Saltar ao contido

The Magilla Gorilla Show

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Magilla Gorilla Show
Creado porWilliam Hanna
Joseph Barbera
Escrito porWarren Foster
Michael Maltese
Dalton Sandifer
Dirixido porWilliam Hanna
Joseph Barbera
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios31
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
William Hanna
Joseph Barbera
Produtor(es)William Hanna
Joseph Barbera
DistribuidorScreen Gems (1964–1974)
Columbia Pictures Television (1974–1981)
Worldvision Enterprises (1981–1989)
Great American Broadcasting (1989–1991)
Turner Program Services (1991–1996)
Warner Bros. Television Distribution (1996–presente)
Emisión orixinal
Canle de orixeSyndicated
Primeiro episodio14 de xaneiro de 1964
Derradeiro episodio25 de decembro de 1965
Na rede
IMDB: tt0060004 TV.com: shows/magilla-gorilla Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Magilla Gorilla Show é o nome dun show de debuxos animados producido por Hanna-Barbera entre 1964 e 1967 cun protagonista do mesmo nome. Os personaxes da serie eran animais debuxados por Hanna-Barbera. No caso concreto do protagonista, o Gorila Maguila, ía ataviado cun pantalóns curtos, un sombreiro pequecho e máis algúns accesorios. Maguila gañou popularidade no público infantil, chegando a aparecer en O clan de Yogui así como na nova serie de Adult Swim, Harvey Birdman, avogado.

O Gorila Maguila, pasa o tempo refocilando, comendo bananas e descansando na vitrina frontal da tenda de mascotas do señor Peebles, quen malia ter baixado considerabelmente o prezo de venda do Gorila, soamente consegue empaquetarllo aos distintos ladróns que botan man del para atracar bancos ou ás axencias que precisan, por estraños motivos, dunha mascota para os seus produtos. De calquera maneira, os compradores sempre terminan por devolver a Maguila, forzando ao pobre señor Peebles a lles devolver os cartos, que xa de por si non son gran cousa. No entanto, existe unha clienta que mostra o máximo interese na adquisición do gorila: a súa mellor amiga, Ogee, unha rapariga que lamentabelmente nunca ten diñeiro abondo para se facer con el.

Maguila Gorila noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Inglés: Magilla Gorilla
  • Portugués (brasileiro): Maguila, o Gorila
  • Xaponés: ゴリラのゴンちゃん (Gorira no Gon-chan)
  • Finés: Magilla Gorilla
  • Polaco: Goryl Magilla