Teresa Villaverde Pais
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Noia, España |
Alcaldesa de Lousame | |
2012 – ← Santiago Freire Abeijón | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política |
María Teresa Villaverde Pais, nada en Noia en 1960,[1] é unha política galega do PPdeG e alcaldesa de Lousame dende o 20 de setembro de 2012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2003 foi elixida concelleira de Cultura e Educación no concello de Lousame no goberno de Santiago Freire, en 2007 pasou a ocupar a concellaría de Servizos Sociais e Cultura, e en 2011 foi concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, ata que foi elixida alcaldesa. Ademais, en 2009 foi nomeada xefa de Educación na Coruña, e en outubro de 2011 deputada no Parlamento de Galicia tras a dimisión de Pablo Cobián.
En setembro de 2012, tras a dimisión de Santiago Freire como alcalde de Lousame, foi elixida alcaldesa na súa substitución.[2] Nas eleccións de 2015, 2019[3] e 2023[4] foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Foi deputada provincial de 2017 a 2019 e novamente de 2022 a 2023.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, Barbanza, 16-6-2019, p.l7.
- ↑ Romero, Javier (2012-09-15). "Freire deja la alcaldía de Lousame para ir en la lista del PP a la Xunta". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-12-19.
- ↑ Gerpe, A. (10 de xuño de 2021). "Un gobierno sin sobresaltos para un PP de Lousame con sobrada mayoría". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ Redacción (7 de xullo de 2023). "A popular Teresa Villaverde Pais foi reelixida como alcaldesa do Concello de Lousame". obarbanza.gal (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Teresa Villaverde sustituirá a Pablo Cobián y Manuel Parga a Fernando Blanco",artigo en La Voz de Galicia, 5 de outubro de 2011 (en castelán).
- "Teresa Villaverde ya es alcaldesa de Lousame"[Ligazón morta], reportaxe en 27tv (en castelán).
Predecesor: Santiago Freire |
Alcaldesa de Lousame 2012 - actualidade |
Sucesor: no cargo |