Saltar ao contido

Tiergarten

Imaxe do Tiergarten

O Tiergarten (literalmente, Xardín dos animais) é o nome dun parque e dun barrio situado no distrito de Mitte, na cidade alemá de Berlín. Con 210 hectáreas de extensión é o xardín urbano máis grande de Berlín e o segundo de Alemaña tras o Englischer Garten de Múnic.

Inicialmente concibido como coto de caza dos Príncipes electores de Brandeburgo, foi convertido nun parque moderno polo arquitecto alemán Peter Joseph Lenné no 1830. Entre 1961 e 1989 a beira leste do parque estivo presidida polo Muro de Berlín.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
O Sowjetisches Ehrenmal.

O parque está encaixado entre a Porta de Brandeburgo polo leste e a Porta de Charlottenburg polo oeste, unidas ámbalas dúas pola Strasse des 17. Juni, que o atravesa. No centro do mesmo érguese a Siegessäule (Columna da Vitoria), deseñada no 1864 para conmemorar as vitorias militares prusianas. Cara ao leste atopámonos co Sowjetisches Ehrenmal (Memorial dos Soviéticos), conxunto monumental construído pola Unión Soviética na lembranza dos 80.000 soldados desa nacionalidade que faleceron na batalla de Berlín que puxo fin á segunda guerra mundial; xa no límite do parque levántanse o Reichstag e o Bundestag. Fóra dos seus límites pero preto, no lado sur, sitúanse a Potsdamer Platz e o Memorial do Holocausto. Por último, no curruncho suroccidental está o zoolóxico de Berlín.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Berlín (2006). Guías de National Geographic.