The Blacklist
The Blacklist | |
---|---|
Xénero | acción, drama, suspense |
Creado por | Jon Bokenkamp |
Intérpretes | James Spader, Megan Boone, Diego Klattenhoff, Ryan Eggold, Parminder Nagra, Harry Lennix, Amir ArisonMozhan Marnò, Hisham Tawfiq |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | en |
Temporadas | 10 |
Episodios | 218 |
Produción | |
Produtor(es) | Anthony Sparks |
Localización(s) | Nova York |
Duración | 45 minutos |
Distribuidor | Sony Pictures Television NBC Universal Television Distribution |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | 576i SDTV, 1080i HDTV, 4K UHDTV (2016–), |
Formato de son | Estéreo - DTS |
Primeiro episodio | 23 de setembro de 2013 (España) |
Na rede | |
http://www.nbc.com/the-blacklist | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Blacklist (en galego, A Lista Negra) é unha serie de televisión estadounidense creada por Jon Bokenkamp e emitida dende o 23 de setembro de 2013[1] na NBC e simultaneamente no Canadá na rede Global[2] (Citytv para a quinta tempada).[3] A serie tivo unha boa acollida por parte da crítica, que particularmente felicitou a actuación de James Spader.[4] The Blacklist tivo boas audiencias, mais sobre todo rexistra importantes resultados grazas á súa audiencia diferida.[5][6][7] A serie chegoou aos 100 episodios co episodio 11 da quinta tempada.
A serie comezou a súa sétima tempada o 4 de outubro de 2019.[8][9] O 20 de febreiro de 2020, NBC anunciou que ía encargar a oitava tempada.[10]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie, que está ambientada principalmente en Washington, conta a historia dun ex-oficial da Mariña dos Estados Unidos, Raymond "Red" Reddington, que se converteu nun gran criminal, e que se rende voluntariamente ao FBI na súa sede. Despois de converterse nun dos criminais máis buscados polo FBI e estar fuxido durante décadas, dille ao FBI que ten unha lista dos criminais máis perigosos do mundo que recompilou ao longo dos anos e que está a piques de informar sobre as súas operacións a cambio de inmunidade.
Non obstante, a súa única condición é que só traballará coa axente Elizabeth Keen, unha rapaza recentemente recrutada polo FBI. Os misterios da vida de Reddington e Liz, así como o seu interese por ela, vanse revelando progresivamente a medida que a serie avanza. Reddington, como consecuencia dos seus negocios criminais durante as dúas últimas décadas, fixera unha lista dos delincuentes e terroristas que el cre que non son trazables polo FBI porque descoñecen a súa existencia. Esa lista é a que dá título á serie, The Blacklist. En cada episodio, presenta a un deses delincuentes e por medio de información e pistas, axuda ao equipo do FBI a seguilo e capturalo.
Elenco
[editar | editar a fonte]Actores principais
[editar | editar a fonte]- James Spader: Raymond «Red» Reddington
- Megan Boone: Elizabeth Keen / Masha Rostova, chamada «Liz»
- Diego Klattenhoff: Donald Ressler
- Amir Arison: Aram Mojtabai (tempada 1 recorrente, principal desde a tempada 2)
- Harry Lennix: Harold Cooper
- Hisham Tawfiq: Dembe Zuma (recorrente nas tempadas 1 e 2, principal desde a tempada 3)
-
James Spader interpreta a Raymond «Red»Reddington
-
Megan Boone interpreta a Elizabeth "Liz" Keen
-
Diego Klattenhoff interpreta Donald Ressler
-
Harry Lennix interpreta a Harold Cooper
Outros actores principais
[editar | editar a fonte]- Ryan Eggold: Tom Keen / Jacob Phelps / Christopher Hargrave (tempadas 1 a 5)
- Parminder Nagra: Meera Malik (tempada 1)
- Mozhan Marnò: Samar Navabi (tempadas 2 a 6)
-
Ryan Eggold interpreta a Tom Keen
-
Parminder Nagra interpreta Meera Malik
-
Mozhan Marnò interpreta Samar Navabi
Actores secundarios
[editar | editar a fonte]- Alan Alda: Alan Fitch (tempadas 1 e 2)
- Rachel Brosnahan: Jolene Parker / Lucy Brooks (tempada 1)
- Jane Alexander: Diane Fowler, ministra de xustiza (tempada 1)
- Lance Henriksen: Bill McCready, o «Comandante» (tempadas 2 e 3, convidado tempada 5)
- Mary-Louise Parker: Naomi Hyland / Carla Reddington, exmuller de Reddington (tempada 2)
- Paul Reubens: Mr. Vargas (tempadas 2 e 3)
- David Strathairn: Peter Kotsiopulos(CIA) (tempada 2 e 3)
- Edi Gathegi: Mathias Solomon, mercenario (tempada 3)
- Brian Dennehy: Dominic Wilkinson (dende a tempada 3)
- Ulrich Thomsen: Alexander Kirk / Constantin Rostov, ex-esposo de Katarina Rostova (tempadas 3 e 4)
- Deirdre Lovejoy: Cynthia Panabaker, conselleira xurídica na Casa Branca (dende a tempada 3)
- Annie Heise: Elise / Janet Sutherland (tempada 4)
- Enrique Murciano: Julian Gale (tempada 4)
- James Carpinello: Henry Prescott (de nome real Mitchell Hadley) (tempadas 4 i 5)
- Ken Leung: Michael Sima, axudante do fiscal (tempada 6)
-
Jane Alexander interpreta a Diane Fowler
-
Alan Alda interpreta a Alan Fitch
-
Rachel Brosnahan interpreta a Jolene Parker
-
Peter Stormare encarna Berlín
-
Mary-Louise Parker interpreta a Naomi Hyland
-
Paul Reubens interpreta a Mr. Vargas
-
David Strathairn interpreta a Peter Kotsiopoulos, tamén coñecido como o "Director"
-
Lance Henriksen interpreta a Bill McCready, alias "O comandante"
-
Valarie Pettiford interpreta a Charlene Cooper
-
Edi Gathegi interpreta a Mathias Solomon
-
Christine Lahti interpreta a Lauren Hitchin
-
Lotte Verbeek interpreta a Katarina Rostova
-
Brian Dennehy interpreta a Dom Wilkinson
-
Enrique Murciano interpreta a Julian Gale
-
Ulrich Thomsen interpreta a Alexander Kirk
-
Aida Turturro interpreta a Heddie Hawkins
-
Jonny Coyne interpreta a Ian Garvey
-
Fiona Dourif interpreta a Lillian Roth
-
Ken Leung interpreta a Michael Sima
-
Gabriel Mann interpreta a Ilya Koslov
Convidados
[editar | editar a fonte]- Isabella Rossellini: Floriana Campo (episodio 2 - tempada 1)
- Robert Sean Leonard: Frederick Barnes (episodio 7 - tempada 1)
- David Zayas: Manny Soto (episodio 7 - tempada 1 e episodio 1 - tempada 4)
- William Sadler: Sam Milohan, pai adoptivo de Elizabeth (episodos 8 e 9 - tempada 1, episodio 17 - tempada 4, episodio 19 - tempada 6)
- Jennifer Ehle: Madeline Pratt (episodio 14 - tempada 1, episodio 14 - tempada 2)
- Dianne Wiest: Ruth Kipling (episodio 15 - tempada 1)
- Krysten Ritter: Rowan Mills (episodio 1 - tempada 2)
- Peter Fonda: Geoff Perl (episodio 6 - tempada 2)
- Ron Perlman: Luther Braxton (episodios 9 e 10 - tempada 2)
- Fisher Stevens: Marvin Gerard (episodios 2, 6 e 10 - tempada 3, episodio 15, 18 e 20 - tempada 4)
- Andrew Divoff: Karakurt (episodios 6 a 10 - tempada 3)
- Celia Weston: Lady Ambrosia (episodio 14 - tempada 3)
- Famke Janssen: Susan «Scottie» Hargrave (episodios 20 a 22 - tempada 3, episodio 9 - tempada 5)
- Jill Hennessy: Margot (episodio 11 - tempada 4)
- Elizabeth Lail: Natalie Luca (episodio 12 - tempada 4)
- Owain Yeoman: Grayson Blaise (episodio 2 - tempada 5)
- Nathan Lane: Abraham Stern (episodio 11 - tempada 5)
- C. Thomas Howell: Earl Fagen (episodios 12 e 15 - tempada 5)
- Martha Plimpton: doutor Sharon Fulton (episodios 14 e 16 - tempada 5)
- Julian Sands: Sutton Ross (episodio 22 - tempada 5)
- John Waters: John Waters (episodio 22 - tempada 5)
- Christophe Lambert: Bastien Moreau (episodios 1, 2, 11 e 12 - tempada 6)
- Stacy Keach: Robert Vesco (episodio 13 - tempada 6)
- Richard Brooks: Mitchell Young (episodio 15 - tempada 6)
- Max Casella: Henry Morris (episodio 16 - tempada 6)
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Produción
[editar | editar a fonte]
|
John Eisendrath, entrevista no sobre The Blacklist.[11] |
Despois de mostrar a presentación do piloto en Comic-Con, os produtores revelaron que a fonte de inspiración da serie proviña da captura de Whitey Bulger,[12] que foi a fonte de inspiración de Raymond Reddington.[13] O proxecto presentouse a NBC en agosto de 2012, que mercou os dereitos de Sony Pictures Television.[14]
O 22 de xaneiro de 2013, NBC encargou o piloto, e despois a serie o 10 de maio de 2013, e asignoulle dous días despois a franxa horaria desde o luns ás 22h para caer.[15][16][17] Cando o piloto da serie é probado por NBC por un panel de espectadores, na primavera de 2013 obtén os mellores rendementos cualitativos rexistrados pola rede no transcurso destes últimos dez anos, segundo comentaron á prensa os responsables da cadea.[18]
O 4 de outubro de 2013, tralas boas audicións dos dous primeiros episodios, NBC encargou nove episodios adicionais, levando a tempada a 22 episodios.[19]
O 3 de decembro de 2013, NBC renovou a serie por segunda tempada.[20]
O 5 de febreiro de 2015, a serie renóvase por unha terceira tempada, chegando a 23 os episodios.
O 7 de decembro de 2015, NBC renovou a serie por unha cuarta tempada.[21]
O 11 de maio de 2017, NBC renovou a serie por unha quinta tempada.[22][23]
O 14 de maio de 2017, NBC anunciou o regreso da tempada 2017/2018. A serie emitiuse dende o mércores á noite ás oito da tarde antes da unidade especial de Nova York [24] e o 17 de xaneiro de 2018, a serie emitiu o seu décimo cuarto episodio e ese é tamén o número da lista de Reddington.[25]
Localización
[editar | editar a fonte]Aínda que a tramas está situada principalmente en Washington D. C., a serie foi filmada en Nova York e arredores, sobre todo na área de Long Beach.[26]
Tempadas
[editar | editar a fonte]Tempada | Nº Episodios | Emisión orixinal | ||
---|---|---|---|---|
Primeira emisión | Última emisión | |||
1 | 22 | 23 de setembro de 2013 | 12 de maio de 2014 | |
2 | 22 | 22 de setembro de 2014 | 14 de maio de 2015 | |
3 | 23 | 1 de outubro de 2015 | 19 de maio de 2016 | |
4 | 22 | 22 de setembro de 2016 | 18 de maio de 2017 | |
5 | 22 | 27 de setembro de 2017 | 16 de maio de 2018 | |
6 | 22 | 3 de xaneiro de 2019 | 17 de maio de 2019 | |
7 | 19 | 4 de outubro de 2019 | 15 de maio de 2020 |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Premio | Categoría | Nomeados | Resultado |
---|---|---|---|---|
2014 | People's Choice Awards[27][28] | Novo drama de TV favorito | The Blacklist | Nomeada |
Premios Globo de Ouro[29] | Mellor actor de serie de TV - Drama | James Spader | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (21 de xuño de 2013). "NBC Announces Fall Premiere Dates for New Season". thefutoncritic.com (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (5 de xuño de 2013). "With 11 New Dramas, 7 New Comedies and Countless Returning Hits Global Unveils Sensational 2013/2014 Primetime Lineup". newswire.ca (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (6 de xuño de 2017). "City Unveils its 2017/18 Prime-Time Schedule". rogersmediatv.ca (en inglés) (publicado o 6-6-2017). Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ Jensen, Jeff (16 de outubro de 2013). "The Blacklist review". ew.com (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ Kissell, Rick (25 de xaneiro de 2014). "NBC’s ‘The Blacklist’ Sets DVR Playback Record". variety.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Tassi, Paul (2014). "The Blacklist Adds Six Million Viewers Every Episode With DVR". tvovermind.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Welch, Alex (1 de abril de 2019). "‘The Blacklist’ doubles its viewers in broadcast Live +7 ratings for March 11-17". tvbythenumbers.zap2it.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Welch, Alex (11 de marzo de 2019). "‘The Blacklist’ renewed for season 7 at NBC". tvbythenumbers.zap2it.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Pedersen, Erik (17- de xuño de 2019). "NBC Fall Premiere Dates: ‘The Voice’, ‘This Is Us’, New ‘Bluff City Law’ & ‘Sunnyside’, More". deadline.com/ (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Kimball, Trevor (2020-02-20). "The Blacklist: Season Eight Renewal Announced as NBC Series Reaches 150 Episodes". tvseriesfinale.com (en inglés) (publicado o 20 de febreiro de 2020). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Radish, Christina (28 de xullo de 2013). "THE BLACKLIST Showrunner John Eisendrath Talks about the Show’s Inspiration, Getting Inside the Mind of a Criminal, Casting James Spader, and More". collider.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Goldberg, Lesley (18 de xullo de 2013). "Comic-Con: 'The Blacklist' Inspired by Whitey Bulger's Capture". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción. "Blacklist". allocine.fr (en francés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Andreeva, Nellie (13 de agosto de 2002). "ABC Buys Extended Family Comedy, NBC Goes For International Crime Drama". deadline.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Andreeva, Nellie (22 de xaneiro de 2013). "2ND UPDATE: NBC Orders Four Drama & Three Comedy Pilots". deadline.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (10 de maio de 2013). "Development Update: Friday, May 10 - NBC Orders Three More Pilots to Series". thefutoncritic.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (12 de maio de 2013). "NBC Reveals Its 2013-14 Primetime Schedule". thefutoncritic.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Guthrie, Marisa (13 de maio de 2013). "TV Upfronts: Five Takeaways From NBC's Presentation". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (4 de outubro de 2013). "NBC Orders Full Season of Acclaimed Drama "The Blacklist"". thefutoncritic.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (3 de decembro de 2013). "NBC Renews Freshman Hit "The Blacklist" for a Second Season". thefutoncritic.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Robinson, Will (7 de decembro de 2015). "The Blacklist renewed for season 4 by NBC". ew.com (en inglés). Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ Porter, Rick (11 de maio de 2017). "The Blacklist’ scores a fifth season on NBC". Tvbythenumbers.zap2it.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2020. Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Cusseaur, Clément (11 de maio de 2017). "Blacklist renouvelée pour une saison 5". allocine.fr (en francés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Porter, Rick (19 de xuño de 2017). "NBC fall TV 2017 schedule: ‘This Is Us’ stays put, ‘Will & Grace’ returns, ‘The Blacklist’ moves [Updated]". tvbythenumbers.zap2it.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2020. Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción. "Showatch". thefutoncritic.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Goundry, Nick (19 de marzo de 2013). "TV spy drama The Blacklist doubles Long Beach for Washington DC". thelocationguide.com (en inglés). Archived from the original on 25 de abril de 2014. Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Redacción (8 de xaneiro de 2014). "People's Choice Awards 2014: The winners list". ew.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Moraski, Lauren (6 de novembro de 2013). "People's Choice Awards 2014 nominees announced". cbsnews.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.
- ↑ Webb Mitovich, Matt (12 de decembro de 2013). "Golden Globes: House of Cards, The Good Wife, Candelabra and Breaking Bad Lead Noms; Parks & Rec, Brooklyn, Spader and Maslany Score Nods". tvline.com (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2020.