmo no seguinte ano para unirse ao supergrupo Blind Faith, disolvéndose Traffic. En 1969 publicouse un álbum recompilatorio con gravacións de estudio e ao vivo chamado Last Exit.

En 1970 Blind Faith tamén foi disolta e Winwood reuniuse con Chris Wood e Jim Capaldi no proceso de gravar un álbum en solitario, o que levou a Traffic a reformarse editando o disco John Barleycorn Must Die como álbum de regreso. O disco converteuse no maior éxito da banda nos Estados Unidos ata ese momento, chegando ao número 5. O seu seguinte traballo, The Low Spark of High Heeled Boys (1971), foi platino nos Estados Unidos e fíxose popular na radio FM, situando a Traffic como unha banda líder do rock progresivo. Shoot Out at the Fantasy Factory de 1973 e When the Eagle Flies de 1974 estiveron entre os 10 mellores álbums do grupo nos Estados Unidos, e foron discos de ouro, aínda que ningún deles vendeu ben no Reino Unido. En 1974 a banda separouse novamente.

Unha reunión parcial, con Winwood e Capaldi xunto con varios músicos novos, tivo lugar e 1994.[2] Nos anos intermedios Steve Winwood tivo unha exitosa carreira en solitario, con varios sinxelos e álbums exitosos durante os anos 80. Dave Mason tivo a súa propia carreira en solitario conseguindo algúns éxitos menores nos 70, tocando como músico de sesión con varias bandas, e sendo brevemente membro de Fleetwood Mac en 1995 e Ringo Starr & His All Starr Band en 1997. Jim Capaldi tamén tivo algúns éxitos menores nos 70 no Reino Unido pero non tivo tanto éxito no estranxeiro. Noas anos 90 Capaldi traballou principalmente como compositor, traballando con Santana e The Eagles. Chris Wood fixo algún traballo esporádico como músico de sesión tras a separación de Traffic en 1974 e morreu en 1983. Traffic foi incluída no Rock and Roll Hall of Fame en 2004.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Mr. Fantasy 1967 Island Records
Traffic 1968 Island Records
Last Exit 1969 Island Records
John Barleycorn Must Die 1970 Island Records
The Low Spark of High Heeled Boys 1971 Island Records
Shoot Out at the Fantasy Factory 1973 Island Records
When the Eagle Flies 1974 Island Records
Far from Home 1994 Virgin Records
  1. 1,0 1,1 Strong, M. C. (2000). The great rock discography (5th ed ed.). Edinburgh: Mojo Books. pp. 999–1000. ISBN 1-84195-079-3. OCLC 44184348. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Traffic Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-13. 
  3. "Traffic". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 2022-12-13.