Tom Meschery
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1938 (85 anos) Harbin, República Popular da China | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Lowell High School (en) Universidade de Iowa Saint Mary's College of California (en) University of Nevada, Reno (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 98 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto, poeta, mestre | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1961 - 1971 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | Reno High School (en) (–2005) Carolina Cougars (en) (1971–1972) Seattle SuperSonics (1967–1971) Golden State Warriors (1961–1967) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Golden State Warriors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Matthew Meschery | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Thomas Nicholas "Tom" Meschery, nado Tomislav Nikolayevich Meshcheryakov (en ruso: Томислав Николаевич Мещеряков) o 26 de outubro de 1938 en Harbin, Manchuria (actual China), é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto ruso-estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sétimo posto da primeira rolda do Draft da NBA polos Philadelphia Warriors en 1961. Alí xogou durante seis temporadas, sendolle retirado o seu dorsal 14 na súa honra. Posteriormente, e antes da súa retirada, xoga durante catro temporadas nos Seattle SuperSonics. Foi o primeiro ruso en competir nunha liga profesional norteamericana. Tras a súa etapa deportiva, e téndose graduado en arte, foi profesor de instituto e un destacado poeta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Nado na China, os seus pais foron emigrantes rusos que fuxiron da Revolución rusa de 1917. Posteriormente foron recolocados nun campo de internamento xaponés próximo á cidade de Toquio durante a segunda guerra mundial. Ao acabar esta, os seus pais emigraron aos Estados Unidos, estabelecéndose en San Francisco, California.
Universidade
[editar | editar a fonte]Meschery xogou cos Gaels do Saint Mary's College, onde en 1960 foi elixido no terceiro equipo All-American.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido o sétimo posto do Draft da NBA de 1961 polos Philadelphia Warriors onde coincidiu con Wilt Chamberlain, xogador a quen anos máis tarde adicaría un dos seus poemas. Meschery deixou aos Warriors anos despois de trasladarse o equipo a San Francisco en 1965, para volver á súa Filadelfia natal e xogar cos 76ers. Con todo os Warriors, con Meschery como un dos seus puntais, e coa chegada de Rick Barry, chegaron ás finais da NBA, perdendo precisamente cos 76ers. Tras a final asinou un contrato con Seattle SuperSonics, onde pasou catro tempadas, para retirarse en 1971. Nos seus 10 anos como profesional fixo unha media de 12,7 puntos e 8,6 rebotes por partido.
Nada máis retirarse fíxose coas rendas de adestrador dos Carolina Cougars, equipo da ABA, onde permaneceu unha tempada, cun balance de 35 vitorias e 49 derrotas.[1]
Equipos
[editar | editar a fonte]- Philadelphia Warriors (1961-1962)
- San Francisco Warriors (1962-1967)
- Seattle SuperSonics (1967-1971)
Logros
[editar | editar a fonte]- Unha vez All-Star da NBA (1963).
- Número 16 retirado por Golden State Warriors.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Basketball Reference (ed.). "Tom Meschery coatching record" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2015. Consultado o 18 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Tom Meschery en Warriors History
- Estatísticas de Tom Meschery como xogador Arquivado 11 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- Estatísticas de Tom Meschery como adestrador Arquivado 17 de xullo de 2015 en Wayback Machine.
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia Warriors
- Xogadores dos Philadelphia Warriors
- Xogadores dos San Francisco Warriors
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Nados en 1938
- Nados en Heilongjiang