Saltar ao contido

Tirant lo Blanc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tirant lo Blanc
Páxina introdutoria de Tirant lo Blanch
Título orixinalTirant lo Blanch
Autor/aJoanot Martorell
OrixeReino de Valencia
Lingualingua catalá
Xénero(s)novela cabaleiresca
EditorialMartí Joan de Galba
Data de pub.20 de novembro de 1490
editar datos en Wikidata ]
Portada da tradución castelá de 1511.

Tirant lo Blanc, Tirant lo Blanch no texto orixinal (en galego pode ser traducido como Tirant o Branco) é a obra máis importante do escritor valenciano Joanot Martorell e acabada polo cabaleiro tamén valenciano Martí Joan de Galba.[1] Está considerada a mellor novela en lingua catalá. Semella que foi escrita entre o 1460 e o 1464, foi publicada en Valencia no ano 1490 e reimpresa en Barcelona en 1497. Durante o século XVI foi traducida ao castelán (1511) e ao italiano (1538), máis tarde ao francés (1737) e modernamente ao inglés (1984) e a moitas outras linguas.

Ignorase se Joanot Martorell ao morrer acabara a súa obra; o que se pensaba é que cando se publicou en Valencia en 1490 foi máis ou menos retocada por Martí Joan de Galba, segundo dicía o colofón da obra. O filólogo Joan Coromines i Vigneaux opinaba que a intervención de Galba limitárase a:

  • Interpolar algún episodio durante a estancia de Tirant no imperio bizantino;
  • Refacer algúns capítulos da estadía do protagonista en Barbària;
  • Ampliar o epílogo;
  • Dividir o texto en capítulos aos cales puxo título.

É dicir, o posíbel traballo de Galba sería, segundo Coromines, o dun "pulidor" que en ningún intre alterou de xeito substancial o contido da novela.

Hoxe, case tódolos estudosos do tema abandonaron esta idea e hai quen pensa que quen puido modificar o manuscrito de Joanot Martorell puido ser Joan Roís de Corella. Doutra banda, na folla que se atopou do manuscrito da obra mostra, vese claramente que non foi Galba quen introduciu os títulos dos capítulos, o cal contradí o cuarto punto de Coromines e é un elemento máis en contra da coautoría de Galba.

As variacións e contradicións no estilo pódense explicar facilmente pola extensión da obra e as posíbeis distraccións do novelista. A única relación que Martí Joan de Galba debeu ter coa obra sería o pagamento polo empeño que lle deixou a Martorell, porque en realidade Galba era só un prestamista de cartos e non era ningún literato.

Itinerarios

[editar | editar a fonte]

A novela comeza coas aventuras do cabaleiro ermitán Guillem de Vàroic, o cal recibe a visita de Tirant, que se dirixe a un torneo con motivo da voda do rei de Inglaterra e do cal será o absoluto gañador. Empurrado polo ermitán sobre a cabalería, Tirant marcha cos seus acompañantes a Francia e máis tarde a Sicilia, para liberar Rodas do asedio dos turcos. Despois, é chamado a Constantinopla onde Tirant chega a ser cabeza dos exércitos bizantinos, que tamén tentan evitar ser invadidos polos turcos. Un naufraxio lévao ao Norte de África, onde pasará unha serie de aventuras que o farán pasar de prisioneiro a evanxelizador de tódolos habitantes da zona. Despois volve a Constantinopla, que ceiba definitivamente dos invasores. Finalmente casa coa filla do emperador, a princesa Carmesina, que tentara seducir dende a súa chegada, e é nomeado Cesar do Imperio. O matrimonio falece pouco despois; Tirant vítima dunha enfermidade e Carmesina de do pola morte do seu marido.

Á par que a acción militar de Tirant corre a acción amorosa; acción amorosa non só de Tirant e Carmesina senón da dos outras personaxes: a de Diafebus e Estefania, a da emperatriz e Hipòlit, a do emperador e as doncelas do palacio, a do príncipe Felip con Ricomana e as extraordinarias colaboracións de Plaerdemavida e os estorbos da Viúva Reposada. Esta multiplicidade de accións mantén ao lector sempre atento e evita caer no aborrecemento que poderían provocar algúns capítulos demasiado asañados, a causa dos convencionalismos retóricos dea época.

Modernidade da obra

[editar | editar a fonte]

Tirant lo Blanc é a primeira novela dentro da literatura universal onde aparece un heroe de ficción de "carne e oso". É dicir, personaxes cotiás, con sentimentos e defectos. A obra é o resultado da suma de moitas novelas con máis ou menos entidade propia cada unha, vertebrades pola presenza do protagonista, por unha lingua común e por unha visión totalizadora do mundo. Pódese falar, pois, dunha certa fragmentación estrutural que non afecta o sentido unitario da novela. E, do mesmo xeito, poden falar da rotura que o Tirant representa respecto da narrativa anterior. En efecto, supón o abandono case definitivo dos ideais medievais (relixión, cabalería) e a apropiación rápida dos ideais burgueses (pracer, razón, humor) pola cal non se pode considerar Tirant lo Blanc un libro de cabalarías convencional.

Outro signo de modernidade é, coma no Curial e Güelfa, a explicación dos feitos mediante a lóxica e a razón e non mediante a fe e os seus misterios. Así, a novela é un compendio extraordinario de estratexia militar e de utilización científica dos elementos da natureza.

Máis importantes que as escenas de batallas e de festas cortesás, son as escenas da vida diaria, nas cales os protagonistas móstranse tal e como son realmente, despoxados de todo artificio, con toda a sinxeleza e espontaneidade de que os homes son capaces. Estas escenas veñen apoiadas no sensualismo de que está impregnada a obra, con incursións frecuentes no erotismo, e pola alternancia narración-diálogo. A sensualidade e o erotismo responden a unha filosofía vitalista totalmente afastada da inmoralidade e a a condición de adolescentes e xoves das personaxes principais. A narración en terceira persoa diálogo responde á vontade por parte do autor de crear unha atmosfera de verosimilitude mediante a rapidez, a expresividade, a ironía e a naturalidade.

No Tirant a cabalería entrou en crise; restan aínda as formas externas, os torneos, os ideais de fe e de honra, mais desapareceu a ficción para deixar paso á historia contemporánea. Tamén é novo xeito de expresarse, agora xa segundo as normas da prosa renacentista á cal era tan achegada á alta sociedade valenciana do século XV: ton solemne e oratorio, largos parlamentos retóricos, lamentacións, intercambios de cuestión e respostas etc. Contrariamente, o ideario burgués é expresado nun ton coloquial, dinámico e mordaz (ironía, comparacións...) que da aos lectores a pauta de comportamento (a psicoloxía) das personaxes.

Coma nota anecdótica pero transcendente, no Quixote de Miguel de Cervantes, o Tirant el Blanc é un dos libros que o barbeiro e capelán da vila de Quixote salvan da queima da biblioteca. Segundo o mesmo capelán:

Dígoos verdad, señor compadre, que, por su estilo, es éste el mejor libro del mundo: aquí comen los caballeros, y duermen, y mueren en sus camas, y hacen testamento antes de su muerte, con estas cosas de què todos los demás libros deste género carecen.

Tirant lo Blanc e o blaverismo

[editar | editar a fonte]

Na dedicatoria que fai Joanot Martorell do Tirant lo Blanc ao Príncipe Don Ferrando de Portugal, fai unha das primeiras mencións á lingua valenciana na literatura. Concretamente, este afirma:

..., me atreviré expondre, no solament de llengua anglesa en portuguesa, mas encara de

portuguesa en vulgar valenciana: per ço que la nació d'on jo só natural se'n puixa alegrar e

molt ajudar per los tants e tan insignes actes com hi són; ...

Por esta sentenza, o Tirant lo Blanc foi moitas veces preso como estandarte do blaverismo en defensa dunha independizada lingua valenciana coma entidade diferente da lingua catalá.

Obras diversas que se inspiran de Tirant lo Blanc

[editar | editar a fonte]
  1. "Tirant lo Blanc". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]