Saltar ao contido

Tracking and Data Relay Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maqueta dun satélite TDRS.

Tracking and Data Relay Satellite ou TDRS é unha serie de satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria dos Estados Unidos usado para dar cobertura a satélites artificiais e naves espaciais en órbita terrestre.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A rede de satélites TDRS da servizo a satélites militares e científicos dos Estados Unidos e deu servizo aos transbordadores espaciais. Permiten manter contacto en todo momento cos vehículos en órbita sobre calquera punto do planeta sen depender de estacións terrestres. Os satélites TDRS caracterízanse por estar alimentados por paneis solares e dispoñer de dúas grandes antenas parabólicas, ademais doutras máis pequenas. A serie de satélites vai pola terceira xeración.[1]

TDRS 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7 (TDRS A, B, C, D, E, F e G)

[editar | editar a fonte]

Os primeiros seis satélites TDRS supuxeron poder manter contacto case permanente con naves ó longo de toda a súa órbita. Cos seis satélites despregados se podía seguir ata 25 vehículos en órbita á vez. Estabilízanse nos tres eixos, teñen unha masa de 2268 kg e usan un deseño modular para reducir custos. Foron fabricados por TRW e os seus paneis xeneran ata 1700 W de potencia que alimentan baterías de níquel-cadmio usadas nos momentos de eclipse. Cada satélite usa varios transpondedores en banda C, banda S e banda Ku. Os seis primeiros TDRS foron lanzadores mediante transbordadores espaciais, co primeiro quedando nunha órbita máis baixa do planeada ao fallar a etapa de propelente sólido que debía levalo á órbita xeoestacionaria (á que chegou máis tarde usando os propulsores do propio satélite) e co segundo sendo destruído no accidente do transbordador espacial Challenger. TDRS 7, lanzado en 1995, foi construído como substituto de TDRS 2.[1][2][3]

TDRS 7 na bodega do transbordador Discovery.

TDRS 8, 9 e 10 (TDRS H, I e J)

[editar | editar a fonte]

A segunda xeración de satélites TDRS foi construída por Boeing Satellite Systems. Son tres satélites de 3192 kg de masa que usan o bus BSS-601 e lanzados entre 2000 e 2002 usando foguetes Atlas 2A. Ademais de transpondedores en banda S e Ku levan transpondedores en banda Ka para aumentar a súa capacidade, chegando a poder recibir a 800 Mbps e a transmitir a 25 Mbps. Os seus paneis solares xeneran ata 2300 W de potencia, usando baterías de hidruro de níquel.[1][4]

TDRS 11, 12 e 13 (TDRS K, L e M)

[editar | editar a fonte]

A terceira xeración de satélites TDRS foi tamén construída por Boeing pero usando o bus BSS-601HP, cunha masa de 3454 kg. Foron lanzados entre 2013 e 2017 usando foguetes Atlas 5.[1][5]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
TDRS 1 4 de abril de 1973 Transbordador espacial Challenger Éxito
TDRS 2 28 de xaneiro de 1986 Transbordador espacial Challenger Fallo. Destrución do transbordador.
TDRS 3 29 de setembro de 1988 Transbordador espacial Discovery Éxito
TDRS 4 13 de marzo de 1989 Transbordador espacial Discovery Éxito
TDRS 5 2 de agosto de 1991 Transbordador espacial Atlantis Éxito
TDRS 6 2 de agosto de 1991 Transbordador espacial Endeavour Éxito
TDRS 7 13 de xullo de 1995 Transbordador espacial Discovery Éxito
TDRS 8 30 de xuño de 2000 Atlas 2A Éxito
TDRS 9 8 de marzo de 2002 Atlas 2A Éxito
TDRS 10 5 de decembro de 2002 Atlas 2A Éxito
TDRS 11 31 de xaneiro de 2013 Atlas 5 Éxito
TDRS 12 24 de xaneiro de 2014 Atlas 5 Éxito
TDRS 13 18 de agosto de 2017 Atlas 5 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2022). "TDRS" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TDRS 1, 2, 3, 4, 5, 6 (TDRS A, B, C, D, E, F)" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TDRS 7 (TDRS G)" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TDRS 8, 9, 10 (TDRS H, I, J)" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TDRS 11, 12, 13 (TDRS K, L, M)" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]