Saltar ao contido

Torre de Marce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Marce
ConcelloPantón
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°31′07″N 7°42′10″O / 42.51866667, -7.70290278
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (século IX)
Estilo actual? (século XV)
Estado actualEn ruínas. Visitable
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce na parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na Comarca de Terra de Lemos.

Os veciños de Marce recordan que era parte dun castelo, o Castelo de Marce, tan alto que polas mañás a súa sombra chegaba alén do río Miño e facía sombra á igrexa de Chouzán. Tamén recordan que xunto coa aldea pertencía ao Conde de Lemos e que era de moita importancia por atoparse nunha zona de alto valor estratéxico para a comarca.

Aparece por primeira vez en fontes escritas no ano 841, na que hai mención da existencia dun castelo, novamente mencionado en 1158 pero co nome de Castelo do Miño.

O nome de Castelo de Marce aparece na escritura na que o rei Fernando II confirma, en 1164, as doazóns que fixeran os seus proxenitores á igrexa de Lugo, ó precisar os lindeiros do couto de Atán.

No ano 1480 era dono Lopo Alfonso de Marceo, que calzaba esporas de ouro, vestía de veludo e adornábase con colares de ouro. Propietario de tres lugares: Monforte, Roucos e Sarria.

Segundo Castellá Ferrer na súa obra de 1610 Historia del Glorioso Apóstol Santiago, pertenceu a Lope Alonso López e ó seu fillo Alonso López que mantiveron enfrontamentos e rivalidades con don Pedro Garza de Castillón e co duque de Arjona don Fadrique de Castro. Comenta Castellá que viu o castelo, o cal constaba dunha torre, un palacio desmantelado, un foso e proteccións de terra.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os restos da antiga fortificación sitúanse no extremo sueste do lugar de Marce, sobre un terreo de pronunciada pendente.

O que se conserva da torre atópase entre construcións máis recentes. Trátase dunha construción de planta cadrada de 7,5 metros de lado e 7 metros de altura na súa parte máis alta e 4 metros na súa parte máis baixa. Cuberta por un tellado a unha soa auga.

Divídese en dúas plantas separadas por un pavimento de madeira. E a planta máis baixa atópase baixo o terreo. Está construída con pedra de granito moi basta e as súas paredes teñen 120 centímetros de espesor.

Na actualidade tres dos seus lados están rodeados por construcións modernas de pedra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]