Tengo sueños eléctricos
Tengo sueños eléctricos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tengo sueños eléctricos |
Director | Valentina Maurel |
Produtor | Benoit Roland Grégoire Debailly |
Guión | Valentina Maurel |
Intérpretes |
|
Fotografía | Nicolás Wong Díaz |
Montaxe | Bertrand Conard |
Estudio |
|
Distribuidora | Cinéart |
Estrea | Locarno: 8 de agosto de 2022 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Costa Rica Bélxica Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Tengo sueños eléctricos é un filme costarriqueño de 2022 dirixido por Valentina Maurel. Está protagonizado por Reinaldo Amien Gutiérrez, Daniela Marín Navarro, Vivian Rodriguez, Adriana Castro García e Jose Pablo Segreda Johanning. O filme foi producido por Gregoire Debailly e Benoit Roland e é unha coprodución de Costa Rica, Bélxica e Francia.[1] Conta a historia dunha rapaza Eva, que vive coa súa nai, a súa irmá pequena e o seu gato. O filme recolle a delgada liña entre o amor e o odio, nun mundo onde a agresión e a rabia se entrelazan coa vertixe do espertar sexual feminino.[2] Estreouse na 75ª edición do Festival de Cinema de Locarno o 8 de agosto de 2022,[3] onde gañou o Premio Pardo ao mellor director, mellor actriz e mellor actor.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Reinaldo Amien Gutiérrez como Martín
- Daniela Marín Navarro como Eva
- Vivian Rodriguez como Anca
- Adriana Castro García como Sol
- Sarah Lefèvre
- José Pablo Segreda Johanning
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Young, Neil (18 de agosto de 2022). "‘I Have Electric Dreams’: Sarajevo Review". Screen Daily (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2022.
- ↑ "I Have Electric Dreams". Rotten Tomatoes. Consultado o 1 de decembro de 2022.
- ↑ "Concorso internazionale: Tengo sueños eléctricos (I Have Electric Dreams)". Locarno Festival. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2022. Consultado o 1 de decembro de 2022.
- ↑ Ntim, Zac (13 de agosto de 2022). "Locarno Film Festival Winners: 'Rule 34' Takes Golden Leopard". Deadline Hollywood. Consultado o 1 de decembro de 2022.