Topeka, Kansas
Topeka (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Kansas | ||||
Condado | Condado de Shawnee (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 126.587 (2020) (795,17 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 54.092 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Topeka metropolitan area (en) (Poboación:233.152) | ||||
Superficie | 159,195366 km² | ||||
Auga | 2,1119 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Rio Kansas (pt) | ||||
Altitude | 288 m | ||||
Creación | 1854 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Topeka, Kansas (en) | Michael Padilla (pt) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 785 | ||||
Páxina web | topeka.org |
Topeka é a capital do estado de Kansas en Estados Unidos. É a cuarta cidade máis grande do estado de Kansas, por detrás de Wichita, Overland Park e Kansas City. Tamén é a capital do Condado de Shawnee, que é foi chamado así xa que era o territorio que orixinalmente ocupaban os indios shawnee. Segundo o censo do ano 2006, conta cunha poboación de 122.113 habitantes.
O nome Topeka é unha palabra utilizada polos nativos americanos que significa "bo lugar para cultivar patacas". Tres barcos da Armada dos Estados Unidos foron nomeados USS Topeka en honra á cidade. O 1 de marzo de 2010, o Alcalde de Topeka, Bill Bunten emitiu unha proclama pedindo que Topeka fose coñecida durante todo o mes como "Google, Kansas" ou máis concretamente: "Google, Kansas, the capital city of fiber optics" (do inglés: Google, Kansas, a capital da fibra óptica). Isto foi unha estratexia para axudar a "apoiar os esforzos para introducir na cidade o experimento de Google coa fibra óptica", aínda que non foi un troco de nome legal. Avogados asesoraron ao consello de cidade e ao alcalde en contra do troco de nome.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o censo do ano 2006, a cidade contaba con 122.113 habitantes, cuxo orixe étnica era o seguinte:
- 78,52% Raza branca
- 11,71% Raza negra
- 8,86% Hispanoamericanos
- 3,26% Multiraciais
- 1,31% Nativos americanos
- 1,09% Asiáticos
- 0,04% Polinesios
- 4,06% outras orixes
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Altitude: 288 metros.
- Latitude: 39º 02' 53" N
- Lonxitude: 095º 40' 40" O
As coordenadas xeográficas de Topeka son 39°03′N 95°41′O / 39.050, -95.683.