The Hunger Games: Catching Fire
The Hunger Games: Catching Fire | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Catching Fire |
Director | Francis Lawrence |
Produtor | Nina Jacobson Jon Kilik |
Guión | Simon Beaufoy Michael deBruyn |
Baseado en | Catching Fire de Suzanne Collins |
Intérpretes | Jennifer Lawrence Josh Hutcherson Liam Hemsworth Woody Harrelson Elizabeth Banks Lenny Kravitz Philip Seymour Hoffman Jeffrey Wright Stanley Tucci Donald Sutherland |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Jo Willems |
Montaxe | Alan Edward Bell |
Estudio | Color Force |
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | Estrea de Londres: 11 de novembro de 2012 22 de novembro de 2013 |
Duración | 146 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, Aventuras |
Orzamento | $130–140 000 000[2][3][4] |
Recadación | $864 600 000[2] |
Filme anterior | Os xogos da fame |
Filme seguinte | The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 |
Na rede | |
http://www.catchingfiremovie.com/ | |
The Hunger Games: Catching Fire é un filme estadounidense de acción e ciencia ficción baseado na novela de Suzanne Collins, Catching Fire, a segunda parte da triloxía The Hunger Games. O filme da tetraloxía The Hunger Games é a secuela de Os xogos da fame, producida por Nina Jacobson e Jon Kilik e distribuída por Lionsgate no 2013. Francis Lawrence dirixiu o filme, cun guión de Simon Beaufoy e Michael Arndt. Ademais do elenco protagonista do anterior filme, incorpóranse Philip Seymour Hoffman, Jeffrey Wright, Sam Claflin, Lynn Cohen, Jena Malone, Amanda Plummer, Alan Ritchson e Meta Golding.
O argumento de Catching Fire ten lugar uns poucos meses despois do remate do primeiro filme. Katniss Everdeen volveu ó seu fogar despois de gañar os 74º Xogos da Fame Anuais, xunto co seu compañeiro Peeta Mellark. Ó longo da historia, Katniss decátase de que está a xurdir unha rebelión nos distritos contra o opresivo Capitolio. A rodaxe comezou o 10 de setembro de 2012 en Atlanta, Xeorxia, antes de trasladarse a Hawai.
The Hunger Games: Catching Fire foi estreado o 15 de novembro de 2013 no Brasil, o 20 de novembro en Finlandia, Suecia e Noruega, o 21 de nomvebro no Reino Unido, e o 22 de novembro nos Estados Unidos. Conseguiu ser o décimo filme con maior recadación de tódolos tempos [5] e o primeiro das carteleiras de 2013, sendo o primeiro filme en 2-D dende O cabaleiro escuro (2008) con máis recadación do seu ano, así como por ter unha protagonista feminina, cousa que non se producía dende O exorcista (1973). En todo o mundo, conseguiu $864 millóns.
Catching Fire recibiu boas críticas e está mellor considerado que o seu predecesor, e tamén foi destacada a interpretación de Lawrence como Katniss. Foi nomeado a numerosos premios, ós "Broadcast Film Critics Association" como Mellor filme de acción, e ós Premios Saturn como mellor filme de ciencia ficción. Pola súa interpretación, Lawrence foi nomeada por segunda vez ós Premios Empire como mellor actriz, así como ós Saturn e ós Broadcast Film Critics Association. A canción "Atlas" foi nomeada ós Premios Grammy e ós Globos de Ouro como Mellor canción orixinal.
A súa secuela, The Hunger Games: Mockingjay – Part 1, foi estreada o 21 de novembro de 2014 nos Estados Unidos.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Jennifer Lawrence como Katniss Everdeen
- Josh Hutcherson como Peeta Mellark
- Liam Hemsworth como Gale Hawthorne
- Woody Harrelson como Haymitch Abernathy
- Elizabeth Banks como Effie Trinket
- Lenny Kravitz como Cinna
- Philip Seymour Hoffman como Plutarch Heavensbee
- Jeffrey Wright como Beetee Latier
- Stanley Tucci como Caesar Flickerman
- Donald Sutherland como Presidente Snow
- Toby Jones como Claudius Templesmith
- Willow Shields como Primrose Everdeen
- Sam Claflin como Finnick Odair
- Lynn Cohen como Mags
- Jena Malone como Johanna Mason
- Amanda Plummer como Wiress
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Hunger Games: Catching Fire (12A)". Lions Gate UK. British Board of Film Classification. 5 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 5 de novembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "The Hunger Games: Catching Fire". Box Office Mojo. Consultado o 13 de agosto de 2014.
- ↑ "‘Hunger Games’: Can ‘Catching Fire’ Burn Brighter Than the Original?". Variety. 29 de outubro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2013.
- ↑ Ryan Faughnder (21 de novembro de 2013). "'Hunger Games' sequel to catch fire in box-office debut". Los Angeles Times.
budget of about $130 million
- ↑ http://boxofficemojo.com/alltime/domestic.htm
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- The Hunger Games: Catching Fire na IMDb (en inglés).
- Ficha en Allmovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- The Hunger Games (serie de filmes)
- Filmes de 2013
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Francis Lawrence
- Filmes con banda sonora de James Newton Howard
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de Lions Gate Entertainment
- Filmes rodados en Atlanta
- Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América
- Filmes rodados en Hawai
- Filmes rodados en Nova Jersey
- Filmes ambientados en América do Norte
- Filmes distópicos
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX